Guía de procedementos e servizos

PR905A

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 17/03/2020 00:00 - 30/10/2020 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2020.

3. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, e conforme o disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

4. A concesión destas axudas efectuarase atendendo en todo caso á data de presentación de cada unha das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 e estará, en calquera caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario. No caso de esgotamento do crédito establecido para esta subvención, a Secretaría Xeral da Emigración publicará esta circunstancia no DOG, o que comportará a inadmisión das solicitudes presentadas con posterioridade á data da dita publicación, sen prexuízo de que se poida incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Este procedemento habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código PR905A.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:

a) As persoas galegas e nadas en Galicia.

b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.

c) Os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nadas en Galicia.

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Emigración, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais.

b) Facilitar toda a información que sexa requirida pola Secretaría Xeral da Emigración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Comunicarlle á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberá presentar unha declaración responsable de estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia antes dos pagamentos.

d) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/ 2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) As demais obrigas previstas no artigo 11 da antedita lei.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral do Retorno

Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

Praza de Mazarelos, 15

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547271 / 981957162

Fax: 981547296

Email: retorno.emigracion@xunta.es

Secretaría Xeral da Emigración

Prazo de presentación: PECHADO

17/03/2020 00:00 - 30/10/2020 23:59

Continuar o prazo de presentación de solicitudes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de outubro de 2020, incluído.

O prazo para presentar as solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2020 incluído.

1. Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:

a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.

b) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

d) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.

e) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

Para estes efectos, considérase que son recursos económicos suficientes cando a suma da media dos ingresos que perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren supere o importe do IPREM mensual (indicador público de renda de efectos múltiples) vixente na data da solicitude.

Para os efectos desta axuda, consideraranse ingresos da unidade familiar os obtidos por calquera dos seguintes conceptos:

• Rendementos do traballo. Inclúe as rendas netas do traballo por conta allea, excepto as pagas extra, liquidacións ou indemnizacións. Excluiranse, en todo caso, os salarios xerados no estranxeiro.

• Rendas de actividades económicas, profesionais, empresariais ou agrarias. Compútase como rendas o rendemento neto reducido (ingresos menos gastos) dos distintos tipos de actividades desenvolvidas en España.

• Pensións e prestacións. Inclúe os ingresos netos de todo tipo de pensións e prestacións, excepto a prestación económica por razón de necesidade (ancianidade e incapacidade) da Dirección Xeral das Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social español que puidesen percibir no seu país de orixe.

• Rendas do capital mobiliario. Inclúe os rendementos netos das distintas contas bancarias e investimentos financeiros.

• Rendas do capital inmobiliario. Inclúe os rendementos netos dos bens inmobles arrendados diferentes da vivenda habitual.

Exceptúanse do cómputo dos ingresos da unidade familiar do punto anterior os seguintes conceptos:

Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada.

Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada, como incentivos ou gratificacións pola participación.

Os ingresos de pagamento único dirixidos a paliar situacións de emerxencia social.

As prestacións familiares por fillo/a ou menor a cargo.

As prestacións económicas e libranzas derivadas de Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

f) Carecer de bens patrimoniais suficientes (bens mobles e/ou bens inmobles) na unidade familiar.

• Entenderase como bens mobles suficientes cando o valor dos bens mobles de todas as persoas da unidade familiar, na data de presentación da solicitude, supere o límite de 15.000 euros cando a unidade familiar estea formada por unha persoa, incrementado, se é o caso, en 3.000 euros adicionais por cada un dos restantes membros da unidade familiar.

O capital mobiliario ou bens mobles estará conformado polos depósitos en conta corrente ou a prazo, accións, fondos de investimento e fondos de pensións, valores mobiliarios, etc., que se valorarán polo seu valor nominal que conste na correspondente documentación bancaria, tanto en España como no estranxeiro.

• Entenderase como bens inmobles suficientes cando a suma dos valores dos inmobles de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 euros, na data de presentación da solicitude.

O capital inmobiliario ou bens inmobles estará conformado polos inmobles radicados en España, de natureza rústica ou urbana, de acordo co seu valor catastral, que figure no recibo do imposto que os grave (IBI) ou, na súa falta, no contrato de compravenda.

2. Entenderase como unidade familiar a formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polo seu cónxuxe non separado legalmente, parella de feito inscrita ou persoa unida por análoga relación, e os/as fillos/as da persoa solicitante solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda.

No caso de que a persoa solicitante sexa solteiro menor de 25 anos ou maior desta idade e incapacitada, a unidade familiar estará formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polos seus proxenitores, irmán/s ou irmá/s solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda.

Para estes efectos, só se computarán como membros da unidade familiar os que consten inscritos no mesmo domicilio no certificado de empadroamento conxunto do padrón municipal, ou ben na certificación municipal de convivencia, no momento de presentar a solicitude.

No caso de que a persoa solicitante estivese residindo nun establecemento de acollida temporal, nunha residencia de persoas maiores ou nun aloxamento turístico, a determinación da unidade familiar realizarase segundo as circunstancias do caso concreto.

3. Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultasen beneficiarias en virtude das resolucións polas que se aproban as bases reguladoras e se convocan as axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas, nas tres convocatorias anteriores á presente:

– Resolución do 6 de marzo de 2017 (DOG núm. 52, do 15 de marzo de 2017).

– Resolución do 14 de marzo de 2018 (DOG núm. 61, do 27 de marzo de 2018).

– Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG núm. 32, do 14 de febreiro de 2019).

4. Soamente se poderá presentar unha única solicitude de axuda económica en cada convocatoria e por cada unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante ou outro membro da unidade familiar presente outra solicitude de axuda, entenderase como válida a presentada en primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI.

No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade ou estea incapacitada, a solicitude farase a nome do menor ou incapaz e será asinada polo seu representante legal. Neste caso deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

b) Documentación acreditativa da vinculación con Galicia da persoa solicitante: nacemento en Galicia ou, de ser o caso, ser cónxuxe ou parella de feito inscrita ou descendente por consanguinidade dunha persoa galega e nada en Galicia.

c) Documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar que consten residindo na mesma vivenda no certificado de empadroamento conxunto, se é o caso: libro de familia ou certificado de matrimonio ou certificación do Rexistro de Parellas de Feito ou declaración en que conste a persoa coa cal está unida por análoga relación, así como certificados de nacemento dos/das fillos/as da persoa solicitante.

No caso de separación legal ou divorcio, ou disolución dunha parella de feito, achegarase a correspondente sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.

d) Certificado de empadroamento conxunto ou de convivencia de data actual, expedido polo concello galego de residencia da persoa solicitante, no cal se acredite que todas as persoas que constitúen a súa unidade familiar están empadroadas no mesmo enderezo.

e) Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España, así como o tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

f) Certificación actualizada de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante e dos demais membros da súa unidade familiar maiores de 18 anos, se é o caso.

g) Documentación acreditativa dos ingresos económicos, pensións ou rendas de calquera tipo, correspondentes aos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar.

No caso de que a persoa solicitante ou algún membro da unidade familiar non perciba ingresos económicos, pensións ou rendas, declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

h) Documentación bancaria de saldo en contas correntes, depósitos bancarios, accións, valores, etc. acreditativa do valor dos bens mobles da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar, na data de presentación da solicitude, que se teñan tanto en España coma no estranxeiro.

No caso de que algún membro da unidade familiar, con excepción do solicitante, non teña bens mobles (contas correntes, depósitos bancarios, accións, valores, etc.), declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

i) Documentación acreditativa do valor dos bens inmobles da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar, con excepción da vivenda habitual, na data de presentación de solicitude: recibo do imposto que os grave (IBI) ou, na súa falta, no valor do contrato de compravenda.

No caso de que a persoa solicitante ou algún membro da unidade familiar non tivese outros bens inmobles diferentes á vivenda habitual, declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

k) Informe médico actualizado expedido por un servizo de saúde, no caso de alegar enfermidade grave ou moi grave da persoa solicitante.

l) Certificado expedido polo órgano competente que acredite o grao de discapacidade ou dependencia da persoa solicitante, no caso de alegar tal circunstancia, só no caso de que non fosen recoñecidos pola Xunta de Galicia, ou tamén polo Imserso no caso de alegar dependencia.

m) No caso de que a persoa solicitante alegue ser vítima de violencia de xénero, deberá acreditar tal situación mediante sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe socioambiental emitido por un organismo oficial.

2. Cando a persoa solicitante se encontre na situación establecida no punto 5 do artigo 6, tamén deberá achegar a documentación acreditativa do importe dos ingresos anuais obtidos no ano anterior ao da convocatoria, tanto en España como no estranxeiro, de todas as persoas que forman a unidade familiar e, na súa falta, unha declaración responsable neste sentido.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración deste.

7. Cando os documentos achegados ao expediente pola persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberase presentar tradución deles en calquera destes idiomas.

8. A Secretaría Xeral da Emigración poderá solicitar dos servizos sociais comunitarios do concello onde tivese fixada a residencia a persoa solicitante a emisión dun informe social en que se reflicta a súa situación familiar, sociolaboral e económica co fin de ter un maior e adecuado coñecemento das ditas situacións.

Os ditos servizos sociais poderán remitir este informe xunto coa solicitude e o resto da documentación necesaria para a súa valoración, sen mediar solicitude previa da secretaría xeral, cando a persoa solicitante utilice estes servizos como apoio para tramitar a axuda.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI da persoa solicitante.

b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

c) Certificado de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.

d) Certificado de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia.

e) Certificado de dependencia recoñecida polo Imserso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 108 do 04 de xuño de 2020).

    • Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR905A) (DOG nº 52 do 16 de marzo de 2020).

    • Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR905A) (DOG nº 52 do 16 de marzo de 2020).

    • Resolución do 26 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 103 do 29 de maio de 2020).

    • Extracto da Resolución do 26 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecidos na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 103 do 29 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

PR935A

Axudas de emerxencia social.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano