Guía de procedementos e servizos

PR471A

Admisión ao curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 28/06/2021 00:00 - 12/07/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta resolución é a convocatoria de 5 edicións do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

O curso de formación rexerase polo establecido nesta Resolución e no Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao publico en que se realicen.

Este curso de formación vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Fax: 886206122

Email: formacion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

28/06/2021 00:00 - 12/07/2021 23:59

Para poder ser admitido/a no curso de formación será necesario presentar unha solicitude no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública.

As persoas aspirantes deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista nesta convocatoria, os seguintes requisitos esixidos polo artigo 6 do Decreto 48/2021:

a) Ser maior de idade.

b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

c) Carecer de antecedentes penais.

d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.

Presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR471A

As persoas interesadas na realización do curso de formación deberán achegar coa solicitude a documentación seguinte:

-          Certificado de aptitude psicolóxica.

O certificado de aptitude psicolóxica poderá ser expedido por un centro médico-psicotécnico debidamente autorizado consonte o disposto no Real decreto 170/2010, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de centros de recoñecemento destinados a verificar as aptitudes psicofísicas dos condutores ou por persoal colexiado coa titulación de Psicoloxía ou Medicina.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento (PR471A) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).

    • Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).

    • Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).

    • Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).

    • Anuncio do 16 de xuño de 2021 polo que se lles informa ás persoas interesadas na obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas da convocatoria de cursos para obtención da acreditación de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público (DOG nº 120 do 25 de xuño de 2021).

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano