Guía de procedementos e servizos

PR478A

Aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos heráldicos e bandeiras.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano
Este decreto ten por obxecto regular a composición e funcións da Comisión de Heráldica, así como establecer as normas reguladoras para a adopción, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais de Galicia.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece o artigo 259 da Lei 5/1997, de administración local de Galicia.

Procedemento de aprobación, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais de Galicia.

Os plenos das entidades locais teñen a facultade de adoptar por maioría absoluta os acordos relativos á aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, podendo optar por un dos seguintes procedementos, segundo solicitude do anexo:

a) Solicitar a elaboración das correspondentes propostas á Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia. Os trámites do procedemento serían os seguintes:

1. Elaboración das propostas e memorias heráldicas ou vexilolóxicas pola comisión e remisión á entidade local para súa aprobación.

2. Aprobación da proposta pola maioría absoluta do pleno da entidade local.

3. Sometemento do acordo plenario ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no DOG, e no taboleiro de edictos.

4. Resolución polo pleno das alegacións que se poidan formular.

5. Remisión do expediente completo á Comisión de Heráldica para o seu informe preceptivo e vinculante.

6. Tras o informe favorable elevarase ao Consello da Xunta para a súa aprobación.

b) Elaboración polo propio concello da súa proposta. A dita proposta conterá unha memoria histórico-heráldica, ou vexilolóxica subscrita por unha persoa especialista na materia, na que se expoñan, de forma detallada, breve e precisa, os fundamentos e as razóns que xustifican a súa proposta de adopción, modificación ou rehabilitación do escudo e/ou bandeira. Basearase en feitos históricos ou xeográficos característicos do seu territorio, conforme as normas de heráldica. A tramitación será a seguinte:

1. Aprobación polo pleno da proposta por maioría absoluta.

2. Sometemento do acordo plenario ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos.

3. Resolución polo pleno das alegacións que se poidan formular.

4. Remisión do expediente completo á Comisión de Heráldica para o seu informe preceptivo e vinculante.

5. Elevación ao Consello da Xunta para a súa aprobación se o informe é favorable. Se o informe é desfavorable daráselle tramite de audiencia ao concello.

Entidades locais.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Rúa Madrid, 2-4, edificio EGAP

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540096

Fax: 881997599

Email: administracionlocal@xunta.es

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Para as entidades locais que soliciten a adopción, modificación ou rehabilitación dos seus escudos e bandeiras e optasen polo procedemento do artigo 16.a do Decreto 19/2012, do 11 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia:

    • Solicitude conforme o modelo do decreto.

  • Para as entidades locais que optasen pola elaboración da súa propia proposta:

    • Solicitude conforme o modelo do decreto.

    • Memoria histórico-heráldica conforme as especificacións do proxecto.

    • Certificado da secretaría do acordo plenario de aprobación da proposta.

    • Certificado da secretaría da exposición pública e do resultado da mesma.

  • -A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • -A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).

    • Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia (DOG nº 38 de 25 de febreiro de 2010).

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano