Guía de procedementos e servizos

PR305A

Autorización para a instalación de casinos de xogo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Se vostede actúa como representante dunha empresa que quere abrir un casino de xogo debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización de apertura. Para o seu outorgamento deberá cumpli-los seguintes requisitos:

- Estar constituída baixo a forma xurídica de Sociedade Anónima.

- Ostenta-la nacionalidade española e estár domiciliada en España.

- O seu obxecto social único e exclusivo é a explotación dun casino de xogo.

- O seu capital social mínimo equivalente ao produto resultante de multiplicar a capacidade da sala principal pola cantidade de 18.030,36 euros.

- As accións representativas do seu capital social son nominativas.

- O capital social estranxeiro non excede do 25% do seu capital social.

- Posuir administración colexiada.

Empresarios que queiran abrir un casino de xogo.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Autorización de instalación ou de traslado ( 30.11.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo.

  • Copia ou testemuño notarial da escritura de constitución da sociedade e os seus estatutos inscrita no Rexistro Mercantil.

  • Certificados negativos de antecedentes penais dos socios ou promotores, administradores da sociedade, directores, xerentes e e apoderados.

  • Certificación do Rexistro da Propiedade dos solares, edificios ou documentos que acrediten a dispoñibilidade do inmoble.

  • Modelo de contrato entre a sociedade e o director de xogos.

  • Estimación do cadro de persoal.

  • Memoria do casino de xogo, planos e proxectos e estudio económico-financieiro.

  • Relación das medidas de seguridade que se van instalar.

  • Xustificante de aboamento da taxa administrativa.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 114 do 13 de xuño de 1986).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Orde do 9 de xaneiro de 1979 pola que se aproba o Regulamento de Casinos de Xogo (BOE nº 20 do 23 de xaneiro de 1979).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano