Guía de procedementos e servizos

PR220A

Pericias forenses a pedimento de particulares.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto aprobar o modelo normalizado de solicitude, a pedimento de particulares de pericias forenses ao Instituto de Medicina Legal de Galicia nas reclamacións extraxudiciais formuladas por feitos relativos á circulación de vehículos de motor, de conformidade co establecido no artigo 4 do Real decreto 1148/2015, do 18 de decembro.
Entidades aseguradoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Instituto de Medicina Legal de Galicia

R/ Viena, s/n, Edificio Xulgados

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540481

Fax: 981540484

Instituto de Medicina Legal de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Documentación xeral que se debe presentar:

    • a) Se a persoa solicitante e unha persoa física, copia do DNI ou NIE, só no caso de que non se autorice expresamente na solicitude a comprobación dos datos de identidade por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade.

    • b) Se a persoa solicitante e unha persoa xurídica, copia do NIF, só no caso de que non se autorice expresamente na solicitude a súa consulta.

    • c) Se a solicitude se presenta por medio de representante legal, copia do DNI ou NIE da persoa física que actúe como tal, só no caso de que non se autorice expresamente na solicitude a comprobación dos datos de identidade por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade, así como a documentación mediante a cal se acredite de xeito suficiente a representación.

    • d) No caso de que a vítima sexa menor de idade, tivese falecido ou estivese incapacitada, documentación que avale de xeito suficiente a relación existente entre a persoa solicitante e a vítima. Ademais, no caso de incapacidade da vítima, copia da sentenza en que se declare esta situación.

    • e) Certificado de empadroamento da vítima lesionada actualizado na data de presentación da solicitude, só no caso de que non se autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de residencia na solicitude, se a vítima lesionada coincide coa persoa solicitante, ou a traves do modelo do anexo II, cando a vítima lesionada non coincida coa persoa solicitante.

  • Documentación específica que se debe presentar:

    • a) Oferta motivada da entidade aseguradora, que se terá que achegar canda a solicitude para dar curso a esta, de conformidade co artigo 7 do texto refundido da Lei de responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor. A devandita oferta, para a súa validez, deberá cumprir os requisitos do artigo 7.3, en especial, a obriga de incluír o informe medico definitivo que permita valorar as secuelas, as lesións temporais e todas as súas consecuencias persoais. Toda oferta motivada que non achegue o dito informe carecerá de validez, salvo que este se tivese entregado con anterioridade, consonte o establecido no artigo 37.3 do texto refundido da Lei de responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor.

    • b) De conformidade co artigo 5 do Real decreto 1148/2015, do 18 de decembro, consentimento informado da vítima lesionada, ou dos seus familiares no caso de falecemento ou incapacidade desta.

    • c) Xustificante do pagamento do prezo público.

    • d) Calquera outra documentación de interese para o caso.

  • A solicitude poderá ser formulada de común acordo pola entidade aseguradora e o suxeito prexudicado e pode ser presentada por calquera deles. Tamen pode ser formulada e presentada polo suxeito prexudicado só pola súa instancia.

  • A solicitude, que deberá ser, se for o caso, unha por cada vítima lesionada e accidente, deberase dirixir á Dirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia consonte o modelo do anexo I da presente orde.

  • A presentación farase preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/), de acordo co establecido na normativa reguladora da Administración electrónica. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave-365 (https://sede.xunta.es/chave365).

  • Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel na sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia, nas súas subdireccións territoriais ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, de acordo co establecido na normativa reguladora da Administración electrónica.

  • A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou en calquera dos lugares indicados no artigo 2.4 desta orde.

  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa solicitante ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para o efecto, e xunto co documento que se presenta, a persoa solicitante ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.

  • Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa solicitante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 47/2016, do 21 de abril, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes ás pericias efectuadas, por solicitude de particulares, polo Instituto de Medicina Legal de Galicia nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos de motor (DOG nº 83 do 2 de maio de 2016).

    • Orde do 31 de agosto de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude a pedimento de particulares de pericias forenses ao Instituto de Medicina Legal de Galicia nas reclamacións extraxudiciais formuladas por feitos relativos á circulación de vehículos de motor (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1148/2015, do 18 de decembro, polo que se regula a realización de pericias por solicitude de particulares polos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses, nas reclamacións extraxudiciais por feitos relativos á circulación de vehículos a motor (BOE nº 303, do 19 de decembro de 2015).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano