Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR467A
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
1. O presente decreto ten por obxecto regular a concesión de medallas e demais condecoracións que permita ao Goberno galego recoñecer e distinguir publicamente tanto as actuacións destacadas en materia de protección civil como a prestación de servizos por tempo continuado no labor altruísta de apoio e colaboración do persoal voluntario de protección civil (código de procedemento administrativo PR467A).
2. A concesión destas medallas e condecoracións ao mérito de protección civil de Galicia ten por finalidade distinguir as persoas físicas ou xurídicas e/ou institucións que sobresaian polas súas actividades en materia de protección civil, accións de emerxencia en situacións de grave risco, catástrofe ou calamidade pública ou por actuacións que impliquen risco notable, solidariedade excepcional, colaboración e cooperación coas institucións de protección civil, así como a prestación de servizos continuados no tempo, de interese para a protección civil, todo iso no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderanse outorgar estas distincións ao persoal ao servizo das distintas administracións públicas e ao persoal das forzas e corpos de seguridade só nos seguintes casos:
a) Por accións levadas a cabo cando non estean de servizo.
b) Nos casos en que, estando de servizo, se acredite que a súa acción superou o nivel de exixencia regulamentaria no seu cumprimento.
c) Polo traballo continuado e relevante en interese da protección civil.
Condecoracións de protección civil.
Establécense as seguintes condecoracións:
a) Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia na súa categoría de ouro.
b) Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia na súa categoría de prata.
c) Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia na súa categoría de bronce.
d) Distintivo de permanencia.
Persoas físicas ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Rúa Roma nº 25-27 - Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546497
Fax: 981546486
Email: regape.proteccioncivil.pr@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Emerxencias da Coruña
Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184456
Fax: 981184460
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Emerxencias de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294555
Fax: 982294561
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Emerxencias de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386052
Fax: 988386056
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Emerxencias de Pontevedra
GERMÁN ADRIO, Nº 6 - 1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805472
Fax: 986805500
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo máximo de presentación de peticións de solicitudes correspondente a cada ano natural rematará o primeiro de marzo do seguinte ano a aquel en que aconteceron os feitos tidos en conta para a solicitude de concesión da condecoración.
As solicitudes para optar á concesión das medallas ao mérito de protección civil de Galicia, nas súas distintas categorías, poderán ser presentadas por calquera persoa física ou xurídica, representantes de organismos, entidades, asociacións, así como calquera Administración pública.
No caso do distintivo de permanencia para o persoal voluntario, a solicitude poderá efectuala a AVPC a que pertenza o/a voluntario/a e/ou o concello sede da AVPC, achegando a documentación necesaria que acredite a citada permanencia no servizo activo.
As solicitudes, dirixidas á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo VIII) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta como anexo VIII (PR467A) especificando os datos da persoa física, xurídica ou institución a favor da cal se promove a condecoración.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Memoria ou informe das causas, motivos e circunstancias polas que promove a concesión da medalla ou distintivo ao mérito de protección civil debidamente razoadas e fundamentadas, xunto coa documentación que permita levar a cabo a correspondente avaliación.
Certificación de permanencia en servizo activo no caso de que o que se solicite sexa o distintivo de permanencia para o persoal voluntario.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación dos datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIF da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Inicio
- Solicitude (Anexo VIII)
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Decreto 19/2019, do 21 de febreiro, polo que se regulan as medallas ao mérito de protección civil de Galicia e outras condecoracións (DOG nº 44 do 4 de marzo de 2019).
-
Corrección de erros. Decreto 19/2019, do 21 de febreiro, polo que se regulan as medallas ao mérito de protección civil de Galicia e outras condecoracións (DOG nº 45 do 5 de marzo de 2019).
-
Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2020 (DOG nº 65 do 8 de abril de 2021).
-
Corrección de erros. Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2020 (DOG nº 71 do 16 de abril de 2021).
-
Orde do 7 de outubro de 2021 pola que se acorda conceder medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2021 (DOG nº 201 do 19 de outubro de 2021).
-
Orde do 17 de outubro de 2022 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2022 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 17 de outubro de 2022 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2022 (DOG nº 210 do 4 de novembro de 2022).
-
Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2023 (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2023).
-
Corrección de erros. Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2023 (DOG nº 208 do 2 de novembro de 2023).
-
Orde do 19 de abril de 2024 pola que se acorda conceder medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2024 (DOG nº 84 do 29 de abril de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro/modificación de instalacións de almacenamento de produtos químicos.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.
Aberto todo o ano