Guía de procedementos e servizos

PR305C

Renovacion da autorizacion de instalacion dun casino de xogos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Mediante este procedemento as empresas titulares dunha autorización de instalación para un casino de xogos poderán conseguir manter a vixencia da súa autorización para o cal deberán presentar a correspondente solicitude de renovación unha vez transcorrido un prazo de dez anos dende o día seguinte a aquel no que lles foi notificada a resolución de autorización de instalación ou, de ser o caso, a da anterior renovación da dita autorización.

Empresas explotadoras de casinos de xogos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A sociedade titular da autorización ten que instar do órgano competente en materia de xogo a súa renovación, como mínimo, seis meses antes da data de expiración de cada prazo de vixencia da autorización.

  • Renovación de autorizacións de instalación e apertura. ( 30.11.03)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo I do Decreto 37/2016, do 17 de marzo.

  • Certificado expedido polo persoal técnico competente de revisión das instalacións do casino.

  • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

    • Corrección de erros. Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79 do 26 de abril de 2016).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano