Guía de procedementos e servizos

PR486C

Distribución do fondo adicional ao fondo de cooperación local destinado a concellos para participación en comunidades enerxéticas.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 05/05/2023 00:00 - 05/06/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A  distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na alínea i) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), destinada a concellos de Galicia, para o financiamento da súa participación en proxectos de creación e desenvolvemento de comunidades enerxéticas que contribúan á integración das enerxías renovables na actividade local e incrementen a participación destas no consumo final de electricidade, da calefacción e do transporte.

Concellos de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546211

Email: administracionlocal@xunta.gal

Dirección Xeral de Administración Local

Prazo de presentación: PECHADO

05/05/2023 00:00 - 05/06/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter remitida a conta xeral do exercicio 2021 ao Consello de Contas de Galicia.

b) Que vaian promover ou participar nunha comunidade de enerxías renovables, nos termos establecidos no artigo 6.1.j) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Solicitudes.

1. Para poder recibir a achega regulada nesta orde, os concellos interesados presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local, segundo o modelo que figura como anexo a esta orde.

2. Cada concello só poderá presentar unha única solicitude. Cando o órgano tramitador observe que un concello presenta máis dunha solicitude porallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo.

De non se ter recibido comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes presentadas polo concello.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación que acompaña a solicitude.

1. Os concellos interesados deberán presentar co anexo de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:

a) Certificado da persoa secretaria do concello en que faga constar o acordo do órgano competente da entidade local polo cal se solicita a achega ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela para o proxecto técnico de creación e desenvolvemento dunha comunidade enerxética.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.

b) Unha memoria explicativa do proxecto de comunidade enerxética.

c) O orzamento detallado das actuacións financiables.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de abril de 2023 pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia para a participación en proxectos técnicos de creación e desenvolvemento de comunidades enerxéticas, previsto no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG nº 85 do 4 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano