Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR483C
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.
Convocanse as subvencións para o ano 2018 do Fondo de Compensación Ambiental, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.
Gastos subvencionales.
1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:
a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.
c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
d) Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.
2. Considéranse tamén gastos subvencionables:
a) Os contratos de subministracións para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.
b) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
c) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
d) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.
3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:
a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.
b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.
c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.
Para os efectos do previsto no artigo 4 desta orde, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:
a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.
b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.
c) Proxectos de utilización sustentable de enerxías renovables en instalacións e edificios municipais.
d) Vehículos eléctricos e vehículos híbridos.
e) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.
f) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.
g) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.
h) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.
i) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.
j) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental.
k) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.
l) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.
m) Vehículos con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras.
Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:
a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.
b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9 desta orde.
c) As mancomunidades de concellos de Galicia.
d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Servizo de Xestión e Cooperación Económica
Praza de Europa, 5A, 4º - Polígono de Fontiñas
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546211 / 881997171
Fax: 981546569
Email: administracionlocal@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
13/01/2018 00:00 - 12/02/2018 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2016 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Solicitude segundo o Anexo III, acompañada da seguinte documentación:
DOCUMENTACIÓN XERAL
Certificación do acordo da entidade polo cal se solicita subvención (anexo VI)
Certificado do/a secretario/a da entidade local da remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia (anexo VI)
Memoria xustificativa, asinada pola persoa representante da entidade solicitante co contido do artigo 20.2.d)
DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA
SOLICITUDES DE MANCOMUNIDADES OU CONSORCIOS LOCAIS
Certificación do/a secretario/a da entidade local referida aos concellos membros da mancomunidade ou consorcio que participan no proxecto (anexo VI)
SOLICITUDES PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO
Certificación do/a secretario/a da entidade local sobre vinculación do gasto co servizo ou servizos de protección do ambiente e do espazo natural (anexo VI)
Memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada pola persoa representante da entidade local, co contido do artigo 20.3.b)
SOLICITUDES PARA OBRAS
Certificación expedida polo/a secretario/a da entidade local, referida á plena disposición sobre os terreos e predios onde pretenden realizar as actuacións (anexo VI)
Proxecto/s ou anteproxecto/s da/s obras que se vaian realizar, co contido mínimo indicado no artigo 20.3.c)
SOLICITUDES PARA EQUIPAMENTO
Memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada pola persoa representante da entidade solicitante, co contido do artigo 20.3.d)
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Certificado do/a secretario/a da entidade local (Anexo VI)
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2018).
-
Orde do 26 de xuño de 2018 pola que se amplía a dotación económica da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro) (DOG nº 129 do 6 de xullo de 2018).
-
Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 161 do 24 de agosto de 2018).
-
Resolución do 2 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de decembro de 2017, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións das liñas en concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro) (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano