Guía de procedementos e servizos

PR960A

Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 04/06/2021 00:00 - 10/06/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A posta en marcha da XII Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2021).

Entidades galegas que contan con equipos que competiron en modalidades/especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior e/ou previa á absoluta.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

R/ Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego

Prazo de presentación: PECHADO

04/06/2021 00:00 - 10/06/2021 23:59

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

- Solicitude segundo o Anexo I.

- A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia (exercicio 2021) (DOG nº 103 do 3 de xuño de 2021).

    • Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia (exercicio 2021).

Outros procedementos relacionados

DE402B

Subvencións a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 11/07/2025 23:59

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano