Guía de procedementos e servizos

DE400B

Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición profesional de Galicia 2019.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 30/09/2019 00:00 - 04/10/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A posta en marcha da I Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Profesional de Galicia 2019.

Entidades que na tempada 2018/2019 conten con equipos deportivos que participen en competicións profesionais ás que fai referencia o Real Decreto 1251/1999, de 16 de xullo, sobre sociedades anónimas deportivas, na súa disposición adicional sexta “Competicións profesionais”, en concreto: primeira división de fútbol (LA LIGA SANTANDER), segunda división A de fútbol (LA LIGA 1, 2, 3) e primeira división masculina de baloncesto (LIGA ACB-LIGA ENDESA).

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

R/ Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego

Prazo de presentación: PECHADO

30/09/2019 00:00 - 04/10/2019 23:59

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 5 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento DE400B, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400B.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico

Outros procedementos relacionados

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.