Guía de procedementos e servizos

PR935A

Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razón de interese social, asistencial ou humanitario.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 20/04/2017 00:00 - 15/12/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar situacións de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, as persoas que poidan ter a condición de beneficiarias, ao cumpriren os requisitos establecidos nos artigos 3 e 4 e cuxa atención corresponda ao ámbito de competencias propias deste centro directivo.

2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria das devanditas axudas para o ano 2017.

Segundo o tipo de finalidade, serán subvencionables os seguintes gastos acreditados:

a) Os derivados das urxencias sociais e sanitarias recollidas no artigo 4.c).

b) De custos de viaxe: os necesarios para paliar os efectos das causas expostas an-teriormente, que precisen o traslado da persoa interesada a outro país que non sexa o de residencia habitual. Para estes efectos, entenderanse incluídos nestes custos os de emisión do billete, así como os correspondentes a taxas e impostos directamente relacionados coa emisión daquel. De ser o caso, tamén se entenderán incluídos os custos derivados da tramitación de permisos ou documentos oficiais que sexan requisito indispensable para efectuar a viaxe. As resolucións de concesión para a realización de viaxes, ditadas ao abeiro da correspondente resolución, implicarán que a Secretaría Xeral da Emigración poderá efectuar, de ser o caso, as xestións que sexan precisas para a emisión dos billetes e para a súa posta á disposición da persoa beneficiaria da axuda, quen, salvo manifestación expresa en contra, entenderase que presta o seu consentimento para a realización de tales trámites.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ata o esgotamento do crédito orzamentario da convocatoria e que se cumpran as garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.

A concesión destas axudas estará condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia a indicada circunstancia, o que levará consigo a inadmisión das solici-tudes posteriores, sen prexuízo de que se poida incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte.

Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no Padrón de residentes no exterior (PERE) ou no Censo electoral de residentes no exterior (CERA).

Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Son obrigas das persoas beneficiarias, logo do aboamento da axuda correspondente:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e, en caso das axudas de viaxe, xustificar ante a Secretaría Xeral da Emigración telo realizado.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Secretaría Xeral da Emi-gración, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

d) Adoptar, de ser o caso, as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da dita Lei 9/2007.

f) As demais obrigas previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia.

A Secretaría Xeral da Emigración poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere adecuados.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Servizo de Programas Sociais

R/ Basquiños, 2

15074  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545882 / 981957353

Fax: 981547295

Email: accion.social.emigracion@xunta.es

http://emigracion.xunta.es

Servizo de Programas Sociais

Prazo de presentación: PECHADO

20/04/2017 00:00 - 15/12/2017 23:59

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes segundo a Resolución do 8 de novembro de 2017 ata o 15 de decembro de 2017.

a) Ter rendas ou ingresos insuficientes.

A insuficiencia de rendas ou ingresos deberá ser acreditada pola persoa solicitante da axuda. No caso de solicitar axudas de viaxe, tamén deberán acreditar as rendas ou ingresos insuficientes a persoa acompañante, se é o caso, e os demais membros da familia que van acoller en Galicia a persoa que se despraza.

Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando aqueles de que dispoña a persoa interesada ou se prevexa que vai dispoñer en cómputo anual, sexan iguais ou inferiores a 1,2 veces a prestación económica por ancianidade vixente, establecida polo Estado español para o país de residencia da persoa solicitante, nas contías determinadas para o ano desta convocatoria, computando todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas.

Naqueles países para os cales o Estado español non teña fixadas as contías das prestacións económicas por ancianidade, a referencia será o 80 % da contía da pensión non contributiva da Seguridade Social do Estado español por xubilación vixente no ano desta convocatoria.

Se a persoa solicitante carece de rendas ou ingresos suficientes pero convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais (que virá dada, segundo o caso, pola prestación asistencial por ancianidade ou pensión non contributiva) máis o resultado de multiplicar o 30 % da devandita cifra polo número de persoas que convivan, ou do 70 % no caso de menores de 16 anos, menos unha.

Para estes efectos, considerarase unidade económica familiar a formada pola persoa solicitante da axuda, cónxuxe ou parella de feito, fillos/as e parentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao que convivan coa persoa solicitante. Igualmente, conside-raranse rendas ou ingresos computables os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa solicitante ou a súa unidade económica familiar, derivados tanto do traballo como do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles.

En casos acreditados de graves situacións de catástrofes naturais ou de calquera outra causa que orixine unha situación repentina de desamparo ou emerxencia, a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá, logo de resolución, modificar os niveis de rendas para poder ser persoa beneficiaria destas axudas.

b) Ter patrimonio insuficiente.

A carencia de patrimonio deberá ser acreditada polas mesmas persoas que no punto anterior.

Considerarase que existe patrimonio mobiliario suficiente cando existan bens mobles na unidade económica familiar cun valor superior ás contías previstas no punto anterior deste artigo en cómputo anual. Así mesmo, considerarase que existe patrimonio inmobiliario suficiente cando o valor patrimonial ou equivalente dos inmobles, na unidade económica familiar, agás a vivenda habitual, supere en 2,5 veces as contías previstas no punto anterior deste artigo en cómputo anual. Estes niveis de patrimonio poderán ser modificados nos mesmos casos e nos mesmos termos que o establecido no último parágrafo do punto anterior.

c) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude, como máximo nos últimos doce meses, que pola súa gravidade requiran unha actuación urxente ou a necesidade de realizar a viaxe por mor destas razóns.

Para estes efectos, consideraranse razóns sociais, sanitarias ou asistenciais as seguintes:

- Atoparse no exterior en situacións de marxinación social ou de tal grao de dependencia que a persoa non se poida valer por si mesma e non teña cuberta a necesidade de atención por ningún medio.

- Situacións derivadas da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar e carecer de medios para paliar esta situación.

- Situacións derivadas de problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, edu-cación e outros de natureza análoga non cubertos polos diferentes sistemas de protección.

- Situacións derivadas de problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea de-bidamente cuberto ou con respecto dos cales, para a axuda de viaxes, a súa atención no Estado español supoña unha vantaxe significativa. Nestes casos, a persoa solicitante da axuda deberá de acreditar previamente que ten cuberta a correspondente prestación sa-nitaria.

- Situacións sobrevidas causadas por graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual e do enxoval.

- Aqueloutras situacións de carácter social, asistencial ou humanitario que deriven na necesidade dunha intervención urxente.

  • 1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo o modelo do anexo I, a seguinte documentación:

    • 1.1. Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade española:

      • a) Documento identificativo da persoa solicitante que posúa a nacionalidade española, ben sexa pasaporte español ou outro documento de identidade en que consten os seus datos persoais e a nacionalidade española.

      • b) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, no cal conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, agás en casos de imposibilidade de obtención.

    • 1.2. Documentación acreditativa da orixe galega.

      A orixe galega xustificarase mediante calquera documento oficial que acredite un dos dous requisitos seguintes:

      • a) Nacer en Galicia ou que a última veciñanza administrativa en España fose en Galicia de forma continuada durante dez anos.

      • b) Ter vinculación con calquera concello galego no Censo electoral de residentes no exterior e ser descendente ata o segundo grao de consanguinidade dunha das persoas descritas no parágrafo anterior.

        A vinculación cun concello galego no Censo de residentes no exterior non se exixirá no caso de que a persoa solicitante estea incapacitada legalmente, sempre que esta incapacidade lle impida a inscrición no dito censo.

    • 1.3. Documentación acreditativa da situación económica da persoa solicitante da axuda, así como da súa unidade económica familiar.

      No caso de solicitar axuda de viaxe, se é o caso, deberá acreditarse a situación econó-mica da persoa acompañante e a da súa unidade económica familiar, así como a da familia de acollemento en Galicia, se a houber.

      • a) Copia da última declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar presentada.

        No caso de que non exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, ou de que non estiveren obrigados a realizala, unha xustificación desta circunstancia e certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza que se perciba.

      • b) Certificado catastral ou documentación similar en que conste o valor patrimonial dos bens inmobles, agás a vivenda habitual, de que dispoñan estas persoas.

        De non existir no país de residencia a posibilidade de expedición do devandito certifica-do catastral, abondará con presentar unha declaración responsable en que conste o valor patrimonial dos bens mobles e inmobles de que dispoñan.

    • 1.4. Documento acreditativo do estado de necesidade que fundamente a solicitude de axuda que inclúa un orzamento detallado dos gastos necesarios para paliar a dita situación, emitido por un organismo oficial ou por un organismo de ampla traxectoria no eido asistencial ou no campo sanitario. Así mesmo, consideraranse válidos os certificados emi-tidos por profesionais destes ámbitos visados polos correspondentes colexios oficiais.

    • 1.5. Para a realización de prestacións sanitarias no territorio do Estado español, acredi-tación da súa cobertura pola Seguridade Social ou polo centro sanitario onde tal prestación se vaia realizar.

      Para o caso de acollemento familiar ou asistencial en Galicia, acreditación por parte da familia de acollida de facerse cargo da persoa beneficiaria da axuda. Neste caso, o membro que actúa no nome da familia de acollida tamén deberá cubrir a correspondente solicitude segundo o modelo do anexo II e presentar a documentación que se especifica nos puntos 1.1, alínea a) e 1.3, alíneas a) e b).

    • 1.6. Para o caso de necesitar da asistencia dunha persoa acompañante, deberán pre-sentarse certificados expedidos por organismos oficiais que acrediten a necesidade de asistencia dunha terceira persoa durante a viaxe.

      Neste caso, a persoa acompañante tamén deberá cubrir a correspondente solicitude segundo o modelo do anexo II e presentar a documentación acreditativa da súa identidade e nacionalidade, así como da súa situación económica e a da súa unidade económica familiar.

    • 1.7. Outra documentación xustificativa ou informes do estado de necesidade que fun-damenten a solicitude de axuda, que completen e faciliten a graduación do estado de necesidade.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

  • No caso de que a persoa solicitante estea incapacitada, a solicitude farase ao seu nome e será asinada polo seu representante legal. Neste caso, deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 75 do 19 de abril de 2017).

    • Resolución do 29 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 5 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario a persoas emigrantes galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2017)

    • Resolución do 8 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 5 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 215 do 13 de novembro de 2017).

Outros procedementos relacionados

PR905A

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 20/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR930C

Conecta co Voluntariado en Galicia

Tramitar en liña

Prazo aberto: 25/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano