Guía de procedementos e servizos

PR474A

Autorización de alteración do termo municipal.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano
Se vostede actúa en representación dun concello de Galicia e quere proceder á alteración do seu termo municipal nalgún dos casos seguintes deberá solicitarllo á Xunta de Galicia. Os supostos de alteración do termo municipal son:

- Por fusión de dous ou máis municipios limítrofes para constituir un novo municipio.

- Por segregación de parte do territorio dun municipio para constituir outro independente.

- Por incorporación de un ou máis municipios a outro ou outros limítrofes.

- Por segregación de parte do termo dun municipio ou de varios para agregarse a outro limítrofe.

Ningunha alteración poderá dar lugar a un termo municipal discontínuo.

Concellos.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Rúa Madrid, 2-4, edificio EGAP

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540096

Fax: 881997599

Email: administracionlocal@xunta.es

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Certificación expedida polo secretario da corporación relativa ó acordo do Pleno sobre alteración do termo municipal.

  • Plano do termo ou termos municipais obxecto da alteración, sinalando os límites dos novos municipios.

  • Informe no que se xustifique que concorren as motivacións para levar a cabo as modificacións que se propoñen.

  • Memoria xustificativa de que as alteracións non afectan a solvencia dos concellos involucrados.

  • Estipulacións xurídicas e económicas entre as que figure, cando proceda, a forma de liquida-las debedas ou creditos contraídos por cada concello, as fórmulas de administración de bens e a xestión de servizos; calquera outra que conveña aos municipios afectados respecto das obrigas, dereitos e intereses de cada un.

  • No caso de segregación parcial ademais os seguintes documentos:

    • Informe demostrativo de que nin o novo municipio nin o orixinario ou orixinarios carecerán dos medios precisos para o cumprimento dos seus fins.

    • Proxecto de división de bens, aproveitamentos, usos públicos, creditos e calquera outro dereito e obriga entre o concello ou concellos orixinarios e o novo, e bases que se establezan para resolver, posteriormente, calquera outra cuestión.

    • Certificación do Secretario, dos bens, dereitos e aproveitamentos comunais do municipio ou municipios obxecto da segregación, así como dos que correspondan exclusivamente a veciñanza da parte ou partes que se segregan.

    • Certificación do Secretario relativa ao número de electores, habitantes e veciños dos termos municipais e da porción que se pretenda segregar.

  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais (BOE nº 194 do 14 de agosto de 1986).

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano