Guía de procedementos e servizos

PE609B

Bolsas para a formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 22/07/2021 00:00 - 23/08/2021 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas para completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña, así como convocar oito (8) bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento administrativo PE609B).

Técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546151

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://mar.xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

22/07/2021 00:00 - 23/08/2021 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do título de técnico/a superior e ter rematados os estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2018 dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das especialidades que se relacionan:

a) Solicitantes de bolsas en actividades marítimo-pesqueiras/acuicultura:

– Título de técnico superior en Acuicultura.

b) Solicitantes de bolsas en Química/Análise e Control:

– Título de técnico superior en Análise e Control.

2. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.

4. Non ter sido persoa beneficiaria destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, durante un período dun (1) ano ou superior.

5. Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Presentación de las solicitudes.

As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentaranse conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, acompañada dun índice, e ordenada segundo se indica:

a) Certificación académica completa dos estudos realizados, con detalle das materias cursadas e das cualificacións obtidas.

b) Xustificación do pagamento dos dereitos de expedición no caso de non ter o título académico de técnicas/os superiores de ciclos formativos de grao superior.

c) Poder de representación da persoa representante, de ser o caso. A representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

d) Curriculum vitae da persoa solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados (debidamente relacionados e paxinados). Non serán computables aqueles méritos alegados que non estean convenientemente xustificados.

e) Certificado de Celga ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Serán causas de exclusión a demostración da falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais e a incorrección na documentación presentada.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, se for o caso.

c) Título académico (non universitario) de técnicos/as superiores de ciclos formativos de grao superior, correspondente co da familia/especialidade da bolsa a que opta.

d) Certificado de estar ao día nos pagamentos das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

f) Consulta da condición de bolseiro/a ou de non ter sido persoa beneficiaria destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, durante un período dun (1) ano ou superior.

g) Certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) cando fosen expedidos pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) No caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan as bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña (DOG nº 138 do 21 de xullo de 2021).

    • Extracto da Orde do 2 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan as bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña (DOG nº 138 do 21 de xullo de 2021).

Outros procedementos relacionados

PE606A

Prazas de residencia e comedor nos centros dependentes da Consellería do Mar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/07/2024 00:00 - 02/06/2025 23:59

PE607A

Autorización de cursos de titulacións náutico-pesqueiras para entidades.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE607C

Matrícula dos cursos de titulacións náutico-pesqueiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE601C

Bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para as persoas tituladas en ciclos formativos en acuicultura.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 08/09/2023 00:00 - 09/10/2023 23:59