Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE201C - Axudas destinadas a establecementos de cocción do mexillón.
Poderán ser subvencionables de conformidade con esta orde o financiamento dos elementos de sistemas de depuración de augas residuais de industrias e construcións e elementos auxiliares aos mesmos, cuxa actividade principal sexa o proceso de cocción do mexillón e que vertan directamente as súas augas residuais industriais ao dominio público marítimo terrestre ou ás redes públicas de saneamento.
Gastos subvencionables.
1. Equipamentos e instalacións de depuración de primeiro uso de augas residuais, procedentes da cocción industrial do mexillón.
2. Construcións e elementos auxiliares aos sistemas de depuración de augas residuais.
3. Os gastos de proxecto técnico, estudos técnicos de validación dos proxectos e dirección de obra ata un límite do 12 por cento do custo do investimento total indicado no proxecto, sempre que a actuación á que se refira resulte seleccionada.
No caso de investimentos materiais, será requisito imprescindible para a concesión da axuda que os servizos da consellería certifiquen o non inicio dos investimentos con anterioridade ao comezo da execución.
No caso de investimentos materiais, será requisito imprescindible para a concesión da axuda que os servizos da consellería certifiquen o non inicio dos investimentos con anterioridade ao comezo da execución.
Non se consideran subvencionables:
1. O imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro imposto recuperable polo beneficiario.
2. Os gastos de reparacións, conservación, funcionamento e mantemento dos bens e equipos. As substitucións de equipos e máquinas, salvo que a nova adquisición corresponda a equipos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola súa tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento, e aporten unha mellora substancial ben nos procesos de produción ou na creación de emprego. Non obstante, serán subvencionables os investimentos que se deriven das adaptacións dos sistemas de depuración de augas residuais industriais, que así se deriven das actuacións establecidas no protocolo.
3. Os gastos de aluguer de equipos e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing). Para ser subvencionables estes investimentos, deberá ser exercida a opción de compra unha vez finalizado o período do leasing. En todo caso, cómpre a achega dun compromiso de adquisición do ben xunto coa solicitude.
Outros custos relacionados co contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, non serán subvencionables. Os investimentos aprobados inicialmente como compra non poderán ser imputados como gastos de leasing ou viceversa, salvo que dito cambio sexa solicitado e aprobado polo órgano concedinte.
4. Adquisicións de maquinaria, instalacións e equipamento de segundo uso.
5. Adquisición de elementos e todo tipo de bens pagados en efectivo.
6. Calquera gasto que de acordo coa normativa aplicable resulte ser non subvencionable.
Obrigas dos beneficiarios.
1. Os beneficiarios, ao formalizar a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.
2. Os beneficiarios deberán:
a) Executar o proxecto subvencionado dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, na presente orde de convocatoria ou demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a comprobación documental e material do mesmo.
b) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, este non pode:
- Cesar ou relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.
- Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento de infraestructura de forma que proporcione unha vantaxe indebida
- Producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.
A axuda deberá reembolsarse integramente se, nos dez anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, a actividade produtiva se somete a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando o beneficiario sexa unha peme.
c) Acreditar mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
d) Destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o que se conceda a subvención durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello
e) Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo órgano concedinte ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e aportar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
f) Comunicar ao órgano concedinte a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente, tanto públicos como privados.
g) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co establecido no articulo 20.3 da Lei 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, co fin de acreditar de que o solicitante está ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade autónoma galega. Non obstante, se por razóns técnicas ou doutras índole estes certificados non puidesen ser obtidos polo órgano xestor, poderán serlles requiridos aos interesados.
h) No caso de axudas concedidas a bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe de subvención concedida e o período durante o cal os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.
i) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
j) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable aos beneficiarios.
k) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
l) Comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que foi concedida a axuda de que se trate.
m) Darlle a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
n) Os beneficiarios comprométense a ter a autorización de vertidos de augas residuais nos dous anos seguintes ao do cobro da axuda, o que deberán acreditar cun certificado de Augas de Galicia, ou do organismo competente. Da mesma forma, deberán aportar as autorizacións, concesións, permisos e licencias que precisen da autorización de vertidos de augas residuais para a súa obtención, nos dous anos seguintes ao do cobramento da axuda. O feito de non aportar estes documentos, poderá ser causa de reintegro da axuda.
o) Os beneficiarios deberán contar coa validación, por parte da Universidade de Santiago de Compostela, de que o proceso de tratamento proposto se axusta á mellor tecnoloxía dispoñible.
- Para poder obter a condición de beneficiario destas axudas, será requisito imprescindible que o solicitante teña asinado o protocolo de colaboración entre a Consellería do Mar, Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación AGACOME e outras empresas, para a consecución dunha redución da carga contaminante das augas residuais provenientes do proceso de cocción industrial do mexillón. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas, aquelas empresas que aínda que non teñan asinado inicialmente o citado protocolo, se adhiran a el no prazo establecido para a presentación das solicitudes.
- Para poder ser beneficiario destas axudas, as empresas solicitantes deberán ter as autorizacións pertinentes para a realización do investimento, con excepción da autorización de verteduras de augas residuais.
- Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).
- Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 45-7º do Regulamento (CE) nº 1005/2008, do Consello, de 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, modifícanse os Regulamentos (CEE) nº 2847/93, (CE) nº 1936/2001 e (CE) nº 601/2004, e derróganse os Regulamentos (CE) nº 1093/94 e (CE) nº 1447/1999, nin os operadores que participen na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, en atención ao artigo 40 do citado Regulamento.
- As axudas aos investimentos, de acordo co previsto no artigo 69 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas tal e como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, de 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOCE, serie L nº 124, do 20 de maio). As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo a Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros, terase en conta o indicado na citada Recomendación.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547479
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Lugo (Celeiro)
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016, tramitada como expediente anticipado de gasto (DOG nº 249 31 de decembro de 2015).
Orde do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2016, tramitada como expediente anticipado de gasto. (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento europeo e do Consello.
Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións común relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural y ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.
Prazo de presentación: PECHADO
16/02/2016 00:00 - 15/03/2016 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación da orde do 20 de xaneiro de 2016 no Diario Oficial de Galicia.
- 1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
2. Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. A documentación complementaria poderá presentarse en formato electrónico, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
4. A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
9. A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:
Anexo I, de solicitude da axuda.
Anexo II, de declaración de empresas asociadas e/ou vinculadas á solicitante.
Anexo III, declaración de persoas físicas partícipes na empresa.
Anexo IV, autorización verificación de datos de identidade só para persoas físicas.
Anexo V, declaración doutras axudas.
Anexo VI, relación de ofertas solicitadas e elixidas.
Anexo VII, de datos xerais da entidade solicitante e memoria descritiva e tecnica.
10. A documentación complementaria está relacionada na epígrafe «Documentación que se presenta ou se declara estar en poder da administración» do anexo I.
11. Considerase o mínimo imprescindible para a tramitación de solicitudes a presentación da seguinte documentación:
O anexo I de solicitude da axuda asinado cos datos da primeira folla debidamente cubertos.
O orzamento de custos do proxecto, no cal se relacionarán todos os investimentos que se van realizar co seu correspondente importe sen IVE segundo o modelo do Cadro 2 do anexo VII.
Informe tecnico do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela elaborado de acordo co establecido no Protocolo de colaboración coa entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación AGACOME e outras empresas, no que se indique que o proxecto presentado responde á mellor solución posible, e que e compatible coas características da instalación actual.
Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta documentación, emitíndose nestes casos resolución de inadmisión.
12. A solicitude e demais anexos normalizados en formato electrónico poderanse descargar das páxinas https://sede.xunta.es e http://webpesca.xunta.es
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo VI (Xustificación)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"