Guía de procedementos e servizos

PE631A

Autorización do centro de recolla para especies eurihalinas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A presente orde ten como obxecto:

a) Regular a comercialización en orixe, que inclúe o desembarco, o transporte e a primeira venda nas lonxas pesqueiras ou nos centros de venda, das especies eurihalinas de interese comercial capturadas nos tramos finais dos ríos.

b) Definir o centro de recolla para especies eurihalinas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Crear un Rexistro de Centros de recolla para especies eurihalinas (en diante, Rexistro).

Sector pesqueiro.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546261

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.es

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Os titulares de centros de recolla para especies eurihalinas preexistentes á entrada en vigor da presente orde deberán solicitar a autorización no prazo dun mes a partir da súa entrada en vigor.

1. As instalacións dos centros de recolla para especies eurihalinas contarán cos elementos adecuados para manter vivas as especies eurihalinas nas mellores condicións posibles, e deben recibir auga dunha calidade tal que non transmita organismos ou sustancias nocivas para os devanditos animais.

2. Os centros de recolla para especies eurihalinas deberán cumprir as condicións que establece a normativa de aplicación que, no que respecta ás condicións das instalacións e a dotación de material, serán as seguintes:

a) Deberá asegurarse, na medida do posible, que os animais estean protexidos contra calquera foco de contaminación.

b) Manteranse limpas todas as instalacións utilizadas e, cando sexa necesario, desinfectaranse axeitadamente tras a limpeza, o equipo, os contedores e as caixas.

c) Utilizarase auga potable o auga limpa cando sexa necesario, para evitar a contaminación.

d) Evitarase na medida do posible que os animais e as pragas provoquen contaminación.

e) Almacenaranse e manipularanse os residuos e substancias perigosas de tal xeito que se evite a contaminación.

3. O acceso ao centro de recolla para especies eurihalinas estará limitado ás persoas titulares deste, as cales, durante a realización dos traballos propios del, respectarán as normas de hixiene deste tipo de instalacións.

4. En cumprimento das obrigas de rastrexabilidade do artigo 18 do Regulamento (CE) núm. 178/2002, do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguranza Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguranza alimentaria, levaranse diariamente rexistros de entradas e saídas dos animais do centro para os efectos do seu control, segundo o modelo que se xunta no anexo I á presente orde.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Documentación descritiva: planos ou croquis que conteñan a maior información posible sobre a situación, o enderezo, as medidas, as características principais e o funcionamento da instalación.

  • Copia da licenza profesional para a pesca de especies eurihalinas.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e adxuntar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

    • Corrección de erros.-Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco (DOG nº 36 do 22 de febreiro de 1994).

    • Decreto 101/2006, do 8 de xuño, de modificación do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco (DOG nº 120 do 23 de xuño de 2006).

    • Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 52, do 13 de marzo de 2008)

    • Orde do 8 de febreiro de 2016 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 41 do 1 de marzo de 2016).

    • Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2008).

    • Orde do 2 de febreiro de 2010 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 26 del 9 de febreiro de 2010).

    • Corrección de erros.-Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2008).

    • Corrección de erros.-Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca (DOG nº 58 do 26 de marzo de 2008).

    • Orde do 10 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 8 de febreiro pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 114, do 13 de xuño de 2008).

    • Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008, pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Lei 1/2009, do 15 de xuño, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 116 do 16 de xuño de 2009).

    • Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial (DOG nº 69 do 9 de abril de 2014).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano