Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR771A
Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
O obxecto do premio é fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais.
Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Teranse por inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos á disposición do público, por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.
1. Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente será obxecto de publicidade o nome e apelidos da persoa ou persoas gañadoras do premio.
2. No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546044
Fax: 981546337
Email: egap@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/08/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 31 de outubro de 2017.
Non poderán acceder a este premio as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias prevista nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. A presentación das solicitudes, xunto co traballo de investigación, realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
2. A solicitude, axustada ao modelo normalizado que figura como anexo I a esta orde e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https//sede.xunta.gal) co código PR771A, deberá ser asinada electronicamente pola persoa solicitante ou representante ou por aquela que se responsabilice da dirección do grupo de traballo, se é o caso.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou o traballo de investigación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente do do resto da documentación. No mesmo sentido, a Dirección da EGAP facilitáralle ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade da persoa ou persoas autoras ata que se resolva o procedemento.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o traballo de investigación, de non facelo así non se admitirá a solicitude.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos das persoas solicitantes:
a) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
b) Estar ao día das obrigas tributarias que constan en poder da Administración autonómica.
c) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas coa Seguridade Social que constan en poder da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
d) DNI ou NIE da persoa solicitante.
e) DNI ou NIE da persoa representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Antes do 31 de decembro de 2017
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XX edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (DOG. nº 148 do 4 de agosto de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.
Prazo pechado: 28/01/2025 00:00 - 27/02/2025 23:59
Bolsas de formación na área de ciencia económica no sector público.
Prazo pechado: 13/02/2018 00:00 - 12/03/2018 23:59
Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Prazo pechado: 08/06/2024 00:00 - 08/07/2024 23:59
Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.
Prazo pechado: 17/05/2024 00:00 - 17/06/2024 23:59