Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT984B
Axudas as Pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Para a realización de estudos de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarias unicamente as Pemes que, ademais de cumprir o establecido no apartado anterior, estean incluídas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo).
Obrigas dos beneficiarios
1. As actuacións subvencionadas deberán estar rematadas:
O 30 de novembro de 2014, as incluídas nos seguintes puntos do artigo 4 da orde:
- Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire (art. 4, punto 2º, letra a).
- Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2º, letra b).
- Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2º, letra c).
- Auditoría para a determinación da pegada de carbono (art. 4, punto 2º, letra e).
O 30 de xuño de 2014 as incluídas no seguinte punto do artigo 4 da orde:
- Implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS) (art. 4, punto 2º, letra d).
2. Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde manterán unha separación contable axeitada para os gastos relacionados coa axuda que facilite o seguimento e control da subvención outorgada, así como a pista de auditoría.
3. Deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo en que se integran estas axudas, tal como se define no artigo 89, número 3, do Regulamento 1083/2006, do Consello.
4. Segundo o establecido no artigo 15, punto 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá incluír expresamente a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas así como a imaxe da identidade corporativa deste departamento de acordo coas normas gráficas aprobadas para o efecto e que se poden consultar no enderezo web:
http://www.xunta.es/identidade-corporativa/composicion-con-presidencia-e-consellerias
5. Asemade, como beneficiario dunha axuda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013, este deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.
a) Segundo o exixido nesta disposición comunitaria, o beneficiario ven obrigado ao seguinte:
- No caso de que a actuación consista nunha infraestrutura ou en traballos de construción e o importe da axuda supere os 100.000 euros, deberá colocar un cartel no enclave durante o tempo en que esta se desenvolva que deberá conter a información a que se refire a letra b) seguinte.
- Ao remate da actuación subvencionada e no caso que esta consista na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción, independentemente do importe da axuda, deberá colocar unha placa explicativa permanente ou adhesivo explicativo, visible e de tamaño tal que permita a inserción do tipo e nome da actuación,así como a información que se sinala na letra b) seguinte.
- No caso de actuacións distintas das anteriores (estudos, auditorías etc), o beneficiario deberá difundir o cofinanciamento comunitario do proxecto a través ben da súa páxina web, se dispón dela, ben naquel material que sexa obxecto de difusión e que teña relación coa actividade subvencionada, debendo constar a información que se sinala na letra b) seguinte.
b) As medidas de información e publicidade sinaladas deberán incluír os elementos seguintes e que deberán ocupar, como mínimo, o 25 % da placa ou cartel:
- O emblema da Unión Europea, de conformidade coas normas gráficas establecidas no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e que se poden consultar no seguinte enderezo: http://europa.eu/abc/symbols/emblem/graphics1_es.htm
- A referencia ao fondo comunitario que cofinancia, neste caso coa mención específica de «Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional».
- A inscrición seguinte: «Unha maneira de facer Europa».
Poden descargase exemplos do anterior e na liña do que se facilita a seguir na páxina da Consellería de Facenda:
http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/publicidade-e-informacion-comunitaria/exemplos-de-logotipos-comunitarios-2007-2013
6. No caso dos beneficiarios de axudas para a implantación e mantemento no EMAS, estes están obrigados a manter en vigor o Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais e o seu correspondente rexistro, durante un período mínimo de cinco anos.
7. A percepción definitiva da axuda concedida ao abeiro desta convocatoria vén condicionada ao mantemento, durante un prazo de tres anos, das circunstancias iniciais tidas en conta para o seu outorgamento e á inexistencia de modificacións substanciais que afecten a natureza do investimento ou o cesamento da actividade.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541723/ 981541734
Fax: 981541714
Prazo de presentación: PECHADO
21/01/2014 00:00 - 20/02/2014 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Dentro deste concepto de empresa, as pequenas e medianas empresas defínense e subdivídense, pola súa vez, segundo se indica a continuación:
- Mediana empresa, a que empregue menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non exceda de 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non exceda os 43 millóns de euros.
- Pequena empresa, a que empregue menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non exceda os 10 millóns de euros.
- Microempresa, aquela que conte con menos de 10 empregados, cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non exceda os 2 millóns de euros.
Será necesario que a empresa solicitante reúna ambos os requisitos (número de persoas empregadas e volume de negocios ou balance xeral anuais) para que poida considerarse peme.
Neste senso, cómpre sinalar que para o cálculo destes requisitos terase en conta o establecido nos artigos 3, 4, 5 e 6 do anexo I do Regulamento 800/2008 antes citado, especialmente no tocante ás nocións de empresa autónoma, asociada e vinculada.
Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no número 2 do artigo 2 desta orde, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o cal se solicita a axuda deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter subvención ao abeiro da presente convocatoria as persoas físicas ou xurídicas sancionadas por faltas graves ou moi graves ou condenadas por delito como consecuencia do incumprimento da normativa ambiental ata que, no seu caso, cumpran a condena ou sanción e executen as medidas correctoras pertinentes, cando corresponda, ou transcorran os prazos de prescrición correspondentes.
Quedarán excluídas aquelas persoas ou empresas incursas nalgún dos supostos contemplado no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitude segundo modelo normalizado que se xunta como anexo I, acompañadas da seguinte documentación:
Acreditación da personalidade:
a) Persoas xurídicas:
- Copia dos estatutos vixentes ou, se for o caso, documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
Orixinal ou copia do documento acreditativo do poder con que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación antes mencionada. No suposto de poderes mancomunados, o procedemento seguirase cun único representante que será determinado coa achega dun escrito asinado por todos os apoderados en que se indique quen asume a representación.
- Copia do documento nacional de identidade (DNI) do representante legal da entidade, salvo que no escrito de solicitude se autorice esta Administración para a comprobación da súa identidade de conformidade con establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta o emprego de medios electrónicos (DOG nº 221, do 13 de novembro).
- Copia da tarxeta de identificación fiscal.
b) Persoas físicas:
- Copia do documento nacional de identidade (DNI) do titular ou titulares solicitantes ou do seu representante, se for o caso, salvo que no escrito de solicitude se autorice esta Administración para a comprobación da súa identidade de conformidade con establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta o emprego de medios electrónicos (DOG nº 221, do 13 de novembro).
No tocante á condición de peme o escrito de solicitude incorpora unha declaración en que se fai constar que o solicitante:
- Ten condición de pequena ou mediana empresa, de acordo co estipulado no anexo I do Regulamento CE núm. 800/2008, do 6 de agosto de 2008, sobre a definición de peme (DOUE L 214, do 9 de agosto). No caso de que a entidade solicitante teña a consideración de asociada ou vinculada, para os efectos do citado regulamento, deberase acompañar esta declaración dun informe en que se sinalen os datos e cálculos empregados para a determinación dos requisitos de efectivos e importes financeiros requiridos, de conformidade co establecido nesta disposición comunitaria.
- Non ten a consideración de empresa en crise conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación as pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (DOUE C 244, do 1 de outubro de 2004) en relación ás grandes empresas.
Declaración destinada a especificar calquera outra axuda solicitada ou concedida para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, así como ás sometidas á norma comunitaria de minimis recibidas no exercicio corrente e nos dous exercicios fiscais anteriores.
Segundo o establecido no parágrafo terceiro do artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a presentación da solicitude polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor destas axudas para solicitar as certificacións de non ter debedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Non obstante o disposto no punto anterior, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento para que a Secretaría Xeral solicite dos anteditos órganos a certificación acreditativa de tales requisitos.
Neste caso, abondará con presentar, xunto coa solicitude, ademais do escrito en que se denegue expresamente o dito consentimento, unha declaración responsable (anexo II) de que non se teñen debedas coa Facenda autonómica e de que se está ao día no cumprimento das obrigas fiscais coa Facenda estatal e coa Tesouraría da Seguridade Social, pero antes da proposta de resolución e do pagamento, deberá acreditar os devanditos aspectos a traves dos respectivos certificados.
Documentación tecnica relativa á actuación obxecto da solicitude.
Xunto coa solicitude deberase presentar un proxecto que deberá conter unha descrición clara das actividades que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista tecnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as cales se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir:
a) No caso de investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire:
a.1. Tratándose de investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), deberase presentar un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña os seguintes datos:
1) Unha memoria tecnica en formato dixital que inclúa, como mínimo, os seguintes puntos:
- Título do proxecto.
- Breve descrición da actividade da entidade solicitante.
- Relación das fontes de enerxía empregadas pola empresa e identificación dos consumos anuais correspondentes (perfil de consumo enerxetico). Para a presentación desta información, a entidade solicitante seguirá o especificado no anexo V desta orde e, ademais, deberá xuntar copia das facturas das compañías subministradoras que acrediten os consumos anuais declarados neste punto.
- Descrición da actuación que se vai desenvolver para acadar a redución de emisións de GEI.
- Cálculo detallado das emisións de GEI antes e despois da actuación, así como unha comparativa entre a situación inicial (antes do investimento) e a final (unha vez realizado o investimento).
- Referencia expresa ás fórmulas empregadas nos cálculos, así como, os factores de emisións e factores de oxidación utilizados e a fonte de que se obtiveron os ditos factores.
Para proceder ao cálculo de emisións, a entidade solicitante seguirá o especificado no anexo IV desta orde.
- No caso de que a actuación se encadre dentro do punto de melloras en instalacións termicas ou de quentamento de fluídos no sector industrial, a entidade solicitante deberá incluír nesta memoria tecnica, copia da documentación acreditativa da legalización/autorización, ou rexistro industrial correspondente, da instalación existente emitida pola consellería competente en materia de industria.
- No caso de que a actuación consista na substitución do vehículo para o transporte de mercadorías ou pasaxeiros, a entidade solicitante deberá incluír, nesta memoria tecnica, a copia da documentación tecnica do vehículo que se vai substituír. Nesta documentación deberá lerse claramente a información da titularidade dos citados vehículos.
- Calendario de prazos e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos desgagregado por concepto e prezo unitario.
a.2. No caso de investimentos en materia de calidade do aire e/ou redución de emisións ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI, será preciso presentar un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña:
1) Memoria tecnica en formato dixital que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Título do proxecto.
- Breve descrición do proxecto que se vai realizar indicando a redución das emisións distintas dos GEI, expresadas en quilogramos/ano e realizando unha comparativa entre a situación inicial (antes do investimento) e a final (unha vez realizado o investimento). O cálculo da redución das emisións distintas dos GEI deberá estar debidamente xustificado, e para efectos do seu cómputo considerarase o período anual comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.
- Se for o caso, cando o proxecto para o cal se solicita a subvención garde relación coa mellora da seguranza das plataformas de medicións en focos e a adaptación da sección de medición á norma UNE-EN 15259, achegarase xustificación do cumprimento das medidas de seguranza para o acceso á plataforma de mostraxe de acordo coa normativa de prevención de riscos laborais en vigor, mediante certificado emitido polo servizo de prevención alleo ou o propio da empresa así como xustificación realizada por un organismo de control autorizado pola Xunta de Galicia de que a sección de medida se axusta á norma UNE-EN 15259 (requisitos das seccións e sitios de medición e para o obxectivo, plan e informe de medición).
- Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.
b) En materia de xestión dos recursos e dos residuos, os proxectos deberán conter un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña:
1) Memoria tecnica en formato dixital que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Título do proxecto.
- Breve descrición do proxecto.
- Identificación do centro onde se vai realizar a actuación.
- Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
- Punto en que se sinale o procedemento ou sistema que permita efectuar un seguimento e avaliación dos obxectivos propostos e/ou facer unha comparación entre a situación de partida e a existente unha vez realizado o investimento para o cal se solicita a axuda.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.
c) No tocante aos estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais, presentarase unha análise, de non máis 20 páxinas de extensión, realizada polo operador ou un terceiro contratado por este, seguindo o esquema da norma UNE 150.008 ou outras equivalentes, que deberá contar o seguinte:
1) Memoria tecnica en formato dixital que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Identificación do responsable tecnico da elaboración do estudo.
- Informe que indique claramente a situación da empresa, con mapas, coordenadas UTM, diagrama de procesos, distancia a espazos naturais próximos e distancia a cursos ou masas de auga.
- Identificación dos potenciais axentes causantes de dano, indicando a magnitude (cantidade almacenada, producida ou manipulada, volume ) e a súa perigosidade.
- Identificación dos potenciais recursos naturais afectados.
- Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.
d) Para a implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), será necesaria a presentación dun estudo que non supere as 20 páxinas de extensión que conteña:
1) Unha memoria tecnica, en formato dixital, explicativa da acción que se vai desenvolver e que, como mínimo, inclúa os puntos seguintes:
- Avaliación ambiental da instalación.
- Política ambiental que se vai seguir (compromiso de mellora continuada, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria).
- Cronograma que detalle os pasos que se van seguir tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
- Indicación expresa de posesión dalgún sistema de xestión ambiental. No caso da ISO 14001 xuntarase copia compulsada do certificado acreditativo emitido pola correspondente entidade de certificación.
- Beneficios ambientais esperados.
2) Orzamento detallado cos gastos subvencionables requiridos. No caso de implantación do Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), deberá especificarse o importe correspondente á fase de consultoría, así como o correspondente á de certificación.
3) Breve descrición da actividade principal da empresa indicando a epígrafe segundo a Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) referido á dita actividade.
e) Para a determinación da pegada corporativa ou en0 produto será necesaria a presentación de:
1) Un estudo, en formato dixital, que non supere as 20 páxinas de extensión, que conteña:
- Título do proxecto.
- Breve descrición do estudo en que se expoñan as características da empresa e, se for o caso, se identifique o produto e o seu peso no conxunto da actividade empresarial. Indicarase a metodoloxía que se vai seguir para o cálculo da pegada de carbono, así como o alcance e límites do sistema considerados.
- Especificación expresa dos parámetros de valoración establecidos no artigo 10, alínea e).
- Avaliación ambiental da instalación mediante un pequeno resumo dos efectos ambientais máis relevantes da entidade solicitante.
- Política ambiental que se vai seguir (compromiso de mellora continuada, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria) con indicación expresa da elaboración, se for o caso, por parte da entidade solicitante, dun plan integral de cambio climático e un resumo del.
- Cronograma que detalle os pasos que se van seguir tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado cos gastos subvencionables requiridos. Deberá especificarse que importes corresponden á determinación e cales á verificación da devandita pegada.
Para os efectos do establecido no artigo 15, en relación coa xustificación da axuda outorgada, deberase ter en conta, se for o caso, na elaboración do orzamento presentado o custo que derivaría da conta xustificativa con informe de auditor, en particular, polo que se refire á súa subvencionabilidade segundo o sinalado no artigo 13, punto 3º destas bases reguladoras.
Así mesmo, ademais do sinalado con anterioridade, a entidade solicitante deberá remitir calquera outra documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 10 desta orde, a fin de que a comisión de avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e prelación das solicitudes presentadas.
Cando a solicitude (anexo I) se presente a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia, esta documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I) https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo III
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2014).
-
Correccion de erros. Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2014).
-
Orde do 9 de xuño de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro, consideración como IBE
Aberto todo o ano
Notificación previa del traslado de residuos peligrosos.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría medio ambiental.
Aberto todo o ano
Autorización para o tratamento de residuos.
Aberto todo o ano