Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE155A - Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante EDLP) aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante GALP).
Tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2016 de acordo coas bases reguladoras.
As axudas xestionaranse en colaboración cos GALP no seu respectivo ámbito territorial.
Proxectos.
1. Os proxectos que se presenten poderán ser de dous tipos: para investimentos produtivos e para investimentos non produtivos.
2. Defínense como investimento produtivo: as actividades que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego.
3. Defínense como investimento non produtivo: os que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectos a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.
4. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada para a zona pesqueira onde se vaian desenvolver.
b) Estar localizados no ámbito territorial elixible de cada GALP.
c) Ser viables técnica e economicamente.
d) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
Beneficiarios de proxectos de investimento produtivo.
Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial do GALP correspondente.
b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
c) No caso de municipios densamente poboados nos que na EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias), poderán ser beneficiarios:
1º. As persoas xurídicas e as persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias.
Para estes efectos, enténdense por familias as persoas físicas que conten dentro da súa unidade familiar, cun membro de ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que sexa pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a, ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballara neste sector de maneira significativa.
d) Os beneficiarios dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme, agás as entidades públicas de carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
e) Non ser unha empresa en crise, segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).
Beneficiarios de proxectos de investimento non produtivo.
1. Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento non produtivo:
a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.
b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.
c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.
d) Entidades públicas locais.
e) Asociacións declaradas de utilidade pública.
f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:
1º. Fomentar as actividades náuticas.
2º. Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
3º. Fomentar o ambiente mariño e costeiro.
4º. Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
2. Nos municipios densamente poboados nos que na EDLP non computa a totalidade da poboación poderán ser beneficiarias as entidades indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto 1, cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro e as súas familias, ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.
3. Ademais, as entidades cumprirán os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial do GALP correspondente.
b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
Beneficiarios conxuntos.
1. As entidades sinaladas nos artigos 6 e 7 poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente como unha agrupación de entidades. Neste último caso deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
2. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non for posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.
3. A agrupación non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546147 / 981546150
Fax: 981546138
Email: galp.cm@xunta.gal
http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.(financiadas polo Fondo Europeo da Pesca) (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2016).
Extracto da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2016).
Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, tramitado como anticipado de gasto (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2017).
Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se amplía o crédito da Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 (DOG nº 72 do 12 de abril de 2017).
Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2018 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2018).
Resolución do 26 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas por esta consellería, aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 109, do 9 de xuño) (DOG nº 76 do 19 de abril de 2018).
Resolución do 1 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 109, do 9 de xuño) (DOG nº 202 do 23 de outubro de 2018).
Resolución do 14 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro) (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2019).
Resolución do 28 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se notifica o prazo de conservación e dispoñibilidade dos documentos xustificativos das axudas concedidas segundo a Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2019)
Prazo de presentación: PECHADO
10/06/2016 00:00 - 31/01/2019 23:59
- As solicitudes irán dirixidas ao grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) e axustaranse ao modelo que figura como anexo I.
- No caso de entidades públicas locais, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas., e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
No resto dos casos, as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no rexistro de cada un dos GALP sitos nos lugares que se indican na páxina web http://mar.xunta.gal.
- As solicitudes virán asinadas polo representante legal da entidade solicitante; se son formuladas por varias entidades conxuntamente, deberán vir asinadas polo representante legal da entidade que exerza a representación de todas elas.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que conten esta e na que se fan constar os seguintes puntos:
- a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiara, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- b) Que as persoas non se atopan en ningún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, e dicir:
- 1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
- 2º. Non ter estado involucrados na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes segundo se establece no seu artigo 33.
- 3º. Non ter cometido infraccións graves da Política Pesqueira Común (PPC).
- 4º. Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, no caso de presentar unha solicitude de axuda ao abeiro do título V, capítulo II do Regulamento (UE) nº 508/2014.
- 5º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
- c) Non ter sido sancionado coa imposibilidade de obter prestamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
- d) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
- e) Non ser unha empresa en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).
Incluiranse a información sobre outras axudas de minimis cubertas polo Regulamento (UE) 1407/2013 ou por outros regulamentos de minimis, recibidas durante o exercicio fiscal correspondente e sobre os dous exercicios fiscais anteriores, de ser o caso.
- Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, xunto cun índice e ordenada segundo se indica:
- a) Acreditación da personalidade:
- 1º. Se a persoa solicitante e unha persoa física:
i. Copia cotexada do DNI da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
ii. Certificado de empadroamento da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. - 2º. Se a persoa solicitante e unha persoa xurídica:
i. Copia cotexada do NIF da persoa xurídica solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
ii. Copia cotexada do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
iii. Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
iv. Certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo.
v. Copia compulsada da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro, segundo o caso correspondente.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e as súas federacións por estar xa a dita documentación en poder da Consellería do Mar.
- 1º. Se a persoa solicitante e unha persoa física:
- b) Proxecto para o cal se solicita a subvención, que deberá conter, polo menos:
- 1º. Memoria e orzamento que conteña unha descrición do proxecto conforme os modelos que figuran na páxina web http://mar.xunta.gal, dependendo se se trata de investimentos produtivos, que se utilizará o plan de empresa, ou se son investimentos non produtivos, que se utilizará o plan de xestión.
No caso de que o proxecto se poida desenvolver por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas independentemente.
Os proxectos incluirán a información relativa aos indicadores previstos no Regulamento (UE) nº 1242/2014, Regulamento (UE) nº 1243/2014 e Regulamento nº 1014/2014, segundo a medida do FEMP no que se encadre o proxecto. - 2º. Plan económico no que se indique que parte corresponde a recursos propios da entidade solicitante e cal a axudas percibidas ou solicitadas para o mesmo fin procedentes de calquera Administración estatal, autonómica, local ou institucional. Forma de financiamento da actividade ata a recepción da axuda.
Cubriranse nos modelos que figuran na páxina web http://mar.xunta.gal, dependendo se se trata de investimentos produtivos, que se utilizará o plan de empresa, ou se son investimentos non produtivos, que se utilizará o plan de xestión.
No orzamento detallado de cada unha das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da documentación xustificativa dos custos incluídos (orzamentos, contratos, facturas pro forma, etc.). - 3º. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
As entidades públicas locais poderán documentar a elección da oferta máis vantaxosa xunto coa solicitude de pagamento, achegando unha certificación das propostas ou ofertas recibidas para a contratación de que se trate, xunto coa resolución ou acordo de adxudicación definitiva.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude de subvención, ou coa xustificación, de ser o caso, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. As ofertas presentadas deben coincidir en conceptos para facilitar a comparación entre elas.
- 1º. Memoria e orzamento que conteña unha descrición do proxecto conforme os modelos que figuran na páxina web http://mar.xunta.gal, dependendo se se trata de investimentos produtivos, que se utilizará o plan de empresa, ou se son investimentos non produtivos, que se utilizará o plan de xestión.
- c) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se e o caso.
- d) Proxecto tecnico de execución, se e necesario. En actuacións sobre inmobles presentarase un proxecto básico ou un anteproxecto valorado que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar e o seu custo.
- e) No caso de que o proxecto o requira, o promotor deberá acreditar a capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compra-venda ou certificado do rexistro da propiedade, ou mediante cesión en escritura pública ou contrato de aluger por un período mínimo de 10 anos.
- f) Para acreditar a condición de familiar, segundo o artigo 6.c) deberase presentar a seguinte documentación:
- 1º. Libros de familia nos que figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco.
- 2º. Documentación que acredite a condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a do sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
- 3º. Informe de vida laboral da persoa a que se refire o punto 2º.
- g) Outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
- h) Se se trata dun proxecto de investimento produtivo tamen terá que presentar:
- 1º. Os anexos II A) e II B).
- 2º Último recibo pagado do imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da exención, no caso de empresarios individuais (só no caso de denegar expresamente a súa consulta). No caso de inicio de actividade empresarial, será suficiente o compromiso de darse de alta no IAE.
- i) Certificacións acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social (só no caso de denegar expresamente a súa consulta).
- a) Acreditación da personalidade:
- No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das alíneas a), c), f), g), h) e i) do punto 6 do artigo 19 desta orde por cada un dos solicitantes.
No caso da alínea a) presentarase para cada solicitante o DNI ou NIF das persoas solicitantes.
Ademais, engadirase:- a) Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
- b) A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
- c) Declaración responsable de cada unha das persoas, de acordo co anexo III.
- No caso de proxectos de cooperación con promotores doutros grupos sinalarase expresamente na solicitude, e deberá presentarase o proxecto de cooperación coa indicación dos cooperantes e grupos a que pertencen, así como os compromisos que adquiren, cada un deles.
- A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento. - Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número do expediente e o número e código único de rexistro.
- Documentación mínima.
Sen prexuízo do disposto no punto 7 do artigo 19, a presentación da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:
a) Anexo I de solicitude da axuda.
b) Memoria e orzamento conforme o modelo exixido.
c) Plan económico conforme o modelo exixido.
Non serán admitidas aquelas solicitudes nas que se aprecie a ausencia desta documentación, nestes casos emitirase resolución de inadmisión da solicitude. - *Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.
2. Coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo de cada ano poderá realizarse, para cada GALP, unha primeira fase de adxudicación de axudas.
3. De non esgotarse o credito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha nova fase de adxudicación de axudas, coas solicitudes presentadas ata o 1 de setembro de cada ano, co límite do credito dispoñible.
4. Para a convocatoria de 2016 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.
No ano 2016, a primeira fase de adxudicación para cada GALP realizarase con anterioridade ao 31 de agosto.
5. Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente por falta de credito poderán ser tomadas en consideración no período seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa nese sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección.
6. A derradeira resolución de concesión realizarase con anterioridade ao 1 de xullo de 2020.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"