Guía de procedementos e servizos

MT823B

Sorteo de postos de pesca de lamprea no río Tea.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 14/12/2023 00:00 - 28/12/2023 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Tea.

Pescadores/as do río Tea.

A zona de pesca é o tramo do río Tea comprendido entre a ponte do ferrocarril (Salvaterra de Miño) e a praia da Moscadeira (Ponteareas).

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Av. Mª Victoria Moreno 43 - 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805441/ 986805721

Email: caza.pesca.po@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Solicitude

A presentación de solicitudes realizarase a través da opción "Tramitar en liña" habilitada á dereita.

Os modelos de documentos que debe achegar coa solicitude están dispoñibles no paso "Anexar documentación" do proceso de presentación da solicitude.

Tamén están dispoñibles na sección "Anexos asociados" situada ao pé desta páxina.

Prazo de presentación: PECHADO

14/12/2023 00:00 - 28/12/2023 23:59

O prazo para solicitar a participación no sorteo será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Modalidade de pesca.

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no río Tea son a estacada, a fisga (unha por pescador) e a luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira ou similar situada en beiril sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente.

 Características das estacadas.

1. As estacadas deberán cumprir as condicións seguintes:

a) Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso a súa lonxitude máxima superará a metade do leito fluvial ocupado polas augas en cada momento.

b) Un extremo apoiarase na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo ela.

c) Deberán estar debidamente numeradas e situadas, de conformidade co recollido no anexo I desta orde. A situación exacta será a indicada polo persoal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e non se poderá proceder a súa instalación sen o previo pagamento do prezo público correspondente. Calquera cambio de lugar requirirá a solicitude e a autorización previa do Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra.

No suposto de que os adxudicatarios de dúas estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montarase no lugar correspondente á que estea sinalada augas máis abaixo.

d) Calquera modificación da vexetación de ribeira axustarase ao disposto na Lei 2/2021, de pesca continental de Galicia, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia (DOG núm. 149, do 7 de agosto).

No caso de que a suxeición da estacada á terra sexa ás árbores de ribeira, tomaranse as medidas necesarias para que as ditas árbores non resulten danadas.

e) As luces colocaranse en liña paralela á estacada de xeito que todo o tramo quede iluminado coa mesma intensidade. En ningún caso se colocarán as luces por debaixo da estrutura da estacada. Prohíbense os focos ou similares.

f) Unha vez finalizado o réxime especial o día 15 de maio de 2024 os pescadores e as pescadoras disporán dun prazo de 15 días naturais para retirar as estacadas e demais instalacións e deberán deixar o contorno libre de lixo.

2. Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e da retirada das estacadas responderán solidariamente todas as persoas autorizadas.

Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As persoas interesadas poderán participar no sorteo público que efectuará o Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra no lugar sinalado.

Non poderá participar no sorteo quen fose inhabilitado por incumprir as obrigas que establece o artigo 12 da Orde do 26 de decembro de 2022 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2023 (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro).

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do procedemento MT823B, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Pluralidade de persoas solicitantes.

As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá achegarse coa solicitude a listaxe completa de persoas solicitantes segundo o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento MT823B). As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, no seu defecto, coa que figure en primeiro termo.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE/NIF da persoa representante da persoa física ou xurídica solicitante (se for o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante.

d) Consulta do DNI/NIE da terceira persoa interesada no caso do procedemento MT807H.

e) Licenza única interautonómica en materia de pesca fluvial, no caso do procedemento MT807D para as expedidas na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e mais os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2018).

    • Orde do 22 de setembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (códigos de procedementos MT807B, MT807C, MT823A e MT823B) (DOG nº 190 do 5 de outubro de 2022).

    • Orde do 1 de decembro de 2023 pola que se regula a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2024 (DOG nº 235 do 13 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano