Guía de procedementos e servizos

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Este decreto ten por finalidade desenvolver as previsións contidas nos artigos 5 e 12 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), establecendo as condicións e o procedemento que deberán observar as academias, escolas ou centros para que a Agasp homologue os cursos de formación que impartan, dirixidos aos colectivos mencionados no artigo 4 da antedita Lei da Agasp.

A Academia Galega de Seguridade Pública homologará, se é o caso, exclusivamente cursos de formación relacionados cos servizos de seguridade pública.

En todo caso, non se homologará ningunha actividade formativa que non sexan cursos.

Academias , escolas au centros que impartan os cursos de formación dirixidos aos colectivos do artigo 4 da Lei da Agasp.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185765

Fax: 981182345

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo

Rolda da Muralla nº 70-1º

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294065

Fax: 982889169

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense

Avda. da Habana, 79-4º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386004

Fax: 988386384

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo

R/Fernández Ladrea, 43-9º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805312

Fax: 986805510

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

R/ Fernández Ladreda nº 43-andar 9º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805312

Fax: 986805299

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Con dous meses de antelación ao día sinalado para o comezo do curso .

As entidades interesadas poderán solicitar a homologación dos cursos que impartan, sempre que estes reúnan os seguintes requisitos:

a) O contido do curso deberá estar relacionado coas actividades formativas que imparta a Agasp.

b) Os cursos terán unha duración igual ou superior ás 20 horas lectivas.

c) O persoal docente contará cunha formación acreditada para impartir os contidos específicos do curso.

d) O curso, deberá sempre contar cunha proba ou sistema de avaliación final para determinar a aptitude do alumnado, sen que se poidan homologar cursos en que só se valore a asistencia.

e) Nos criterios de selección dos participantes deberán respectarse os principios de igualdade, mérito e capacidade.

f) Para a súa realización deberá contarse coas aulas e demais equipamento necesario. En todo caso, as instalacións deberán cumprir coas condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e de seguridade exixidas pola lexislación aplicable aos centros de formación.

  • Homologación de actividades formativas en materia de seguridade ( 30.50.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o modelo normalizado que figura no anexo deste decreto acompañada da seguinte documentación:

    a) Memoria xeral, que como mínimo deberá comprender:

    – Identificación da entidade solicitante.

    – Ámbito territorial da súa actuación.

    – Descrición dos medios tecnicos, materiais, didácticos e instrumentais que se van utilizar no curso.

    – Localización e características do lugar onde se vai a impartir o curso.

    b) Memoria específica do curso que xustifique o seu interese para os membros do sistema integral de protección civil e emerxencias de Galicia, coa seguinte documentación:

    – Denominación, obxectivos, destinatarios, publicidade, programa, contidos do curso e material que se entregará aos/as alumnos/nas.

    – Sistema de avaliación que se van utilizar.

    – Número de horas lectivas, lugar, horario e datas de realización.

    En caso de realizarse na modalidade de teleformación, achegarán un usuario e clave de acceso ao curso.

    – Currículo do profesorado.

    c) Xustificante do aboamento da taxa correspondente.

COMPROBACIÓN DE DATOS

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 59/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establecen as condicións e o procedemento para a homologación pola Academia Galega de Seguridade Pública de cursos impartidos por outras entidades.(DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2012).

    • Corrección de erros.-Decreto 59/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establecen as condicións e o procedemento para a homologación pola Academia Galega de Seguridade Pública de cursos impartidos por outras entidades (DOG nº 33 do 16 de febreiro de 2012).

Outros procedementos relacionados

AP522T

Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos.

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano