Guía de procedementos e servizos

PR603B

Subvencións para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (liñas 1 e 2.i).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 21/06/2022 00:00 - 20/07/2022 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (Programa UNICO-Industria e empresas) previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Investimentos e gastos subvencionables.

1. As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados, acorde co estipulado nas presentes bases e convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.

2. Considéranse investimentos e gastos potencialmente subvencionables na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos os seguintes conceptos asociados ao proxecto:

a) Infraestruturas e obra civil.

b) Equipamento e outros materiais.

c) Gastos de persoal propio.

d) Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto.

3. Só serán financiables os investimentos necesarios para a creación ou adaptación das infraestruturas de rede que sexan susceptibles de ser utilizadas polos demais operadores a través do acceso por xunto a que se refire o artigo 7. Non serán elixibles as partidas de gasto asociadas a infraestruturas non relacionadas co acceso por xunto, destinadas ao seu uso exclusivo polo operador beneficiario da axuda.

4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou fornezan.

5. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables o imposto sobre o valor engadido ou outros impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia - Ciudad de la Cultura, s/n - Monte Gaias

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545535

Fax: 981545274

Email: amtega@xunta.gal

http://amtega.xunta.gal/

Teléfono desde fóra de Galicia 902120012

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

21/06/2022 00:00 - 20/07/2022 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

1. Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de beneficiario as persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que, de forma preceptiva, deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014 e o disposto no artigo 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) n° 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado Texto pertinente para os efectos do EEE, Diario Oficial de la Unión Europea do 26.6.2014.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

3. Co obxecto de facilitar a reutilización das infraestruturas existentes, todo operador que posúa ou controle unha infraestrutura susceptible de ser reutilizada no ámbito material de actuación e que desexe presentarse a algunha convocatoria deberá informar e dar acceso a esta a terceiros operadores, de acordo co previsto nos artigos 4 e 5 do Real decreto 330/2016, do 9 de setembro, relativo a medidas para reducir o custo do despregamento das redes de comunicacións electrónicas de alta velocidade, que traspón a Directiva 2014/61/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante e, de ser o caso, da entidade representante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

g) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Todas as solicitudes deberán de presentar:

1º. Acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado: deberase incluír a acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións. A dita acreditación deberase realizar achegando certificación de estar rexistrado no correspondente Rexistro de Operadores regulado no artigo 7 da Lei 9/2014, ou ben indicando o nome, servizo e data de resolución que figura no devandito rexistro, para a súa comprobación polo órgano instrutor.

2º. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo V).

3º. Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo anexo VI).

4º. Acreditación de inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración tributaria foral, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta á data de solicitude da axuda.

5º. Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude. No caso de presentación de solicitudes por persoa representante, deberase acreditar a dita representación segundo o indicado no artigo 11.

b) Liña de actuación 1 (redes de alimentación): memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:

1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento desta.

2º. Alcance, detallando as zonas de actuación que se dotarán de conectividade, a solución tecnolóxica e arquitectura de rede proposta.

3º. Plan de despregamento, detallando, para cada unha das zonas ás que se dotará de conectividade, o mes en que se acadará este obxectivo.

4º. Plan de gastos e investimentos subvencionables, desagregado para cada zona a que se propoña dotar de conectividade.

5º. Datos de xeración de emprego prevista asociada ao proxecto, cuantificada como o número neto de postos de traballo anual que se crearán en Galicia asociados a este proxecto.

6º. Detalle de medidas de igualdade de xénero dispoñibles na entidade solicitante, en concreto:

Dispoñer dun plan de igualdade.

Dispoñer do distintivo «igualdade na empresa» ou outros distintivos de igualdade autonómicos.

Dispoñer de medidas de conciliación de vida laboral, familiar e persoal (flexibilidade da xornada, teletraballo, permisos…).

Outras medidas, como existencia dunha persoa responsable de igualdade na empresa, dispoñibilidade de protocolos de acoso sexual ou violencia de xénero, etc.

7º. Plan de negocio abarcando, como mínimo, cinco (5) anos desde o inicio da prestación do servizo utilizando o método do valor actual neto (VAN) e indicando a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente, incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.

c) Liña de actuación 2 (redes de distribución): memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:

1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento desta.

2º. Alcance, detallando as zonas de actuación ás que se dotará de cobertura, a cobertura comprometida para cada unha (indicada como número de UI conectadas), a solución tecnolóxica e arquitectura de rede proposta.

3º. Plan de despregamento, detallando, para cada unha das zonas ás que se dotará de cobertura, o mes en que se acadará este obxectivo.

4º. Plan de gastos e investimentos subvencionables, desagregado para cada zona á que se propoña dotar de cobertura.

5º. Datos de xeración de emprego prevista asociada ao proxecto, cuantificada como o número neto de postos de traballo anual que se crearán en Galicia asociados a este proxecto.

6º. Detalle de medidas de igualdade de xénero dispoñibles na entidade solicitante, en concreto:

Dispoñer dun plan de igualdade.

Dispoñer do distintivo «igualdade na empresa» ou outros distintivos de igualdade autonómicos.

Dispoñer de medidas de conciliación de vida laboral, familiar e persoal (flexibilidade da xornada, teletraballo, permisos…).

Outras medidas, como existencia dunha persoa responsable de igualdade na empresa, dispoñibilidade de protocolos de acoso sexual ou violencia de xénero, etc.

7º. Plan de negocio abarcando, como mínimo, cinco (5) anos desde o inicio da prestación do servizo utilizando o método do valor actual neto (VAN) e indicando a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente, incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).

    • Extracto da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).

    • Resolución do 18 de novembro 2022 pola que se dá publicidade da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 228 do 30 de novembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano