Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SA500A - Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e dos trastornos adictivos (código de procedemento SA500A).
O contido dos programas que se desenvolverán durante o ano 2022 deberá axustarse, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I, ás seguintes liñas de actuación:
Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais ou preventivos en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
Liña II. Programas de intervención comunitaria en persoas con trastorno mental severo (incluídos os trastornos adictivos).
Liña III. Programas de prevención de recaídas en alcoholismo e adiccións comportamentais.
Liña IV. Programas de incorporación social e fomento do emprego en persoas con trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
Liña V. Programas de prevención do suicidio.
Habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia o código SA500A para este procedemento administrativo.
Gastos subvencionables .
1. Consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:
a) Que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios. O programa e actuacións que abrangue deberán coincidir co contido da resolución de concesión da subvención e, se é o caso, coas modificacións autorizadas, e deberase acreditar o cumprimento das obrigas establecidas na normativa aplicable.
b) Realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022 e efectivamente pagados ata o 31 de decembro de 2022. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustáranse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación. Tamén se exceptúan desta data límite de xustificación os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría.
c) Que teñan a seguinte natureza:
1º. Gastos do persoal laboral da entidade: custo total que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á empresa. Soamente serán subvencionables os gastos do persoal que figuren relacionados na memoria da solicitude do programa, e soamente serán subvencionables na porcentaxe imputada que se corresponda co número de horas dedicadas ao programa indicados na antedita memoria, excepto que, por necesidades debidamente xustificadas, sexa necesario modificar esta. Calquera modificación deberá ser comunicada nun prazo máximo de 30 días desde o momento en que se produza. No caso contrario, non se aceptará o gasto.
Polo que respecta tanto ao persoal laboral da entidade como ao que estea en réxime de arrendamento de servizos, incluídos os complementos ou pluses de contía fixa e carácter habitual, será subvencionable o custo total que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á entidade.
O importe das subvencións destinadas a financiar as retribucións imputables á execución dos programas estará limitado polas contías determinadas para os diferentes grupos de cotización á Seguridade Social que se detallan nos convenios colectivos de aplicación en cada caso.
Para xornadas inferiores ás corenta horas realizarase o cálculo proporcional, segundo indica o artigo 9 do Real decreto 729/2017, do 21 de xullo, polo que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvenciones para a realización de actividades de interese xeral con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondentes á Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.
2º. Gastos de persoal en réxime de arrendamento de servizos.
Este tipo de contrato soamente se admitirá no caso de que non resulte axeitado o desenvolvemento das actividades concretas de que se trate por persoal suxeito á normativa laboral vixente. Non poderá recorrerse a persoas traballadoras autónomas dependentes.
En consecuencia, procederá en supostos de contratación de persoas que exerzan profesións liberais para as que se exixa colexiación e outras persoas expertas pertencentes ao terceiro sector social, cando concorran as seguintes circunstancias:
– Que estea dado de alta segundo o modelo 036 de declaración censual.
– Que non estea dentro do ámbito da organización da entidade subvencionada ou reciba instrucións concretas de esta no referente a modo de execución do traballo encomendado.
– Que non estea suxeito a un horario fixo.
– Que asuma os riscos derivados da prestación do servizo.
3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, en función das contías fixadas para o grupo 2 no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non superen no seu conxunto o 3 % do importe total subvencionable do programa excepto que, en atención á súa natureza, sexa autorizada outra porcentaxe. O importe subvencionable de cada axuda de custo ou gasto de viaxe será, como máximo:
Aloxamento: 65,97 €
Manutención: 37,40 €
Quilometraxe: 0,19 €/km
4º. Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Poderán imputarse os derivados de auditorías externas sobre a xestión do programa por parte da entidade e da revisión da conta xustificativa, de ser o caso, ata un máximo do 3 % do importe da subvención.
5º. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.
Os gastos de alugamento así como os correntes de subministracións (auga, luz, ...) non poderán ser imputados ao 100 % agás que se certifique que ese gasto corresponde de xeito exclusivo á realización da actividade do programa subvencionado. No caso contrario, soamente se poderá imputar unha porcentaxe proporcional ao custo do desenvolvemento do programa sobre o orzamento da entidade.
6º. Gastos de investimento referidos ao equipamento (incluído material informático, tabletas etc), obras de reforma, restauración e rehabilitación, gran reparación, conservación, mantemento e adquisición de subministracións, equipamento e vehículos, no caso de entidades beneficiarias de subvencións para o desenvolvemento de proxectos dentro da liña de actuación I.
2. Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de integrante das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.
3. O custo da adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor de mercado.
4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.
As entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións.
.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). O cumprimento deste requisito será comprobado, de oficio, pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes que establece o artigo 8.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Que teña entre os seus fins estatutarios actividades de axuda e apoio aos colectivos a que se dirixe a subvención: persoas con trastorno mental ou adiccións.
f) As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico poderán solicitar as axudas a través destas.
g) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1 deste artigo.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención a aplicar a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poder bastante para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.
4. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou as entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental
Servizo de Atención a Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881541821
Email: saudemental.drogodependencias@sergas.gal
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (DOG nº 70 do 11 de abril de 2022).
Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (DOG nº 70 do 11 de abril de 2022).
Orde do 29 de xuño de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral, para fins de carácter sociosanitario, no ámbito dos trastornos mentais (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2022).
Resolución do 7 de xullo de 2022 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2022).
Corrección de erros. Resolución do 7 de xullo de 2022 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais.(DOG nº 151 do 9 de agosto de 2022)
Orde do 26 de setembro de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).
Resolución do 7 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 7 de xullo de 2022 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (DOG nº 202 do 24 de outubro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
12/04/2022 00:00 - 11/05/2022 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O dito prazo deberá computarse de conformidade co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II), que se acompañará a documentación complementaria que se indica no artigo seguinte.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude, anexo II, asinada pola persoa representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:
a) A identificación da entidade solicitante, da persoa representante da entidade, o enderezo electrónico para notificacións e os datos bancarios.
b) Os datos do/dos programa/s respecto do/dos cales se solicita subvención: denominación, liña e importe solicitado.
c) As declaracións sobre:
1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiaria, cumprimento de requisitos, coñecemento de obrigas e acordo coas actuacións de control.
2º. Que todo o persoal contratado que vai participar no proxecto non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, así como que as persoas voluntarias que van participar no proxecto e que están relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das descendentes, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado.
d) A indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentaron, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1 desta orde.
Documentación complementaria .
1. As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) A documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Administrativo da Comunidade Autónoma.
b) O certificado de posuír certificados de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade, ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas, de ser o caso.
c) O certificado de estar sometido a auditoría externa de contas, de ser o caso.
d) O plan de igualdade actualizado, de ser o caso.
e) O documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro e importe da subvención a aplicar a cada un, no caso das agrupacións sen personalidade xurídica segundo o modelo do anexo VI.
f) O documento específico para valoración das entidades (anexo V).
g) Estatutos debidamente dilixenciados.
2. No caso de solicitar subvención para programas das liñas II, III, IV ou V ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar unha memoria explicativa por cada programa respecto dos cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo III. Ademais, deberán achegar o plan de formación de profesionais e mais o plan de comunicación do programa, de ser o caso.
3. No caso de solicitar axudas para programas da liña I, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar:
a) Memoria do investimento segundo o modelo do anexo IV.
b) A seguinte documentación dependendo do tipo de proxecto presentado:
1. Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos e proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos (liña 1 letras a) ou b):
1.1º. Certificado do rexistro da Propiedade que acredite que o inmoble onde se realizan as obras é propiedade da entidade ou contrato de alugamento ou cesión e autorización da persoa propietaria no caso de que a obra se realice nun local alugado ou cedido.
1.2º. Planos de actuación.
1.3º. Anteproxecto orzado ou proxecto de obras, axustado á normativa vixente e coas especificacións técnicas e arquitectónicas axeitadas ás persoas usuarias do centro. Cando se trate de obras de menor contía (conservación e reparación de menor contía) deberá presentarse, no seu lugar, orzamento detallado e memoria asinada polo/a contratista.
1.4º. O informe sobre a viabilidade urbanística e a acreditación da posibilidade legal de obter as licenzas e os permisos necesarios.
Cando o custo da obra sexa superior aos 40.000,00 €, deberán achegarse, como mínimo, tres ofertas distintas de provedores distintos, debendo xustificarse a elección de unha destas, de acordo co artigo 29.3. da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. Proxectos de adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e adictivos (liña 1 letra c).
2.1º. O orzamento da empresa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar. Cando o custo sexa superior aos 15.000,00 €, deberán achegarse, como mínimo, tres ofertas distintas de provedores distintos, debendo xustificarse a elección dunha destas, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) O NIF da entidade solicitante.
b) O DNI ou NIE da persoa representante.
c) O certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) O certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) O certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente (anexo II) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Información para a valoración das entidades (Anexo V)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia, destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.
Premios de innovación en saúde.
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva, ao amparo de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no campo da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.