Guía de procedementos e servizos

PR905A

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 16/03/2017 00:00 - 31/08/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2017.

3. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, e de acordo co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei.

Para estes efectos, a concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia a indicada circunstancia, o que comportará a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que se poida incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. No caso de que o crédito establecido para esta subvención non sexa suficiente para proceder ao pagamento de todas as subvencións solicitadas, aplicarase, como criterio de prioridade, a data de presentación das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 desta Resolución.

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.

b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Emigración, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais, para o cal se achegará canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

b) Comunicarlle á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentase a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberá presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia antes dos pagamentos.

c) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/ 2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) As demais obrigas previstas no artigo 11 da antedita lei.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral do Retorno

Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

R/ Basquiños, 2

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547271 / 981957162

Fax: 981547296

Email: retorno.emigracion@xunta.es

Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

Prazo de presentación: PECHADO

16/03/2017 00:00 - 31/08/2017 23:59

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2017, incluído.

1. Os requisitos exixidos para poder ser persoas beneficiarias, que deben estar referidos ao momento da solicitude son os seguintes:

a) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

b) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.

c) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Carecer de rendas ou ingresos suficientes. Computan como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.

Entenderanse como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen, en cómputo global, o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) mensual correspondente ao ano desta convocatoria, e relativos á renda per cápita da unidade familiar entendida tal como se sinala no artigo 5.

Así mesmo, terán a consideración de rendas para os efectos da percepción destas axudas, ás seguintes:

- Rendementos do traballo. Inclúe as rendas netas do traballo por conta allea, bolsas e outras axudas semellantes.

- Pensións e prestacións. Inclúe os ingresos netos de todo tipo de pensións e prestacións.

- Rendas do capital mobiliario. Inclúe os rendementos netos das distintas contas bancarias e investimentos financeiros.

- Rendas do capital inmobiliario. Inclúe os rendementos brutos dos bens inmobles arrendados, diferentes da vivenda habitual.

- Rendas de actividades económicas, profesionais, empresariais ou agrarias. Compútase como rendas o rendemento neto reducido (ingresos menos gastos) dos distintos tipos de actividades.

Para o cálculo das rendas, cando se perciban con periodicidade superior á mensual, computaranse en pro rata mensual sobre o período ao cal correspondan, excepto as que se obteñan nun único pagamento cuxo importe se ratea entre doce meses.

e) Carecer de bens patrimoniais suficientes (mobles e/ou inmobles).

Entenderase como bens mobles suficientes, cando na unidade familiar da persoa solicitante o seu valor supere o límite de 10.000 €, mais 2.000 € adicionais por cada un dos restantes membros da unidade familiar.

Entenderase como bens inmobles suficientes, cando a suma dos seus valores de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 €.

Para estes efectos só se computarán como bens mobles o diñeiro en efectivo e os efectos mercantís que non estean depositados nunha entidade financeira valorados polo seu importe, así como os depósitos bancarios ou a prazo, accións valores ou participacións en sociedades, participacións en fondos ou plans de pensións ou de investimento ou calquera outra relación en que apareza en posición acredora dunha entidade financeira, sendo o valor para computar destes efectos o que conste na correspondente documentación bancaria.

Polo que respecta aos bens inmobles teranse en conta todos, a excepción da vivenda habitual, e o seu valor será o que figure no recibo do imposto que os grave ou, na súa falta, no contrato de compravenda.

2. Entenderase como unidade familiar, en todo caso, a integrada pola persoa solicitante, o seu cónxuxe ou parella de feito, non separado legal ou de feito, e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o primeiro grao en liña ascendente e descendente da persoa solicitante, sempre que convivan coa persoa solicitante.

Para estes efectos, só se computarán como membros da unidade familiar os que consten no mesmo domicilio segundo os datos do Padrón Municipal ou ben da certificación municipal de convivencia, no caso de tela que achegar a persoa solicitante, segundo o previsto no artigo 9.1.5.

3. Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultasen beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores á presente.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • 1. Pasaporte ou documento de identidade en que consten os seus datos persoais para as persoas solicitantes que non teñan DNI.

      No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade ou estea incapacitada, a solicitude farase a nome do menor ou incapaz e será asinada polo seu representante legal. Neste caso deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

    • 2. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia, e no caso de que a persoa solicitante fose cónxuxe, ou persoas con relación análoga á conxugal ou fillos/as dunha persoa galega e nacida en Galicia, documento que acredite o seu vínculo con esta.

    • 3. Libro de familia completo da persoa solicitante, ou documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar, se é o caso. Na súa falta, achegarase certificado de matrimonio, ou certificación do Rexistro de Parellas de Feito, sempre e cando non poida ser expedido pola Xunta de Galicia, así como os certificados de nacemento dos fillos/as da persoa solicitante.

      En caso de separación legal ou divorcio, ou disolución dunha parella de feito, achegarase a correspondente sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.

    • 4. Certificación municipal de data actual, emitida polo concello galego de residencia da persoa solicitante que acredite a convivencia dos membros da unidade familiar.

    • 5. Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España, así como o tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

    • 6. Certificación actualizada de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar, se é o caso.

    • 7. Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos económicos e rendas de calquera tipo correspondente aos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude da persoa solicitante e da súa unidade familiar, tal e como se recolle no artigo 4.1.d).

    • 8. Documentación acreditativa do valor dos bens, mobles ou inmobles da persoa solicitante e da súa unidade familiar, a excepción da vivenda habitual, tal e como se recolle no artigo 4.1.e).

    • 9. Informe médico actualizado expedido polos servizos públicos de saúde, no caso de alegar enfermidade grave ou moi grave.

    • 10. Certificado expedido polo órgano competente que acredite o grao de discapacidade ou dependencia, no caso de alegar tal circunstancia, só no caso de que non fosen recoñecidos pola Xunta de Galicia, ou tamén polo Imserso no caso de alegar dependencia.

    • 11. No caso de alegar ser vítima de violencia de xénero, deberá acreditar tal situación mediante sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe socio-ambiental emitido por un organismo oficial.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal.chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración deste.

  • Cando os documentos achegados ao expediente pola persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberase presentar tradución deles en calquera destes idiomas.

  • A Secretaría Xeral da Emigración poderá solicitar dos servizos sociais comunitarios do concello onde teña fixada a residencia a persoa solicitante, a emisión dun informe social no que se reflicta a súa situación familiar, sociolaboral e económica co fin de ter un maior e adecuado coñecemento das devanditas situacións.

    Os ditos servizos sociais poderán remitir este informe xunto coa solicitude e o resto da documentación necesaria para a súa valoración, sen mediar solicitude previa da secretaría xeral, cando a persoa solicitante utilice estes servizos como apoio para a tramitación da axuda.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 52 do 15 de marzo de 2017).

    • Resolución do 5 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 6 de marzo de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 175 do 14 de setembro de 2017).

    • Resolución do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 6 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 230 do 4 de decembro de 2017).

Outros procedementos relacionados

PR935A

Axudas de emerxencia social.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano