Guía de procedementos e servizos

PR305F

Autorización de instalación de salas adicionais de casinos de xogos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Poderá autorizarse a cada un dos casinos de xogo a instalación e funcionamento dunha sala adicional que, formando parte do casino, se atope situada fóra do recinto ou complexo e da cidade no que estea situado este pero dentro da mesma provincia. A dita sala funcionará como adicional ao casino do que forme parte. Nela poderanse practicar todos os xogos autorizados para casino, nos termos establecidos neste capítulo, e deberá contar, en todo caso, cun servizo de admisión e cun servizo de control de acceso.

Empresas explotadoras de casinos de xogos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

a) Ser titular dunha autorización de instalación en vigor dun casino de xogos na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Atoparse ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social establecidas nas disposicións vixentes, así como ao corrente do pago da taxas fiscais sobre o xogo.

c) As zonas destinadas a mesas de xogo das salas adicionais non poderán ter en ningún caso unha superficie superior ao 80% da superficie da zona destinada a mesas de xogos do casino matriz.

  • Autorización de instalación ou de traslado ( 30.11.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo VI.

  • Documento acreditativo de uso ou dispoñibilidade do local.

  • Relación dos servizos complementarios que se prevexa prestar.

  • Planos e proxectos da sala adicional, con especificacións de todas as súas características técnicas, redactados por persoal técnico competente e visados polo colexio profesional respectivo.

  • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

  • Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano