Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR775A
Premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do día das letras galegas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e convócase, baixo o réxime de concorrencia competitiva, o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 orientado aos nenos e nenas galegos, con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
A concesión dos premios rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.
Está dirixido a nenas galegas e nenos galegos que teñan a súa veciñanza administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia e teñan idades comprendidas, en función das dúas categorías previstas, entre os 9 a 11 anos e os 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación dos traballos.
Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tampouco poderán acceder os fillos e as fillas das persoas integrantes do xurado.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, nº 2 - 4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546044/ 981546331
Fax: 981546337
Email: secretaria.egap@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
13/04/2024 00:00 - 13/05/2024 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.
1. Os contos deberán redactarse en lingua galega. Non serán valorados aqueles textos que non cumpran uns requisitos mínimos de corrección idiomática no emprego da lingua galega.
2. A temática será libre. Terán unha extensión mínima dunha páxina e máxima de cinco. Deberán estar escritos por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman e tamaño de letra 12. En caso de presentar os textos en papel, deberá utilizarse o tamaño A4 e non unir as páxinas con clips, grampas ou outros elementos. As páxinas deberán estar numeradas.
3. A primeira páxina do conto deberá incluír unicamente o título e o pseudónimo. No conto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante.
4. Queda prohibido o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial para a elaboración dos contos presentados.
5. Poderán presentarse traballos premiados noutros concursos, agás que xa fosen premiados anteriormente pola EGAP.
Forma e lugar de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas que opten pola presentación electrónica deberán utilizar o anexo I e achegar dous arquivos independentes en formato pdf do xeito seguinte:
a) Un arquivo que conteña o texto do conto coas características da base 3ª. Este arquivo nomearase do seguinte modo: CONTO_Título do conto.
b) Un arquivo que conteña a copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade da persoa menor que se presenta ao concurso, así como os datos das respectivas persoas proxenitoras. Este arquivo nomearase do seguinte modo: DATOS PERSOAIS_Título do conto.
2. No caso de que se opte pola presentación presencial, deberán presentar o anexo I de solicitude e achegar a seguinte documentación:
– Un sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición na parte exterior: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024, título do conto e pseudónimo. Dentro do sobre debe incluírse unicamente o conto coas características da base 3ª.
– Copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos das respectivas persoas proxenitoras.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar a súa achega novamente á persoa interesada.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas representantes legais da persoa menor incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas representantes legais se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
-
Extracto da Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
-
Resolución do 4 de setembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 (DOG nº 178 do 16 de setembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59
Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano