Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR816A
Prazas para o desenvolvemento dunha actividade formativa de especialización en financiamento comunitario do Programa TecEuropa.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Estas bases regulan as condicións polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de prazas para o desenvolvemento de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa.
Convocatoria.
Convocar 20 prazas para o desenvolvemento dunha edición de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa, de conformidade coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (en diante, bases reguladoras).
Duración e lugar de realización das actividades formativas.
A edición desenvolverase entre os días 11 e 15 de novembro en Bruxelas, e o día 26 de novembro en Santiago de Compostela
Poderán optar a participar no programa TecEuropa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Fundación Galicia Europa
Rúa do Hórreo, nº 61
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541012/ 981957854
Fax: 981541013
Email: santiago@fundacióngaliciaeuropa.eu
bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
En Bruselas: Rue de la Loi/Wetstraat 38-2°, bte. 2
Prazo de presentación: PECHADO
09/08/2019 00:00 - 09/09/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. Pertencer a algunha das seguintes categorías de entidades:
a) Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia (Administración xeral da Comunidade Autónoma ou entidades instrumentais do sector público autonómico), Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial da Coruña e Deputación Provincial de Lugo ou outras entidades que poidan formar parte do padroado no futuro.
b) Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades locais galegas (concellos e deputacións).
c) Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial en entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que deben ter o seu domicilio social e realizar as súas actividades maioritariamente en Galicia.
As convocatorias poderán limitar a participación a unha ou varias das entidades anteriormente citadas.
2. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.Non teren participado no programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa en edicións anteriores a 2019.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) O anexo III que inclúe:
I. Memoria explicativa da motivación e interese da acción formativa para a entidade para a que traballa.
II. Breve exposición dos fondos estruturais nos que a persoa candidata participa na xestión (Feder e FSE/Outros).
III. Breve exposición da experiencia da entidade en proxectos europeos e ideas de proxectos nas que estea a traballar.
IV. Autorización á participación e certificación dos puntos I, II e III polo representante da entidade.
b) Os estatutos no caso das entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro (artigo 5.1.c).
c) Documentos acreditativos das horas de formación en asuntos, proxectos ou fondos europeos e nas linguas inglesa ou francesa (ver artigo 12. Criterios de adxudicación).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).
-
Corrección de erros. Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2019).
-
Anuncio do 24 de xullo de 2019 polo que se convocan en 2019, en réxime de concorrencia competitiva, vinte (20) prazas de formación en actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2019).
-
Extracto do Anuncio do 24 de xullo de 2019 polo que se convocan en 2019, en réxime de concorrencia competitiva, vinte (20) prazas de formación en actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Alta no sistema de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da internet utilizando certificados dixitais.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano