Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR804A
Axudas ás ONGD para execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación á cal pertenza a devandita organización, ou aquelas nas cales os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Subdirección Xeral de Cooperación Exterior
Rúa do Horreo, 61, 2º andar
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: cooperación.exterior@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
08/04/2017 00:00 - 08/05/2017 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes:
a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao día de publicación da convocatoria.
b) Xustificar, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2015 e anteriores, por parte da Xunta de Galicia, a outros proxectos en materia de educación para o desenvolvemento. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos en que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
c) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos dos proxectos:
a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2017, sendo necesario que o seu inicio sexa no propio ano 2017. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, deberá executarse antes do 30 de decembro do ano de concesión da subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, deberán executarse antes do 30 de novembro do ano seguinte ao de concesión da subvención.
b) Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os proxectos poderán considerar traballo fóra de Galicia (resto de España, Europa e países prioritarios) sempre que os gastos destas actividades sexan realizados para achegar ás intervencións información e perspectiva dos países do Sur e/ou a participación en redes.
c) O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 8 «Gastos do proxecto» desta convocatoria, en especial o relativo aos límites máximos establecidos nalgunha das partidas e a imputación adecuada dos gastos.
d) O cofinanciamento do proxecto correspondente á entidade solicitante e a outros financiadores diferentes á Xunta de Galicia, non pode ser o 100 % valorizado, ten que existir nalgún caso achega financeira ao proxecto.
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (rúa do Hórreo, 61, 2º andar, 15701 Santiago de Compostela), cubertas no modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras. Estas deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude de subvención presentarase de acordo co modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras.
A citada solicitude irá acompañada da documentación que se recolle a continuación e do proxecto, que se presentará no seu modelo oficial de formulación. A documentación das carpetas 1 e 2 presentarase obrigatoriamente en soporte electrónico e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Carpeta 1: información relativa á entidade solicitante, que en caso de agrupación de entidades deberá ser achegada de cada unha das agrupadas.
a) Declaración responsable da persoa que teña a representación legal da entidade, na cal se precisen outras axudas solicitadas de entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade, segundo o modelo que figura como anexo II.
b) Memoria da organización en Galicia na cal se inclúan as accións da entidade nos últimos dous anos. Farase especial mención aos proxectos de educación para o desenvolvemento realizados, así como aos proxectos levados a cabo no ano anterior financiados por entidades galegas, públicas ou privadas.
c) Plan/estratexia de educación para o desenvolvemento en Galicia e/ou plan/estratexia específica nas áreas de educación, formación, sensibilización, investigación, ou incidencia e mobilización social da organización en Galicia para os seguintes anos (dous como mínimo) na cal se enmarca o proxecto presentado, ou, se é o caso, o plan continuo de mellora da entidade.
d) Copia das contas anuais da entidade (ingresos de carácter público e privado e gastos) da última liquidación do orzamento rendida e aprobada polo órgano competente da entidade. Desta obriga quedarán exceptuadas as universidades, no caso das agrupacións de entidades.
e) No caso de agrupación de entidades deberán xuntar o contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que teñan a representación legal das entidades, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade, ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os cales se lles concedeu a subvención.
No contrato ou acordo de colaboración entre as entidades agrupadas, designarán unha persoa que teña a representación legal, que necesariamente pertencerá á entidade solicitante, e un enderezo único para os efectos de notificacións. Así mesmo, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada entidade membro da agrupación, así como os importes da subvención e das aportaciones propias a executar por cada unha A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos desde a finalización da execución do proxecto. No caso das universidades o contrato ou acordo de colaboración deberá ser asinado polo seu representante legal.
f) No caso de agrupación de entidades en que participen as universidades, estas incluirán certificación, expedida pola persoa que teña a representación legal segundo o establecido ao respecto na normativa de universidades e nos respectivos estatutos, na cal se autorice a participación no proxecto e o compromiso de gasto correspondente.
g) No caso de agrupación de entidades en que participen os axentes de cooperación que pola súa natureza xurídica posúan ánimo de lucro achegarán documento de compromiso de non obter ningún beneficio da operación, segundo o artigo 23.b) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento. O devandito documento estará asinado pola persoa que teña a representación legal da entidade.
Carpeta 2: información sobre o proxecto de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
A información sobre o proxecto presentarase nos documentos normalizados para o efecto (o de formulación técnica e o do orzamento do proxecto), que poderán descargarse da páxina web da Cooperación Galega www.cooperaciongalega.org
Calquera problema, dúbida ou aclaración poderá formularse directamente ante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE ou a través do enderezo electrónico cooperacion.exterior@xunta.gal
A falta de documentación relativa ás carpetas 1 e 2 e de información nalgunha delas impedirán a avaliación do proxecto, se non se emenda dentro do prazo establecido no artigo 10 da presente orde. Quedarán excluídos da posibilidade de emenda aqueles documentos previstos nas alínea b), c), d) da carpeta 1 e os documentos normalizados do proxecto (carpeta 2).
Así mesmo, a presentación da solicitude en modelo distinto do establecido para esta convocatoria (anexo I), a manipulación do documento de formulación normalizado ou o emprego dun documento que non sexa o adaptado á presente convocatoria conducirá á exclusión e non avaliación do proxecto.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que se realizace a emenda.
No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica superae os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada e o número de expediente se se dispón del.
- Fase de solicitude
- Declaración doutras axudas (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que serán executados polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 69 do 7 de abril de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas aos axentes de cooperación para execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.
Prazo aberto: 21/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59
Inscrición no rexistro galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento.
Aberto todo o ano
Modificación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.
Aberto todo o ano