Guía de procedementos e servizos

PR305D

Transmisión da autorización de instalación dun casino de xogos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Mediante este procedemento as empresas titulares dunha autorización de instalación dun casino de xogos poderán solicitar autorización do órgano competente en materia de xogo para traspasar a titularidade da súa autorización a outra empresa, non considerándose, a estes efectos, que existe transmisión da autorización nos supostos de reorganización empresarial de conformidade coa lexislación vixente.

Empresas explotadoras de casinos de xogos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. Unicamente poderá instarse a tramitación deste procedemento no caso de que transcorresen polo menos cinco anos desde o outorgamento ou renovación da autorización que se pretende transmitir.

2. A sociedade a que se lle pretenda transmitir a autorización terá que cumprir os requisitos esixidos no regulamento de casinos de xogos para ser titular dunha autorización de instalación.

  • Solicitude segundo o Anexo II do Decreto 37/2016, do 17 de marzo.

  • Copia do DNI, NIE ou NIF da persoa solicitante, só no caso de que non autorice a súa consulta.

  • No caso de que a adquirente sexa un proxecto de sociedade, acompañarase copia do DNI, NIE ou NIF da persoa/s socia/s promotora/s solicitante/s, no caso de que non se autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou do documento equivalente no caso de persoas estranxeiras.

  • Copia ou testemuño notarial da escritura de constitución da sociedade e dos seus estatutos, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou, se e o caso, copia ou testemuño notarial desta e resgardo acreditativo da súa presentación no Rexistro Mercantil.

  • Se e o caso, documento subscrito polas persoas socias da compañía que recolla o compromiso de elevar o capital social, como mínimo, ata alcanzar o importe legalmente esixido dentro dos 30 días hábiles seguintes a autorización de transmisión da autorización de instalación do casino de xogo.

  • Para o suposto de que a adquirente non estea constituída como sociedade, unha escritura pública na que se recolla o compromiso das persoas socias promotoras de constituír a sociedade, proxecto da escritura e proxecto dos estatutos sociais.

  • Relación das persoas socias e copia do seu DNI ou NIE, só no caso de que non autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras. Cando se trate de persoas xurídicas, copia da escritura pública de constitución e copia do seu NIF, só no caso de que non autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras.

  • Certificado que acredite que as persoas socias non teñen antecedentes penais expedido polo Ministerio de Xustiza e declaración complementaria de conduta cidadá.

  • Relación de persoas ás que se lle conferise o poder de representación da empresa e copia do DNI ou NIE, só no caso de que non autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras, así como prazo da súa permanencia no cargo e copia ou testemuño notarial da escritura en virtude da cal se lle outorga a capacidade de representación.

  • No caso de que as persoas ás que se lle conferise o poder de representación fosen persoas xurídicas, ademais da copia ou testemuño notarial da escritura en virtude da cal se lle outorga a capacidade de representación, copia da escritura pública de constitución e do seu NIF, só no caso de que non autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente en caso de persoas estranxeiras.

  • Para o suposto de que a adquirinte non estea constituída como sociedade, copia ou testemuño notarial do poder que as persoas socias promotoras outorguen a favor da persoa asinante da solicitude.

  • Certificados da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Axencia Tributaria de Galicia e da Tesourería Territorial da Seguridade Social de estar o día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social respectivamente só no caso de que non autorice a súa consulta.

  • No caso de ser propietario/a, certificación do Rexistro da Propiedade correspondente do inmoble onde estea instalado o casino de xogos ou, noutro caso, os documentos que acreditan a súa dispoñibilidade presente e/ou futura.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

    • Corrección de erros. Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79 do 26 de abril de 2016).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano