Guía de procedementos e servizos

MT823A

Autorización para a pesca de lamprea nas pesqueiras do río Ulla.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 14/12/2023 00:00 - 05/01/2024 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Regular o aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) no río Ulla.

Poderán presentar solicitudes as persoas físicas titulares de dereitos de uso das pesqueiras tradicionais, situadas no río Ulla como se detallan no anexo I desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Av. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805441/ 986805721

Email: caza.pesca.po@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: PECHADO

14/12/2023 00:00 - 05/01/2024 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Limitacións á pesca

1. A pesca da lamprea só se poderá practicar nas pesqueiras autorizadas e coas limitacións seguintes:

a) Nas pesqueiras de Areas e As Vellas deberán deixar libre a canle central do río e non poderán traballar na denominada «vea».

b) Deberán empregarse redes que non causen dano a outras especies piscícolas.

c) Serán devoltos á auga ou entregados ao persoal da Administración que o solicite, todos aqueles exemplares de especies piscícolas que non sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras.

d) En todo momento, deberán colaborar co persoal do Servizo de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, seguindo as súas instrucións.

2. Estas limitacións obrigan a todas as persoas autorizadas, sexan ou non titulares das pesqueiras.

Forma e lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do procedemento MT823A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE/NIF da persoa representante da persoa física ou xurídica solicitante (se for o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante.

d) Consulta do DNI/NIE da terceira persoa interesada no caso do procedemento MT807H.

e) Licenza única interautonómica en materia de pesca fluvial, no caso do procedemento MT807D para as expedidas na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e mais os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2018).

    • Orde do 22 de setembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (códigos de procedementos MT807B, MT807C, MT823A e MT823B) (DOG nº 190 do 5 de outubro de 2022).

    • Orde do 1 de decembro de 2023 pola que se regula a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Ulla e se fixan o período e as condicións para presentar as solicitudes para o ano 2024 (DOG nº 235 do 13 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano