Guía de procedementos e servizos

PR771A

Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 30/01/2019 00:00 - 15/10/2019 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

1. O obxecto do premio é fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma.

2.  A concesión do premio rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.

Traballos de investigación.

1. Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Teranse por inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos á disposición do público, por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.

2. As persoas interesadas estarán obrigadas a comunicar á EGAP a publicación do traballo ou a concesión dun premio tan axiña como se producir, e sempre antes de que se resolva a concesión deste premio. A dita comunicación farase consonte o modelo normalizado que figura como anexo II desta orde, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https//sede.xunta.gal) co código de procedemento PR771A. A presentación da dita comunicación realizarase por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

3. Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, presentaranse en formato A4, mecanografados a dobre espazo e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.

4. Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións a que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.

- Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e apelidos da persoa ou persoas gañadoras.

- No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546044

Fax: 981546337

Email: egap@xunta.gal

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/01/2019 00:00 - 15/10/2019 23:59

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 15 de outubro de 2019.

- Non poderán acceder a este premio as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o traballo de investigación; de non facelo así, non se admitirá a solicitude.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias que constan en poder da Administración autonómica.

e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das obrigas coa Seguridade Social que constan en poder da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación das solicitudes e traballos.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e que figura como anexo I a esta orde.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou traballo de investigación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A solicitude deberá ser asinada electronicamente pola persoa solicitante ou representante ou por aquela que se responsabilice da dirección do grupo de traballo, se é o caso.

Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. No mesmo sentido, a Dirección da EGAP faciliará ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade do/a autor/a ou dos/as autores/as ata que se resolva o procedemento.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Antes do 31 de decembro de 2019

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    • Extracto da Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    • Anuncio do 23 de decembro de 2019 polo que se fai pública a resolución do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo segunda edición (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2020)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR770F

Bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 28/01/2025 00:00 - 27/02/2025 23:59

PR770I

Bolsas de formación na área de ciencia económica no sector público.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 13/02/2018 00:00 - 12/03/2018 23:59

PR770M

Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 08/06/2024 00:00 - 08/07/2024 23:59

PR770N

Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 17/05/2024 00:00 - 17/06/2024 23:59