Guía de procedementos e servizos

PE201B

Axudas destinadas a pemes do sector transformador.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 27/12/2018 00:00 - 28/01/2019 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e a convocatoria para o ano 2019 de axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Finalidade das axudas.

As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:

• Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.

• Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.

• Axuden á transformación de capturas de pescado comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.

• Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

• Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) núm. 834/2007.

• Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas, xurídicas, pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria

Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias

San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546292

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.es

http://www.xunta.gal/mar

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182010

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Celeiro)

AVDA. RAMON CANOSA, S/N - CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555035

Fax: 982555007

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Vigo)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817129

Fax: 986817118

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Prazo de presentación: PECHADO

27/12/2018 00:00 - 28/01/2019 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

3. Non poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.ç

4. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

8. Non ter cometido infracción grave:

– Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;

– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

9. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

10. Non estea nin estivera nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estiveran nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

11. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

12. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

13. A solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do seu representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2 ao 11 do artigo 5 desta orde.

9. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Requisitos específicos das persoas beneficiarias.

Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Os investimentos teranse que realizar nun centro produtivo localizado en Galicia.

b) Deberán figurar de alta na Axencia Española de Administración Tributaria dentro das epígrafes relacionadas coa transformación de produtos procedentes da pesca, do marisqueo ou da acuicultura.

c) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).

d) Os investimentos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio desles nos termos indicados no artigo 11 desta orde.

No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización dos mesmos por parte dos servizos da Consellería do Mar.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.

  • Anexo III. Formulario do investimento.

  • Anexo IV.1. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.

  • Anexo IV.2. Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.

  • Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso.

  • Anexo VI.1 de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa física, unha pluralidade de persoas físicas, unha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica.

  • Anexo VI.2 de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa xurídica.

  • Anexo VI.3 de declaración de peme só para as persoas relacionadas no punto 3 do anexo VI.2.

  • Anexo XI. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.

  • Documentación complementaria:

  • Si o solicitante é unha persoa física

    • Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

  • Si o solicitante é unha persoa xurídica

    • Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.

    • Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

    • Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

    • Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas no último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

    • Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

    • Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas polo solicitante ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas onde o solicitante estea incluído por consolidación, do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

    • Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

  • Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas

    • Documento de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso.

    • No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estean en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

    • Anexo IV.1 de Pluralidade de persoas físicas ou anexo IV.2 de Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.

    • Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.

    • A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario, deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.

    • Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, de cada solicitante asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

    • No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, a efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

  • Outra documentación complementaria

    • Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, ou no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

    • Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio en curso para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

    • Certificado actualizado da declaración censal de alta en obrigas tributarias de cada solicitante, no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación de data posterior á da publicación da orde.

  • Plan de financiamento do proxecto:

    • Informe no que se indique a forma na que se vai a financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos tipos de financiamento. Documentación xustificativa do tipo de financiamento:

    • Recursos propios:

      • Certificados bancarios actualizados debidamente asinados e selados das contas do solicitante onde consten o/s titular/es das mesmas, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. As contas de crédito se consideran recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a dispoñibilidade da mesma, ou en caso contrario, o prazo de vencemento.

      • Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital dineraria, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/s certificado/s bancario/s do/s desembolso/s do mesmo.

    • Recursos alleos:

      • Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.

      • Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito á que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.

      • Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/s desembolso/s do mesmo, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso. Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).

      • Cando o importe do investimento supere a contía de 40.000 euros, no caso de execución de obras ou de 15.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores e deberá cubrir o anexo V desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

      • Facturas pro forma do investimento a realizar con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipos e sistemas que os integran, con aporte no seu caso dos planos, croquis ou vistas 3D necesarias para a súa correcta definición.

      • Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude da mesma, sen prexuízo da achega destes segundo establece o artigo 22.4º. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.

      • Se a realización do investimento require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. O proxecto tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato JPG ou PDF. Deberán achegarse os planos de situación, localización, de antes e despois da realización do investimento que se solicita.

      • Documentación que demostre que a titularidade da instalación onde se van desenvolver os investimentos é do solicitante da axuda, que virá dada pola nota simple do Rexistro da Propiedade da instalación. En caso de que a instalación estea alugada á empresa solicitante ou en cesión de uso, xuntarase contrato de aluguer ou de cesión de uso elevado a escritura pública notarial.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante, da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, segundo corresponda.

  • Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas da persoa física solicitante, dos últimos dous anos.

  • Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • Certificación de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  • Certificación de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

  • Informe acreditativo de acharse ao corrente de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga).

  • Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial correspondente da Consellería do Mar.

  • Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

  • Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

  • Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais (cando o solicitante sexa unha persoa física).

  • Informe acreditativo do Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP.

  • Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtido do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

  • Resolución de concesión doutras axudas para o mesmo proxecto concedidas pola Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Orde do 30 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2019 (DOG nº. 245 de 26 de decembro de 2018)

  • Ámbito Estatal
    • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003)

    • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 de 25 de xullo de 2006).

    • Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, de 21 de xulio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 270 de 11 de noviembre de 2006).

    • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

    • Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59