Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT984C - Axudas destinadas a favorecer os investimentos en materia ambiental por parte de entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas.
Obxecto
Actuacións subvencionables
1. Teñen a consideración de actuacións subvencionables os proxectos que versen sobre algunha das actuacións incluídas nalgún dos cinco grupos subvencionables seguintes:
a) Redución das emisións á atmosfera. Son actuacións subvencionables ao abeiro deste punto aquelas que supoñan unha redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI) considerados polo Protocolo de Quioto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6).
Con carácter xeral, teñen cabida neste punto, entre outros os investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións á atmosfera de GEI, os investimentos para a mellora da eficiencia enerxética en calquera ámbito da actividade da entidade, así como os investimentos para a substitución do tipo de combustible empregado pola entidade que implique modificacións de equipamentos e/ou instalacións sempre que supoñan unha redución de GEI.
De xeito máis específico, son actuacións subvencionables, entre outras, as seguintes:
1. Reducións efectivas de emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas da aplicación de plans de cambio climático na organización ou nalgún dos seus produtos.
2. Os investimentos en substitución de equipamentos e instalacións consumidoras de enerxía por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxías de alta eficiencia, a mellor tecnoloxía dispoñible ou que supoñan un aproveitamento de enerxías renovables (solar, térmica, fotovoltaica, emprego de biomasa como combustible, ), co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2.
3. A mellora das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria nos edificios existentes pertencentes á entidade beneficiaria.
4. Mellora da eficacia enerxética das instalacións de iluminación interior e exterior dos edificios existentes que se renoven, tales como:
- Luminarias, lámpadas e equipamento: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación.
- Sistemas de control de acendemento e regulación do nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo a cantidade de luz natural que supoñan un aforro eléctrico.
- Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.
5. Medidas que teñan por obxecto acadar unha mellora enerxética e unha redución efectiva de emisións baseadas no emprego da coxeración.
6. A substitución ou adaptación de vehículos para o transporte de mercadorías (sempre que, tratándose de transporte de mercadorías por estrada, este se realice por conta propia) ou pasaxeiros que supoñan unha redución de emisións polo emprego de enerxías alternativas (gas natural, propano, electricidade).
7. Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.
b) Xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos. Recóllense neste punto, entre outras, actuacións que favorezan o cumprimento do esquema de prioridades establecido pola normativa aplicable, é dicir, por esta orde: a prevención, a preparación para a reutilización, a reciclaxe, así como outros tipos de valorización, incluída a valorización enerxética e, por último, a eliminación.
A título indicativo, son susceptibles de seren subvencionables os proxectos que teñan por obxecto:
- A posta en marcha de programas de recollas diferenciadas de residuos comerciais (tales como vidro, envases lixeiros, papel e cartón) que permitan abordar a caracterización, coñecemento e xestión deste tipo de residuos.
- Actuacións para a implantación, en sectores de actividade, polígonos industriais ou zonas comerciais de solucións específicas para a xestión dos seus residuos.
- Mellorar a recolla selectiva e xestión da fracción orgánica dos residuos xerados.
- Proxectos que fomenten as recollas específicas doutros residuos que, aínda que se consideran perigosos ou especiais, son susceptibles de orixinarse e equiparase aos xerados no ámbito comercial, tales como residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ou aceites vexetais usados.
- Potenciar o mercado da reciclaxe.
- Favorecer o coñecemento, emprego e optimización dos puntos limpos existentes na nosa comunidade autónoma.
- Traballos de identificación, limpeza e recuperación de espazos afectados pola presenza de puntos de vertedura incontrolados.
- Fomento da compra e consumo responsable.
- Así como como calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.
c) Realización de estudos de análise e avaliación de riscos ambientais sectoriais. Serán susceptibles de ser subvencionados os estudos de índole sectorial que vaian referidos a actividades enumeradas no anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental e que se axusten ao establecido no Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.
d) Realización de xornadas técnicas, seminarios, accións formativas, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas innovadoras ou intercambio de boas prácticas en materia ambiental.
e) Auditoría para a determinación da pegada de carbono dun único produto por empresa, incluída a consultoría de determinación e a verificación.
2. As axudas establecidas nesta orde para a realización das actuacións subvencionables descritas neste artigo están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE (DOUE L379, do 28 de decembro).
Por tanto, a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada.
Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:
a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.
b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.
d) Carbón, segundo se define no Regulamento (CE) nº 1407/2002 do Consello, do 23 de xullo de 2002, sobre as axudas estatais á industria do carbón.
e) Empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación ás pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (DOUE C 244, do 1 de outubro de 2004) en relación ás grandes empresas.
No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non poderán concederse axudas para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.
A quen vai dirixido?
Obrigas dos beneficiarios
1. As actuacións subvencionadas deberán estar rematadas o 30 de novembro de 2013.
2. Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde manterán unha separación contable axeitada para os gastos relacionados coa axuda que facilite o seguimento e control da subvención outorgada, así como a pista de auditoría.
3. Deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo en que se integran estas axudas, tal como se define no artigo 89, número 3, do Regulamento 1083/2006 do Consello.
4. Segundo o establecido no artigo 15, punto 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando co financiamento obtido a partir destas axudas deberá incluír expresamente a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas así como a imaxe da identidade corporativa deste departamento de acordo coas normas gráficas aprobadas para o efecto e que se poden consultar no enderezo web http://www.xunta.es/inicio-identidade-corporativa.
5. Asemade, como beneficiario dunha axuda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013, este deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.
a) Segundo o exixido nesta disposición comunitaria, o beneficiario está obrigado ao seguinte:
- No caso que a actuación consista nunha infraestrutura ou en traballos de construción, deberá colocar un cartel no lugar e durante o tempo en que esta se desenvolva que deberá contar a información a que se refire a letra b) seguinte.
- Ao remate da actuación subvencionada e no caso de que esta consista na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción, deberá colocar unha placa explicativa permanente, visible e de gran tamaño en que se indicará o tipo e nome da actuación así como a información que se sinala na letra b) seguinte.
b) As medidas de información e publicidade sinaladas deberán incluír os elementos seguintes, que deberán ocupar, como mínimo, o 25 % da placa ou cartel:
- O emblema da Unión Europea, de conformidade coas normas gráficas establecidas no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e que se poden consultar no seguinte enderezo:
http://europa.eu/abc/symbols/emblem/graphics1_es.htm
- A referencia ao fondo comunitario que cofinancia, neste caso coa mención específica de «Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional».
- A inscrición seguinte: «Unha maneira de facer Europa».
Poden descargase exemplos do anterior e na liña do que se facilita a seguir na páxina da Consellería de Facenda:
http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/logos-comunitarios
6. A percepción definitiva da axuda concedida ao abeiro desta convocatoria ven condicionada ao mantemento, durante un prazo de tres anos, das circunstancias iniciais tidas en conta para o seu outorgamento e á inexistencia de modificacións substanciais que afecten a natureza do investimento, ao cesamento da actividade ou aos postos de traballo.
Requisitos
- Axustarse á definición comunitaria de pequena e mediana empresa establecida no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008 (DOUE L 214/3, do 9 de agosto de 2008). Segundo o establecido nesta disposición, empresa é toda entidade que, independentemente da súa forma xurídica, exerce unha actividade económica. Enténdese por actividade económica, segundo a terminoloxía comunitaria, a oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado.
- Ter o domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e ser neste mesmo ámbito territorial onde se desenvolva ou materialice o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
- No caso de que o proxecto o requira, a entidade solicitante deberá dispoñer en réxime de propiedade dunha infraestrutura física adecuada para o tipo de actuación que se propoña respecto dela.
En consecuencia, sempre que se cumpran os requisitos anteriores, poderán ser destinatarios destas axudas, en particular, as seguintes entidades:
- As asociacións e fundacións.
- Os sindicatos e asociacións profesionais e empresariais.
- Os clústers empresariais galegos.
- Os centros tecnolóxicos.
- As cooperativas sen ánimo de lucro.
- Outras que, aínda carecendo de personalidade xurídica, se axusten aos requisitos sinalados.
Dentro do concepto de empresa, as pequenas e medianas empresas defínense e subdivídense, pola súa vez, segundo se indica a seguir:
- Mediana empresa, a que empregue menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non exceda 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non exceda 43 millóns de euros.
- Pequena empresa, a que empregue a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non exceda 10 millóns de euros.
- Microempresa, aquela que conte con menos de 10 empregados, cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non exceda 2 millóns de euros.
Será necesario que a entidade solicitante reúna ambos os requisitos (número de persoas empregadas e volume de negocios ou balance xeral anuais) para que poida considerarse peme.
Neste senso, cómpre sinalar que para o cálculo destes requisitos terase en conta o establecido nos artigos 3, 4, 5 e 6 do anexo I do Regulamento 800/2008, antes citado, especialmente no tocante ás nocións de empresa autónoma, asociada e vinculada.
En consecuencia, de conformidade co sinalado nestes artigos, non poderán optar a esta convocatoria aquelas entidades en que a súa participación por unha administración ou ente público, universidade ou investidor institucional sexa superior aos límites establecidos pola citada disposición comunitaria.
Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o cal se solicita a axuda, deberanse facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán concorrer na presente convocatoria as entidades sancionadas por faltas graves ou moi graves ou condenadas por delito como consecuencia do incumprimento da normativa ambiental ata que, se for o caso, cumpran a condena ou sanción e executen as medidas correctoras pertinentes, se for o caso, ou transcorran os prazos de prescrición correspondentes.
Quedarán excluídas aquelas entidades incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental
Servizo de Xestión Ambiental
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541723/ 981541734
Fax: 981541714
Órgano responsable
Servizo de Xestión Ambiental
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 8 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a favorecer os investimentos en materia ambiental por parte de entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2013 (DOG nº 87 do 7 de maio de 2013).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
08/05/2013 00:00 - 07/06/2013 23:59
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o modelo normalizado que se xunta como anexo I, acompañada da seguinte documentación:
- Acreditación da personalidade:
- a) Persoas xurídicas:
- Orixinal ou copia compulsada da escritura pública de constitución ou normas que regulen a súa actividade.
- Orixinal ou copia compulsada da certificación de inscrición rexistral ou escritura pública de constitución co selo de inscrición rexistral.
- Orixinal ou copia compulsada do documento acreditativo do poder con que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na escritura ou estatutos.
- Copia compulsada do número de identificación fiscal (NIF) do representante legal da entidade, salvo que no escrito de solicitude se autorice esta Administración para a comprobación da súa identidade de conformidade con establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta o emprego de medios electrónicos (DOG nº 221, do 13 de novembro).
- Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade.
- b) Persoas físicas:
- Copia compulsada do número de identificación fiscal (NIF) do titular ou titulares solicitantes ou do seu representante, se for o caso, salvo que no escrito de solicitude se autorice esta Administración para a comprobación da súa identidade de conformidade con establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta o emprego de medios electrónicos (DOG nº 221, do 13 de novembro). - Certificado de situación censual emitido pola correspondente oficina da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Unha declaración responsable sobre as operacións con terceiros correspondentes ao último ano natural.
- Unha breve memoria, de non máis de cinco páxinas de extensión, na cal se faciliten os datos máis salientables referidos á implantación (ámbito territorial, número de socios, fins fundacionais, persoal e medios dispoñibles destinados ao seu funcionamento ordinario, estrutura) e experiencia ou potencial da entidade solicitante na materia sobre a cal verse o proxecto.
- Declaración segundo o modelo que se achega como anexo II en que se faga constar que o solicitante:
- Ten condición de pequena ou mediana empresa, de acordo co estipulado no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto de 2008, sobre a definición de peme (DOUE L 214, do 9.8.2008). No caso de que a entidade solicitante teña a consideración de asociada ou vinculada, para os efectos do citado regulamento, deberase acompañar esta declaración dun informe en que se sinalen os datos e cálculos empregados para a determinación dos requisitos de efectivos e importes financeiros requiridos, de conformidade co establecido nesta disposición comunitaria.
- Non ten a consideración de empresa en crise conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación ás pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en Crise (DOUE C 244, do 1 de outubro de 2004) en relación coas grandes empresas. - Declaración, segundo o modelo do anexo III, en que se especifique calquera outra axuda solicitada ou concedida para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, así como as sometidas á norma comunitaria de minimis, recibidas no exercicio corrente e nos dous exercicios fiscais anteriores.
- Segundo o establecido no parágrafo terceiro do artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a presentación da solicitude polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor destas axudas para solicitar as certificacións de non ter debedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Non obstante o disposto no punto anterior, o solicitante poderá denegar expresamente na solicitude o consentimento para que a Secretaría Xeral solicite dos anteditos órganos a certificación acreditativa de tales requisitos.
Neste caso, abondará con presentar, xunto coa solicitude, unha declaración responsable (anexo IV) de que non se teñen debedas coa Facenda autonómica e de que se está ao día no cumprimento das obrigas fiscais coa Facenda estatal e coa Tesouraría da Seguridade Social, pero, antes da proposta de resolución e do pagamento, deberá acreditar os devanditos aspectos a traves dos respectivos certificados. - Documentación tecnica relativa á actuación obxecto da solicitude
- Xunto coa solicitude deberase presentar un proxecto en formato dixital que deberá conter unha descrición clara das actividades que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista tecnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as cales se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir:
a) No caso de actuacións das entidades solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera, os proxectos en materia de redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI), deberán incluír un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña os datos seguintes:
1) Unha memoria tecnica que inclúa, como mínimo, os seguintes puntos:
- Título do proxecto.
- Breve descrición da actividade da entidade solicitante.
- Descrición da actuación que se vai desenvolver para acadar a redución de emisións de GEI.
- Cálculo detallado das emisións de GEI antes e despois da actuación, así como unha análise comparativa entre a situación inicial (antes do investimento) e a final (unha vez realizado o investimento).
- Referencia expresa ás fórmulas empregadas nos cálculos, así como, aos factores de emisións e factores de oxidación utilizados e a fonte de que se obtiveron os ditos factores.
Para proceder ao cálculo de emisións, a entidade solicitante seguirá o especificado no anexo VI desta orde.
- No caso en que a entidade solicitante dispoña dun plan integral de cambio climático en que se inclúa o proxecto obxecto de solicitude, esta deberá presentar copia en formato electrónico do mencionado plan.
- Calendario de prazos e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos desagregado por concepto e prezo unitario.
b) En materia de xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos, os proxectos deberán incluír un estudo que, sen superar as 20 páxinas de extensión, conteña:
1) Memoria tecnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Título do proxecto.
- Breve descrición das actividades propostas así como o ámbito de actuación delas.
- Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
- Parte en que se sinale o procedemento ou sistema que permita efectuar un seguimento e avaliación dos obxectivos propostos e/ou facer unha comparación entre a situación de partida e a existente unha vez realizado o investimento para o cal se solicita a axuda.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos tendo en conta o establecido no artigo 13, punto 3º, en relación coa subvencionabilidade, se e o caso, do informe de auditor.
3) No caso de proxectos que teñan por obxecto a xestión de residuos, aceptación por parte do órgano titular da competencia nesta materia.
c) Tratándose de proxectos destinados á realización de estudos de análise e avaliación de riscos ambientais sectoriais presentarase unha análise, de non máis 20 páxinas de extensión, realizada polo operador ou un terceiro contratado por este, seguindo o esquema da norma UNE 150.008 ou outras equivalentes, que deberá contar o seguinte:
1) Memoria tecnica que incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Breve descrición do estudio de análise de risco ambiental con especial referencia ás características do sector considerado e entidades participantes no proxecto.
- Identificación do responsable tecnico da elaboración do estudo.
- En relación con cada unha das entidades obxecto da análise:
- Informe que indique claramente a situación da empresa, con mapas, coordenadas UTM, diagrama de procesos e distancia a espazos naturais próximos.
- Identificación dos potenciais axentes causantes de dano, indicando a magnitude (cantidade almacenada, producida ou manipulada, volume, ) e a súa perigosidade.
- Identificación dos potenciais recursos naturais afectados.
- Cronograma e duración do proxecto tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.
d) No tocante á realización de xornadas tecnicas, seminarios, accións formativas e outras actuacións análogas descritas no artigo 4, número 1, letra c), deberase remitir:
1) Memoria tecnica en que se detallen os obxectivos, actividades, metodoloxía, cronograma, metodo de avaliación, persoas ou entidades destinatarias, participantes.
2) Orzamento detallado da previsión de gastos subvencionables requiridos.
e) Para a determinación da pegada en produto será necesaria a presentación de:
1) Un estudo que non supere as 20 páxinas de extensión, que conteña:
- Título do proxecto.
- Breve descrición do estudo, en que se identifique o produto e o seu peso no conxunto da actividade empresarial.
- Especificación expresa dos parámetros de valoración establecidos no artigo 10, letra e).
- Política ambiental que se vai seguir (compromiso de mellora continuada, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria) con indicación expresa da elaboración, se e o caso, por parte da entidade solicitante, dun plan integral de cambio climático e resumo deste.
- Cronograma que detalle os pasos que se van seguir tendo en conta o período subvencionable a que se refire o artigo 9 desta orde.
2) Orzamento detallado cos gastos subvencionables requiridos. - Para os efectos do establecido no artigo 15, en relación coa xustificación da axuda outorgada, deberase ter en conta, no seu caso, na elaboración do orzamento presentado, o custo que derivaría da conta xustificativa con informe de auditor, en particular, polo que se refire á súa subvencionabilidade segundo o sinalado no artigo 13, punto 3º destas bases reguladoras.
- Así mesmo, ademais do sinalado con anterioridade, a entidade solicitante deberá remitir calquera outra documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 10 desta orde, a fin de que a comisión de avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e prelación das solicitudes presentadas.
- No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"