Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR410B
Actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Efectúase a presente convocatoria para a actualización das tres bolsas de ámbito autonómico que entraron en vigor o 25 de decembro de 2021 para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia en cada unha das seguintes subescalas:
a) Secretaría-Intervención.
b) Secretaría categoría de entrada.
c) Intervención-Tesouraría categoría de entrada.
As persoas que forman parte das listas xa existentes.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546579
Email: administracionlocal@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
03/04/2024 00:00 - 23/04/2024 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes de actualización de méritos.
1. As persoas que forman parte das listas xa existentes, con independencia da súa situación actual, poderán actualizar os méritos valorados de conformidade co disposto no artigo 4 da Orde do 30 de novembro de 2017 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) e obtidos antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.
Non se admitirá actualización de méritos nos casos de exclusión definitiva por renuncia ao destino sen a conformidade da entidade local ou por calquera outra das causas de exclusión establecidas na citada Orde do 30 de novembro de 2017.
2. Para a actualización de méritos deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR410B, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora a esta resolución como anexo II.
A titulación e a formación exixidas para participar neste procedemento permiten aos aspirantes acceder e dispoñer dos medios necesarios para a presentación de solicitudes e realización doutros trámites regulados nesta resolución utilizando só medios electrónicos, dando así cumprimento á previsión do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. As solicitudes de actualización de méritos virán acompañadas da documentación acreditativa dos novos méritos presentados:
a) Certificado da Secretaría da corporación local correspondente sobre os servizos prestados en postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional en virtude de nomeamento accidental ou interino.
b) Certificación acreditativa emitida polo órgano competente dos exercicios superados da oposición de acceso á escala de funcionarios de la Administración local con habilitación de carácter nacional, onde conste a orde de convocatoria a que corresponden, así como os exercicios superados en cada caso.
6. A documentación acreditativa dos novos méritos alegados deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a citada documentación acreditativa presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código (PR410B) e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
8. Neste procedemento non se require o aboamento de taxas.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación das solicitudes deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Actualizacións de méritos
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG nº 229 do 1 de decembro de 2017).
-
Resolución do 19 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (códigos de procedemento PR410A e PR410B (DOG nº 64 do 2 de abril de 2024).
-
Resolución do 8 de novembro de 2024 pola que se convocan os cursos de formación práctica do persoal interino que desempeñe os postos reservados a funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional (DOG nº 221 do 15 de novembro de 2024).
-
Resolución do 19 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas (DOG nº 246 do 23 de decembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano