Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT982B
Autorización de admisión de residuos procedentes doutras comunidades autónomas para a súa eliminación en vertedoiros de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
O obxecto desta orde é o establecemento dunha normativa técnica adecuada para as actividades de eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiros, desenvolvendo o disposto no Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.
Os vertedoiros clasificaranse nalgunha das categorías seguintes:
a) Vertedoiro para residuos inertes.
b) Vertedoiro para residuos non perigosos: inclúense dentro desta categoría os vertedoiros de residuos municipais e os de construción e demolición.
c) Vertedoiro para residuos perigosos.
Neste procedemento regulase a autorización de eliminación de residuos procedentes doutras comunidades autónomas en vertedoiros.
Os xestores de vertedoiros, no caso de quereren recibir nas súas instalacións residuos producidos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de realizar as comprobacións necesarias para a admisión de residuos, deberán obter autorización previa do órgano administrativo competente en materia de residuos.
Na autorización especificarase polo menos:
-Cantidade máxima de residuos que se prevé recibir.
-Prazo da autorización outorgada.
-Vida útil do vertedoiro no momento en que solicita a autorización.
No marco desta autorización, o xestor poderá admitir residuos na súa instalación de acordo co seguinte procedemento:
-Antes de cada recepción, procederá a enviar, con 10 días de mínima antelación á data da recepción, información en que se especifique:
a) Orixe do residuo, indicando a comunidade autónoma de orixe e identificación do produtor.
b) Cantidade de residuos que se prevé recibir.
c) Tipo de residuos, coa identificación do código LER e do asignado segundo o R.D. 952/1997, para residuos perigosos.
-Recibida esta información, o órgano administrativo competente en materia de residuos comprobará que a recepción do residuo é axeitada e conforme coas autorizacións da instalación e o programa aprobado. Non se poderá realizar a vertedura no caso de que o órgano administrativo competente en materia de residuos considere que non se cumpren os requisitos necesarios ambientais suficientes para iso ou que a capacidade do vertedoiro non é suficiente para atender o residuo.
-Tras aceptar os residuos nas instalacións o xestor deberá comunicar as cantidades reais recibidas.
A información indicada neste artigo será facilitada utilizando os procedementos informáticos, incluídos os telemáticos que, o órgano administrativo competente en materia de residuos poña á disposición dos xestores.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541703
Fax: 981957375
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.
Solicitude segundo o Anexo I.
Memoria xustificativa co contido do artigo 14 da Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas).
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI o NIE da persoa solicitante
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante
- Inicio
- Documento de solicitude
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
-
Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 168 do 27 de agosto de 2009).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano