Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR770N
Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa unión europea
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
1. O obxecto deste anuncio é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, catro bolsas dirixidas a persoas cun título universitario e unha dirixida a persoas cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, de conformidade coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 7 de decembro de 2018, publicadas no DOG do 20 de decembro, pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (en diante, bases reguladoras).
2. O código asignado a este procedemento administrativo é o PR770N, mediante o cal se facilitará a identificación e o acceso para a tramitación destas axudas ás persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Duración, número, modalidades e lugar de realización das bolsas
1. O programa formativo das bolsas terá unha duración de 12 meses.
2. Número, modalidades e lugar de realización das bolsas.
a) Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
Unha delas desenvolverase na oficina da Fundación Galicia Europa (en diante, FGE) en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.
b) Unha bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos, con destino na oficina de Bruxelas.
c) Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.
Persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea
Rúa do Hórreo, 61
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541012/ +32 (0) 27355440
Prazo de presentación: PECHADO
29/01/2020 00:00 - 28/02/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
Poderán optar á obtención das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
3. Posuír o título académico necesario ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
a) Para as bolsas de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
b) Para as bolsas de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en xornalismo, comunicación audiovisual ou publicidade e relacións públicas.
c) Para as bolsas para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de administración e xestión (administración e finanzas, asistencia a dirección ou secretariado).
4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do obxecto desta bolsa.
5. Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
6. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamada da lista de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal de acordo co artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia do pasaporte, no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente para aqueles solicitantes que pretendan acreditar a filiación de proxenitores galegos.
c) Xustificación do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente (no caso de non estar en posesión do título universitario ou de formación profesional).
d) Copia da homologación ou validación do título pola Administración educativa española, no caso de presentar un título académico estranxeiro.
e) Currículo: preferentemente en formato Europass.
f) Anexo III xunto coa copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados relacionados nese anexo.
– O expediente académico acreditarase mediante copia da certificación académica dos estudos realizados, na cal consten as materias cursadas, as cualificacións obtidas e a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacions nas titulaciones universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional para estudos universitarios, ou normativa que o modifique; ou segundo o sistema establecido na Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, ou normativa que os modifique.
– Os cursos relacionados co obxecto da bolsa acreditaranse mediante o correspondente título ou certificados de participación nas actividades formativas. Non se terán en conta os cursos que non acrediten as horas de duración ou os inferiores a 20 horas lectivas, nin os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares.
– O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante o Celga 4, Celga 3 ou titulación equivalente, só no caso de non seren expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
– O coñecemento de idiomas estranxeiros acreditarase mediante os documentos a que fai referencia a Orde do 21 de xuño de 2016, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 128, do 7 de xullo).
– Sen prexuízo dos puntos anteriores, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos e aclaracións resulten procedentes para a tramitación do procedemento.
Non se valorarán os cursos e idiomas que formen parte do plan de estudos dunha titulación académica.
Os méritos que non estean acreditados non se computarán e non procederá o requirimento. Así mesmo, non se terán en conta aqueles méritos obtidos con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.
2. Os documentos presentados en lingua distinta ao español, galego, inglés, francés ou portugués deberán xuntarse cunha tradución xurada.
3. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Consulta de títulos oficiais universitarios.
d) Consulta de títulos oficiais non universitarios.
e) Datos de residencia con data de última variación padroal.
f) Celga 4, Celga 3 ou titulación equivalente, se están expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegaren os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 1de decembro de 2017 pola que se autoriza á Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación práctica dirixidas a persoas tituladas superiores universitarias e en formación profesional en asuntos relacionados coa Unión Europea (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2017).
-
Anuncio do 27 de decembro de 2019 polo que se convocan cinco bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020)
-
Extracto do Anuncio do 27 de decembro de 2019 polo que se convocan cinco bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia.
Prazo aberto: 10/04/2025 00:00 - 01/10/2025 23:59
Bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.
Prazo pechado: 28/01/2025 00:00 - 27/02/2025 23:59
Bolsas de formación na área de ciencia económica no sector público.
Prazo pechado: 13/02/2018 00:00 - 12/03/2018 23:59
Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Prazo pechado: 08/06/2024 00:00 - 08/07/2024 23:59