Guía de procedementos e servizos

PE155C

Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 14/07/2021 00:00 - 13/08/2021 23:59

Consellería do Mar

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) recoñecidas con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e o artigo 66 do Regulamento (UE) nº 508/2014 e o artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

2. Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria para o ano 2021 destas axudas.

As OPP poderán solicitar as axudas polos gastos realizados na preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización aprobados para a campaña 2020.

O código do procedemento administrativo correspondente a estas axudas é o PE155C.

3. As actuacións obxecto de axuda enmárcanse no programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para España, dentro da prioridade 5 do artigo 6 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 2328/2003, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007, do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.

Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) cuxo ámbito de actuación sexa a Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

Praza de Europa 5A - 4º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546261

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.es

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Prazo de presentación: PECHADO

14/07/2021 00:00 - 13/08/2021 23:59

Para esta convocatoria do ano 2021 o prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo día ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo expira o último día de mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Requisitos xerais das beneficiarias.

As beneficiarias das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:

a) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Non ter cometido infracción grave da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

e) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

f) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello.

g) Manter a condición de beneficiaria, cumprindo os requisitos de admisibilidade previstos no artigo 10 do Regulamento FEMP.

h) Cumprir o disposto nos artigos 71 e 140 do Regulamento 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 (Regulamento RDC).

i) Levar unha contabilidade separada, ou dispor dun código contable adecuado das transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento.

j) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

k) Someterse a actuacións de control dos distintos órganos competentes.

Requisitos específicos das beneficiarias.

Sen prexuízo do anterior, a beneficiaria deberá previamente cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter aprobados os seus plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2020, en cumprimento dos obxectivos da OCM establecidos nos artigos 3 e 7 do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e de acordo ao artigo 14 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

b) Así mesmo, deberán ter aprobado o informe anual correspondente ao exercicio do plan de produción e comercialización indicado no apartado anterior, de acordo co artigo 28.5 do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro e co artigo 15 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

c) As medidas aprobadas no PPEC e posteriormente executadas e xustificadas no informe anual deberán contar coa calidade técnica necesaria. Do mesmo xeito, o órgano instrutor poderá solicitar un informe a outros organismos públicos para que avalíen se os traballos se axustan ao tempo e orzamento presentados no informe anual.

No caso de se detectaren traballos plaxiados, a xuízo da comisión de valoración, ou de calidade insuficiente segundo o disposto no parágrafo anterior, a comisión de valoración informará de que esa medida non é elixible, sen prexuízo da aplicación da normativa antifraude que corresponda.

Forma de presentación.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesada presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II, formulario de gastos subvencionables por medida.

b) Anexo III, relación de xustificantes (no cal virán relacionados e clasificados por medida os investimentos da actividade, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento).

c) Anexo IV, memoria resumo (que inclúa o importe aprobado por medida do PPEC, o importe aprobado dos informes anuais e os gastos finalmente executados e xustificados).

d) Anexo V, de gastos de persoal, onde se detalle o obxecto dos traballos que se van realizar e o tempo de execución expresado en horas do persoal para cada medida.

e) Anexo VI, gastos de persoal, no que se xustificarán os gastos de persoal propio dedicado á supervisión, control ou elaboración de medidas do PPEC.

f) Anexo VII, gastos de persoal, no cal virán relacionados de xustificantes de pagamento de nóminas.

g) Anexo VIII, gastos de viaxe, onde se detallará a xustificación do gasto e a liquidación individual do gasto.

h) Ademais, segundo proceda, as persoas interesadas deberán presentar:

h.1) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos: deberá presentar o poder ou outra documentación acreditativa das facultades representativas da persoa física que actúe como representante da persoa xurídica.

h.2) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.

h.3) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

h.4) Certificado acreditativo de que a entidade carece de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.

h.5) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros no caso de execución de obras, ou de 15.000 euros no caso de subministración de bens ou prestacións de servizos, a beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

i) Documentación xustificativa.

Así mesmo, as solicitudes para as axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, presentaranse xunto coa seguinte documentación complementaria de xustificación:

i.1) Xustificantes dos investimentos efectuados que consistirán, de forma xeral, nas facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente, contratos (de obra ou de servizo) e nóminas, detalladas o máximo posible.

i.2) Xustificantes das transferencias bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados. Os xustificantes bancarios identificarán a factura ou facturas pagadas e os seus importes.

i.3) Documento coa descrición de funcións desenvolvidas do posto de traballo e relacionadas coas tarefas que se van desenvolver nas medidas que se inclúan nos plans de produción e comercialización e co rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida, polo persoal que corresponda.

i.4) Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos RNT (relación nominal de traballadores), RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e o modelo 111 (retencións e ingresos á conta do IRPF).

i.5) Xustificante do pagamento das nóminas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Para a presentación da documentación á que fai referencia este artigo, as organizacións de produtores ás que se refire o artigo 3 desta orde, deberán facer uso da aplicación informática de xestión de OPP de Galicia OPPGA, que a Consellería do Mar ten habilitada para estes efectos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborado polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas concedidas pola Xunta de Galicia.

d) Consulta de concesións de subvención e axudas.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

g) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido polo Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar.

h) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

i) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (CE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Informe do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar de non ter cometido infraccións graves conforme ao disposto no artigo 10.1.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

j) Non ter sido declarado culpable de cometer fraude segundo o Sistema nacional de publicidade de subvencións do Ministerio de Facenda, no marco do FEMP.

k) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

l) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

m) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

n) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento, realizaranse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).

    • Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).

    • Extracto da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).

    • Resolución do 30 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade das axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2021 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164, do 8 de xullo de 2016).

    • Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268, do 4 de novembro de 2017).

    • Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).

    • Real Decreto 703/2020, de 28 de xullo, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas á paralización temporal da actividade pesquera para poder facer fronte ao impacto económico e social derivado da pandemia de COVID-19, convócanse ditas axudas para o primeiro tramo do exercicio 2020 e modifícanse distintos reais decretos relativos á regulación das organizacións profesionais no sector da pesca e a acuicultura e para o exercicio da pesca recreativa (BOE nº 209 de 3 de agosto de 2020).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.

    • Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

    • Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.

    • Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.

    • Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014, relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) non 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

    • Regulamento (UE) 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) 2328/2003, (CE) 861/2006, (CE) 1198/2006 e (CE) 791/2007 do Consello.

    • Regulamento (UE) 2020/560 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de abril de 2020 polo que se modifican os Regulamentos (UE) nº 508/2014 e (UE) nº 1379/2013 en relación con medidas específicas para atenuar o impacto do brote de COVID-19 no sector da pesca e a acuicultura.

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano