Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE410A
Plans de xestión de recursos específicos.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
A presente orde ten por obxecto regular as habilitacións necesarias para a explotación de recursos específicos e os plans de xestión para estes recursos.
Para os efectos da súa regulamentación, intégranse na categoría de recursos específicos o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anemones e poliquetos, así como calquera outro que determine a consellería competente en materia de marisqueo mediante a aprobación do correspondente plan de xestión.
Será de aplicación á explotación de recursos específicos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de marisqueo.
Os plans de xestión terán o seguinte contido:
a) Obxectivos xerais.
1º. Obxectivos de produción en quilos para a/s especie/s.
2º. Obxectivos económicos do plan para a/s especie/s.
3º. Número de mariscadores/as a pé e/ou relación de embarcacións coa modalidade de recurso específico xunto coas persoas tripulantes enroladas en cada unha delas.
4º. Ingresos medios por mariscador/a e/ou embarcación.
b) Avaliación dos recursos.
c) Plan de extracción e medidas de conservación.
1º. Especies obxectivo.
2º. Zonas de traballo.
3º. Horario de actividade.
4º. Artes a empregar.
5º. Tamaños mínimos.
6º. Calendario previsto de extracción nas distintas zonas, incluíndo o número probable de días.
7º. Cotas de captura previstas por mariscador/a e día ou embarcación para cada especie.
8º. Puntos de control.
d) Accións de conservación, mellora e acondicionamento das zonas.
1º. Accións previstas: limpezas, rareos, traslados, control de depredadores, control de especies exóticas e invasoras etc., indicando as zonas e datas.
2º. Metodoloxía que se empregará.
3º. Investimentos previstos para as accións.
e) Accións de coidado, control, seguimento, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros.
f) Impacto ambiental da actividade marisqueira. Medidas para diminuír o impacto e protexer a biodiversidade.
g) Seguimento técnico das medidas de xestión e conservación dos recursos.
h) Plan de comercialización.
1º. Lonxa e/ou centro de venda.
2º. Normas de comercialización: tamaños mínimos, prezos mínimos e outros datos relevantes.
i) Accións formativas para unha mellor xestión e conservación dos recursos específicos.
j) Plan financeiro.
1º. Gastos previstos de xestión e investimentos.
2º. Ingresos previstos: cotas, porcentaxes de ingresos para reter, subvencións e outras axudas.
Confrarias ou entidades asociativas del sector.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547479
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182012
Fax: 981182228
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Celeiro)
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555028
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Vigo)
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817121
Fax: 986817030
Prazo de presentación: ABERTO
Dende 14/01/2025 ata 30/09/2027
Segundo o artigo 19:
Pto 4.Os plans de xestión de nova incorporación de recursos específicos deberán ser presentados ante a consellería competente en materia de marisqueo antes do 1 de outubro do ano anterior ao de inicio.
Non se aplicará o disposto no punto 1 do artigo 54 desta orde a aquelas solicitudes de plan de xestión que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a seguir, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:
a) Avaliación do recurso.
b) Plan de extracción e comercialización.
c) Plan financiero.
Solicitude segundo o Anexo VII.
Plan de xestión:
Percebe.
Algas.
Equinodermos.
Solénidos.
Peneira.
Anémonas.
Poliquetos.
Outros.
Documentación que acredite que a proposta do plan de xestión foi aprobada pola agrupación sectorial, se é o caso, e que recibiu informe ou aprobación, segundo o caso, do órgano competente da entidade asociativa.
- Fase de inicio
- Documento de solicitude (Anexo VII)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).
-
Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016).
-
Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 31 do 15 de febreiro de 2011).
-
Corrección de erros.-Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2011).
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59
Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros
Prazo aberto: 10/07/2025 00:00 - 11/08/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano