Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.
Obxecto
As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.
Esta actuación enmárcase na folla de ruta do Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), aprobado por Acordo do 1 de outubro de 2015 adoptado polo Consello da Xunta de Galicia.
Así mesmo, as subvencións reguladas nas presentes bases ampárase no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, o cal prevé actuacións encamiñadas á concesión de axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida na submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.
A quen vai dirixido?
As empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. Con carácter xeral, son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.
2. Terán a consideración de obrigas das persoas beneficiarias:
b) Manter a alta no servizo contratado inicial durante, polo menos, un (1) ano.
c) Acreditar a realización do proxecto obxecto de subvención no prazo sinalado na convocatoria ou excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso potestativo de reposición.
d) Dispor de acceso a redes de banda larga ultrarrápida na localización obxecto de subvención por un período mínimo de tres (3) anos desde a realización do proxecto subvencionado.
e) Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da LSG, non acrediten o cumprimento das ditas obrigas, requirirase o solicitante ou beneficiario para que acredite a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
f) Facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.
g) Someterse aos controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos na normativa comunitaria, en aplicación do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control.
h) Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
i) Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións ou axudas que financien o proxecto subvencionado, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Estas comunicacións deberán efectuarse tan pronto como se coñezan.
j) Manter un código contable diferenciado que recolla axeitadamente todas as operacións relacionadas co proxecto tal e como se establece no artigo 66.1.c) e i) do Regulamento (UE) nº 1305/2013. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como das facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das persoas beneficiarias, polo que deberá manterse accesible durante un período mínimo de 5 anos.
k) Dar axeitada publicidade ás subvencións recibidas conforme o disposto no artigo 29.
3. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nas presentes bases poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase do procedemento en que se atope a tramitación do expediente.
4. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención e, de ser o caso, proceder ao reintegro da subvención recibida. Non renunciar poderá conducir á instrución dun expediente sancionador en materia de subvencións.
Requisitos
a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), e estar, por tanto, illada das redes que prestan estes servizos.
c) Non estar situada a empresa dentro dun polígono industrial que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes e estar, por tanto, a empresa illada destas redes.
Especialmente, consideraranse polígonos con plans de despregamento en curso os polígonos beneficiados ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A; DOG do 22 de abril de 2016).
- Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.
- Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG). A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que preceptivamente deba efectuar o órgano xestor.
- Non poderán acadar a condición de beneficiaria as empresas en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545535
Email: amtega@xunta.gal
Órgano responsable
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017).
Resolución do 18 de abril de 2017 pola que se modifica a do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 75 do 19 de abril de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
21/03/2017 00:00 - 11/05/2017 23:59
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes segundo a Resolución de 18 de abril de 2017 ata o 11 de maio de 2017.
Documentación para a presentación
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación económica complementaria:
- a) A oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención.
- b) As outras ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida, na localización para a cal se solicita a subvención e que non foron elixidas polo interesado, de térense recibido.
- c) Xustificación da elección da oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención, cando a elección non recaia na oferta de menor importe.
- d) No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas indicadas no artigo 4.1.d) deberá porse de manifesto este feito mediante a declaración responsable incluída no anexo II e o solicitante xuntará unha xustificación de dita imposibilidade na cal indicará os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, inexistencia de solucións técnicas dos provedores para a localización na cal se solicita a provisión, etc.)
As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar beneficiario da subvención.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, os profesionais colexiados e as persoas representantes dalgunha das anteriores.
- Se algunha das persoas obrigadas anteriores presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Se a solicitude non reunir os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- No caso de que as persoas interesadas se opoñan á comprobación de datos segundo o indicado no artigo 12 das bases reguladoras ou existan circunstancias que aconsellen a súa presentación expresa, as persoas interesadas deberán presentar aqueles documentos sobre os cales se opoñan á súa comprobación.
- No caso de que as persoas interesadas teñan que acreditar a representación cun documento expreso sen poderen empregar as distintas opcións de comprobación de datos xa indicadas no artigo 12, achegarán a documentación suficiente en dereito para acreditar a representación exercida.
- Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. - A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas suxeitas á dita obriga presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Recordatorio sobre a solicitude de pago
Para proceder á xustificación da subvención concedida no marco do procedemento PR604A, recorde que deberá achegar a seguinte documentación:
- Solicitude de pago debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal do/a beneficiario/a: empregando o modelo de xustificación en galego ou en castelán
- Conta xustificativa debidamente asinada pola persoa representante legal do/a beneficiario/a que conterá a información especificada no artigo 26.3.b das bases reguladoras da convocatoria:
- Memoria de actuación, xustificativa da alta do servizo subvencionado
- Memoria económica, que incluirá o detalle dos pagos subvencionados con indicación do provedor e servizo contratado e anexará as facturas e xustificantes de pago
- Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social (en caso de denegar expresamente o consentimento de consulta ao órgano xestor)
- Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade establecidas no artigo 29 das bases reguladoras da convocatoria:
- dúas fotos da placa/cartel colocado na localización onde se contratou o servizo subvencionado. Deberase empregar o modelo do cartel en galego ou en castelán
- referencia á ubicación da web e captura de pantalla da publicidade web (só en caso de dispor de sitio web para uso profesional). Será suficiente con colgar tamén na web a placa/cartel, sempre e cando sexa accesible mediante un enlace na páxina principal da web
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"