Guía de procedementos e servizos

PE155C

Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 24/06/2026 00:00 - 23/07/2026 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Regular o procedemento para a  concesión das axudas para á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización (PPeC) que se executen no ano 2025 polas organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores pesqueiros recoñecidas no ámbito autonómico de Galicia

Poderán solicitar estas axudas :

As organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores con ámbito exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren dadas de alta no Rexistro establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, tanto se solicitan un anticipo coma se non.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

Praza de Europa 5A - 4º - Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546289

Email: oppga.mar@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/12/2025 00:00 - 19/01/2026 23:59

24/06/2026 00:00 - 23/07/2026 23:59

Prazo para a solicitude de anticipo (19/12/2025 00:00 -19/01/2026 23:59)

A presentación da solicitude do anticipo ten carácter potestativo e o prazo para a súa presentación será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo para a solicitude da axuda (24/06/2026 00:00 - 23/07/2026 23:59)

O prazo para presentar a solicitude da axuda será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se abre o prazo da fase para a presentación das solicitudes de axudas aos plans de produción e comercialización do ano 2025 das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Aquelas entidades que fosen beneficiarias dun anticipo e non presenten solicitude nesta fase deberán reintegrar a totalidade do anticipo concedido, así como os correspondentes xuros de demora, nos termos establecidos na Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para acceder a estas axudas, as entidades solicitantes deben cumprir os requisitos xerais e específicos que se establecen nas bases reguladoras, así como os sinalados na presente orde, e será necesario ter obtido a aprobación do Plan de produción e comercialización (PPeC) na fase do anticipo, e do informe anual de actividades correspondentes ao ano 2025 na fase da axuda.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

As entidades solicitantes destas axudas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria, segundo a fase do procedemento a que se refira a solicitude:

1. Fase do anticipo:

a) Poder suficiente, ou outra documentación acreditativa, da persoa física que actúe en nome e representación da organización, salvo que a capacidade de representación se recolla nos estatutos.

b) Copia da escritura de constitución e dos estatutos da sociedade, así como das modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro que corresponda.

c) Certificado actualizado da declaración censual de alta nas obrigas tributarias.

d) Certificado de antecedentes penais da persoa xurídica. Obterase a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza e conterá a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de comprobar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP, FEMP ou FEMPA.

e) Resolución de aprobación do Plan de produción e comercialización referido á anualidade 2025.

2. Fase da axuda: resolución de aprobación do informe anual de actividades referido á anualidade 2025, derivado do Plan de produción e comercialización.

3. Aquelas entidades que non presentasen a solicitude do anticipo deberán presentar a totalidade da documentación complementaria a que se refiren os puntos anteriores no prazo establecido para presentar a solicitude na fase de axuda.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será preciso achegar os documentos xa presentados con anterioridade pola entidade solicitante ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que se obterán electronicamente a través das redes corporativas ou a través da consulta ás plataformas de intermediación de datos e outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da entidade solicitante.

De xeito excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse de novo a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

6. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o faga necesario ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas polas entidades solicitantes, para o cal poderá requirir a achega do documento ou da información orixinal.

7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de maneira presencial. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Sempre que se realice a achega de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, no caso de dispor del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse de oficio os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

Fase de anticipos:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa que actúa como representante.

c) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

d) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

e) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

f) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

g) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

h) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

Fase de axudas:

a) Resolución da axuda outorgada para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia.

b) Concesións de subvencións e axudas.

c) Non ter sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA.

d) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infrinxir a normativa marítimo-pesqueira, emitido pola unidade competente da Consellería do Mar.

e) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave na política pesqueira común (PPC), do Regulamento (CE) 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control.

f) Informe acreditativo de non estar nin ter estado involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na listaxe comunitaria dos buques INDNR, segundo o disposto no artigo 11 do Regulamento (UE) nº 1139/2021, relativo ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.

g) Rexistro Central de Titulares Reais.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario que corresponda e achegar os documentos acreditativos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite obter os documentos sinalados, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a súa achega.

4. O órgano que tramite as axudas fará calquera outra comprobación exixida pola lexislación vixente, logo da comunicación á entidade solicitante. En todo caso, faralle saber os efectos de manifestar a súa oposición ou, de ser o caso, a necesidade de achegar a documentación xustificativa exixida pola normativa correspondente.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Resolución do 11 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2024 (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2025).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se convocan axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), executados no ano 2025 e coa posibilidade de conceder anticipos (DOG nº 244 do 18 de decembro de 2025).

    • Extracto da Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se convocan axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), executados no ano 2025 e coa posibilidade de conceder anticipos (DOG nº 244 do 18 de decembro de 2025).

    • Resolución do 11 de xuño de 2026 pola que se abre o prazo da fase para a presentación das solicitudes de axudas aos plans de produción e comercialización do ano 2025 das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG nº 116 do 23 de xuño de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268, do 4 de novembro de 2017).

    • Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).

    • Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164, do 8 de xullo de 2016).

  • Ámbito Europeo
    • Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014, relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) non 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

    • Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.

    • Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

    • Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004.

    • Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.

    • Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401D

Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano