Guía de procedementos e servizos

PR816A

Prazas para o desenvolvemento dunha actividade formativa de especialización en financiamento comunitario do Programa TecEuropa.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 19/06/2019 00:00 - 18/07/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Estas bases regulan as condicións polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de prazas para o desenvolvemento de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa.

Convocatoria.

Convocar 20 prazas para o desenvolvemento dunha edición de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa, de conformidade coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (en diante, bases reguladoras).

Duración e lugar de realización das actividades formativas.

A edición desenvolverase entre os días 7 e 11 de outubro en Bruxelas, coincidindo coa Semana Europea das Rexións e das Cidades. A Fundación Galicia Europa asesorará e prestará apoio as persoas participantes para a súa asistencia aos seminarios e obradoiros celebrados durante esa semana.

Poderán optar a participar no programa TecEuropa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Fundación Galicia Europa

Rúa do Hórreo, nº 61

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541012 / 981957854

Fax: 981541013

Email: santiago@fundacióngaliciaeuropa.eu

bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

En Bruselas: Rue de la Loi/Wetstraat 38-2°, bte. 2

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Prazo de presentación: PECHADO

19/06/2019 00:00 - 18/07/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. Pertencer a algunha das seguintes categorías de entidades:

a) Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia (Administración xeral da Comunidade Autónoma ou entidades instrumentais do sector público autonómico), Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial da Coruña e Deputación Provincial de Lugo ou outras entidades que poidan formar parte do padroado no futuro.

b) Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades locais galegas (concellos e deputacións).

c) Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial en entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que deben ter o seu domicilio social e realizar as súas actividades maioritariamente en Galicia.

As convocatorias poderán limitar a participación a unha ou varias das entidades anteriormente citadas.

2. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A convocatoria poderá establecer o requisito de non ter participado en edicións anteriores do programa TecEuropa tendo en conta as actividades formativas a desenvolver.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) O anexo III que inclúe:

      • I. Memoria explicativa da motivación e interese da acción formativa para a entidade para a que traballa.

      • II. Breve exposición dos fondos estruturais nos que a persoa candidata participa na xestión (Feder e FSE/Outros).

      • III. Breve exposición da experiencia da entidade en proxectos europeos e ideas de proxectos nas que estea a traballar.

      • IV. Autorización á participación e certificación dos puntos I, II e III polo representante da entidade.

    • b) Os estatutos no caso das entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro (artigo 5.1.c).

    • c) Documentos acreditativos das horas de formación en asuntos, proxectos ou fondos europeos e nas linguas inglesa ou francesa (ver artigo 12. Criterios de adxudicación).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).

    • Corrección de erros. Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2019).

    • Anuncio do 5 de xuño de 2019 polo que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, 20 prazas de formación en actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa-Semana Europea das Rexións e das Cidades (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).

    • Extracto do Anuncio do 5 de xuño de 2019 polo que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, 20 prazas de formación en actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa-Semana Europea das Rexións e das Cidades (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).

Outros procedementos relacionados

IN225A

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR810A

Alta no sistema de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da internet utilizando certificados dixitais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano