Guía de procedementos e servizos

PE410C

Extración de poliquetos para uso como engado desde embarcación.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 31/12/2015 00:00 - 31/12/2016 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
O obxecto desta orde é aprobar os plans de explotación para poliquetos para o ano 2016, que foron elaborados polas entidades asociativas do sector, así como regular as solicitudes e prazo para:

- A captura de poliquetos como cebo nas embarcacións de pesca para o ano 2016.

As persoas armadoras de embarcacións que contan no permiso de explotación con modalidades de anzol e que estean utilizando poliquetos como cebo, deberán solicitar autorización para a captura de poliquetos.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

31/12/2015 00:00 - 31/12/2016 23:59

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de decembro de 2016.

Non se poderán realizar extraccións naquelas zonas en que existan plans de explotación para outros recursos.

  • As persoas armadoras das embarcacións que contan no permiso de explotación con modalidades de anzol e que estean utilizando poliquetos como cebo, deberán solicitar autorización para a súa captura.

  • As solicitudes dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, e deberán presentarse cunha anticipación mínima de 10 días á data de inicio da actividade.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • O formulario normalizado ao que se refire o apartado anterior correspóndese co anexo III desta orde.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de febreiro de 1998 pola que se regula a extracción de poliquetos, vermes mariños para cebo, no litoral de Galicia (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 1998).

    • Orde do 18 de abril de 2006 pola que se regulan os plans de explotación específicos para poliquetos e se aproban os plans para a explotación de poliquetos no litoral de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2006).

    • Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban os plans para a explotación de poliquetos en Galicia para o ano 2016 e se regula o seu exercicio (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    • Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban os plans de poliquetos en Galicia para o ano 2016 e se regula o seu exercicio (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2016).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano