Guía de procedementos e servizos

PR960A

Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 13/03/2018 00:00 - 22/03/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

A posta en marcha da IX Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2018).

Entidades que na tempada 2017/2018 conten con equipos que compiten en modalidades/especialidades deportivas de competicións de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior  e/ou previa á absoluta.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

R/ Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/03/2018 00:00 - 22/03/2018 23:59

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 10 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II. Proposta publicitaria (PRIMEIRA LIÑA DE PATROCINIO: DEPORTE GALEGO – GALICIA SAUDABLE).

  • Anexo III. Proposta publicitaria (SEGUNDA LIÑA DE PATROCINIO: ABANCA).

  • A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal..Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2020 – 1ª Fase)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE402B

Subvencións a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 11/07/2025 23:59

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano