Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR471A
Admisión ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto desta orde é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta orde e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).
Poderán participar nas probas aquelas persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avda. da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206110
Fax: 886206122
Email: formacion.agasp@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
04/05/2018 00:00 - 23/05/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos esixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas.
Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación será de 50,90 euros, que serán ingresados mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.
Poden acceder ao mesmo dende a páxina Web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal, poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital: de forma presencial, personándose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe publica nesa mesma páxina web, ou telemáticamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telemáticamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.
As/os aspirantes deberán cubrir, nos apartados habilitados para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, como telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:
Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Código: 04.
Delegación de Pontevedra.
Código: 40.
Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.
Código: 19.
Taxa. Denominación: participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación.
Código: 30.48.01.
Total: 50,90 euros.
Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nas epígrafes reservadas para tal fin no devandito modelo.
Están exentos do pagamento desta taxa:
1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregados no Instituto Nacional de Emprego, que poderán autorizar a comprobación desta situación pola Administración, ou presentar o certificado acreditativo da mesma.
2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia, en tal suposto pode autorizar a súa consulta ou ben presentar tal certificación.
A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.
As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:
Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.
Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia-
Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados con anterioridade. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, ó órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou , no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formación da propostas de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
Para a tramitación do procedemento PR471A (anexo I) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións Públicas:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
Situación de desemprego.
Discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.
Certificado de inexistencia de antecedentes penais.
Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1,2,3,4).
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio- Estes modelos presentaranse por medio electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).
-
Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).
-
Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).
-
Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).
-
Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).
-
Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 85 do 3 de maio de 2018).
-
Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).
-
Resolución do 26 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas (DOG nº 122 do 27 de xuño de 2018).
-
Resolución do 20 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio) (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.
Aberto todo o ano