Guía de procedementos e servizos

PR805C

Cancelación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

A inscrición dun axente de cooperación ao desenvolvemento poderá ser cancelada:

a) Por vontade da entidade manifestada polo seu órgano de goberno.

b) De oficio, e previo trámite de audiencia, nos seguintes casos:

- Por extinción ou disolución da entidade, debidamente acreditada

- Por incumprimento reiterado dos fins e deberes establecidos na Lei 3/2003 ou dos previstos neste decreto.

- Por inactividade da entidade por un período de tres anos, debidamente probada.

- Por falsidade, declarada por sentenza xudicial firme, de datos ou documentos que constasen na inscrición.

Axentes de cooperación.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Subdirección Xeral de Cooperación Exterior

Rúa do Horreo, 61, 2º andar

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: cooperacion.exterior@xunta.gal

Subdirección Xeral de Cooperación Exterior

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor aos vinte (20) días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 12 de abril de 2017.

  • Solicitude segundo o Anexo III.

  • Documento acreditativo do acordo de cancelación da entidade.

  • Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2017).

Outros procedementos relacionados

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59

PR804B

Axudas ás ONGD para execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59

PR805A

Inscrición no rexistro galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano