Guía de procedementos e servizos

PR961A

Axudas DGAN.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 01/06/2023 00:00 - 14/06/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que acrediten os requisitos administrativos e deportivos que se desenvolven nas presentes bases.

Persoas deportistas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa de Madrid, 2-4. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996372

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/gl/fundacion

Fundación Deporte Galego

Prazo de presentación: PECHADO

01/06/2023 00:00 - 14/06/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.

Poderán ser persoas bene¥iciarias desta convocatoria as persoas deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

AXUDAS GALICIA-PARÍS 2024:

Tanto no caso de persoas solicitantes que sexan “deportistas”, coma no caso de que sexan “deportistas de apoio/deportistas guía” de persoas deportistas paralímpicas:

- Ter veciñanza administrativa actualmente en Galicia ou tela tido durante a súa etapa de formación deportiva nun club deportivo galego e ademais reunir un dos seguintes requisitos:

   Ter nado en Galicia.

   Ter unha vinculación familiar ata o segundo grao de cosanguineidade en Galicia.

AXUDAS DGAN 2023:

- Ter acadado o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte, como Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2022 ou 2023.

- Ter solicitado o recoñecemento DGAN á Secretaría Xeral para o Deporte, previamente ao remate do prazo de solicitudes da presente convocatoria e acadado unha posterior resolución positiva.

- A única excepción aos dous puntos anteriores será a de “deportistas de apoio/deportistas guías” solicitantes que se ben non teñen acceso ao recoñecemento DGAN, sí exerzan como tales con algunha persoa deportista paralímpica ou de deporte adaptado que sí teña en vigor o recoñecemento DGAN nalgún dos dous casos anteriores. Nese caso, á persoa “deportista de apoio/deportista guía” solicitante, deberá:

      Ter veciñanza administrativa actualmente en Galicia ou tela tido durante a súa etapa de formación deportiva nun club deportivo galego e ademais reunir un dos seguintes requisitos:

         Ter nado en Galicia.

         Ter unha vinculación familiar ata o segundo grao de cosanguineidade en Galicia.

- Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade practicada conforme o apartado 6.3.1. ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.3.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.

-  Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

No caso de todos os tipos de Axuda, a persoa deportista solicitante deberá cumprir cos criterios especí¥icos estipulados no apartado 6.2.Tipos de axudas, criterios de valoración e regras comúns a todas elas.

Non poderán obter a condición de persoa bene¥iciaria aquelas persoas solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén poderán presentarse s solicitudes presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), cuxo horario de rexistro aos efectos de presentación das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 hora.

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

- Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.

- Documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite). Unicamente no caso de persoas solicitantes menores de idade e xunto co anterior Anexo II. Autorización de representación.

- Anexo III. Formulario de mellores resultados deportivos acadados en 2022. Os mellores resultados deportivos deben facer referencia aos seguintes períodos:

AXUDAS GALICIA-PARÍS 2024:

Permitirase neste tipo de axudas olímpicas/paralímpicas a única excepción temporal de resultados no ano 2022, do seguinte xeito:

1. Participación e resultados en anteriores edicións dos Xogos Olímpicos/Parlímpicos (Atenas 2004, Pequín 2008, Londres 2012, Río 2016 e Tokio 2020), xunto coa acreditación federativa de formar parte dos programas de preparación olímpica/paralímpica de París 2024 ou estar en condicións de participar nas probas de clasificación para os citados Xogos.

2. 1º-2º-3º posto en categoría absoluta ou 1º posto en categorías intermedia ou previa á absoluta, en CAMPIONATOS/COPAS DO MUNDO/EUROPA celebrados posteriormente aos XXOO/PP Tokyo 2020, entre ó 9 de agosto de 2021 e ó 31 de decembro de 2022 para persoas deportistas olímpicas e entre ó 6 de setembro de 2021 e ó 31 de decembro de 2022, para as persoas deportistas paralímpicas.

AXUDAS DGAN 2023:

Neste tipo de axudas, valorarse unicamente o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (non valen resultados de 2021 nin de 2023). É moi importante que se contrasten verazmente os resultados a incluir neste certificado e deben completarse todos os campos, coa precisión requirida, para que finalmente poidan ser valorados.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán presentar a documentación complementaria presencialmente nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento PR961A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

- DNI/NIE da persoa solicitante.

- DNI/NIE da persoa representante.

- Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

- Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

- Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente na forma e nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.

Prazo de resolución:

A resolución de concesión finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2023

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, Axudas DGAN 2023 (DOG nº 102 do 31 de maio de 2023).

    • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL. “AXUDAS DGAN 2023”.

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano