Guía de procedementos e servizos

PR469A

Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Se vostede como representante dunha agrupación de voluntarios de protección civil, municipal ou non, desexa inscribirse no rexistro que para tal agrupación existe na Dirección Xeral de Protección Civil debe facer a correspondente solicitude ante a Xunta de Galicia.

Un dos requisitos para que a Asociación poida ser inscrita no Rexistro é que o seu fin principal sexa colaborar coas autoridades competentes na realización de tarefas relacionadas coa protección civil; así como que sexan de carácter aberto para tódalas persoas físicas residentes no termo ou termos municipais no que a Asociación de Voluntarios desenvolva a súa actividade e apolíticas, sen ánimo de lucro e cun funcionamento interno democrático.

Por municipio só poderá rexistrarse unha sóa Asociación de voluntarios de Protección Civil.

No caso de mancomunidades de municipios e comarcas, só poderá inscribirse unha Asociación de voluntarios con ese ámbito territorial, que poderá coexistir con outras municipais.

Agrupacións de voluntarios de protección civil e asociación.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Emerxencias da Coruña

Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184455

Fax: 981185994

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Emerxencias de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294551

Fax: 982294561

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Emerxencias de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386052

Fax: 988386056

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Emerxencias de Pontevedra

R/ FERNÁNDEZ LADREDA, 43-9º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805500

Fax: 986805404

Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

DOCUMENTACIÓN

AVPC integradas en concellos, comarcas ou mancomunidades

  • Certificación da persoa responsable da secretaría da entidade local do acordo do pleno que aprobou a súa creación.

  • Copia do seu regulamento e/ou estatutos.

  • Certificación oficial coa relación dos compoñentes da xunta directiva da agrupación.

Asociacións constituídas ao amparo da Lei de asociacións

  • Copia da acta fundacional.

  • Copia do regulamento e/ou estatutos.

  • Certificación oficial expedida pola autoridade competente que acredite a súa inscripción no rexistro de asociacións, salvo que se trate dun rexistro da Xunta de Galicia.

  • Certificación oficial coa relación dos compoñentes da xunta directiva da asociación.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regulan as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil (DOG nº 62 do 29 de marzo de 2000).

    • Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia (DOG nº 94 do 16 de maio de 2007).

Outros procedementos relacionados

PR461G

Inscrición proceso de acceso por promoción interna categoría de inspector principal de Policia Local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 12/06/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano