Guía de procedementos e servizos

MT806A

Licenza recreativa de pesca continental

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Como consecuencia da publicación da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modifícase o artigo 20.2 Recargos e exención de taxas, da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, quedando exentas do pagamento de taxas para a obtención da licenza de pesca continental as persoas menores de idade ou maiores de sesenta e cinco anos (licenzas C e C1) e as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % acreditada mediante declaración responsable no momento da súa expedición.

Para poder pescar en augas continentais (augas doces, correntes ou estancadas, continuas e descontinuas de orixe natural ou artificial, como as salgadas, así como as augas interiores das zonas de desembocadura no mar) é preciso contar cunha licenza de pesca.

O obxecto deste procedemento é a expedición desa primeira licenza de pesca recreativa e a súa renovación posterior.

No caso das persoas maiores de 65 anos de idade que posúan unha licenza de pesca non será necesaria a súa renovación, xa que unha vez que se ten a licenza e se superan os 65 anos de idade pasa a ter vixencia indefinida, sen necesidade de renovala.

Pode solicitar esta licencia e a súa renovación calquera persoa, a título individual, que cumpra os requisitos que se detallan no seguinte apartado e que desexe practicar a pesca continental. (Está destinada só a persoas físicas).

Non teñen obriga de solicitar esta licenza:

1.- As persoas que teñan 14 anos ou menos, sempre que vaian acompañados doutra  persoa que sexa maior de idade e que sexa titular dunha licenza de pesca continental.

2.-Tampouco teñen obriga de solicitar esta licenza as persoas que practiquen a pesca nos establecementos privados de pesca en réxime intensivo e nas escolas de río.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182299

Email: conservacion.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294514

Email: conservacion.natureza.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Rúa Paseo, 18

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386511

Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805467

Email: caza.pesca.po@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Como consecuencia da publicación da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modifícase o artigo 20.2 Recargos e exención de taxas, da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, quedando exentas do pagamento de taxas para a obtención da licenza de pesca continental as persoas menores de idade ou maiores de sesenta e cinco anos (licenzas C e C1) e as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % acreditada mediante declaración responsable no momento da súa expedición.

Prazo de presentación: ABERTO

Esta licenza é persoal e intransferible, polo que as persoas que a queiran obter ou renovar deben acreditar a súa identidade, tanto se son maiores de idade como menores,  e aboar a taxa correspondente nos casos que sexa preciso. Están exentas de pagar esta taxa as persoas menores de idade ou maiores de sesenta e cinco anos e as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

As persoas menores de idade non emancipadas, é dicir, que non vivan de forma independente, que queiran solicitar a licenza de pesca continental deben dispoñer do permiso da persoa que teña a súa representación legal.

  • Clase A: válida para españois, outros cidadáns da unión europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos e menores de 65 anos ( 30.14.01)
  • Clase A-1: Iguales características que a clase A, pero cun período de validez de quince días. Clase A-2: Iguales características que a clase A, pero cun período de validez de dous anos ( 30.14.02)
  • Clase B: válida para estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á unión europea. ( 30.14.03)
  • Clase B-1: iguales características que a clase B pero cun período de validez de quince días ( 30.14.04)
  • Clase E: licenza especial para embarcacións e artefactos boiantes que se empreguen no exercicio da pesca ( 30.14.08)
  • Recargo para licencias que inclúan a pesca do reo e do salmón ( 30.14.09)
  • Recarga para a pesca a flote ( 30.14.10)
  • Licenza única interautonómica en materia de pesca continental ( 30.14.11)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Documentación para a presentación

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a seguinte:

a) Hai que achegar o xustificante/s do pago das taxas que correspondan segundo o tipo de licenza, tal como se explicou no apartado anterior cos códigos que se mostran a continuación:

Clave          Clase            Tipo

30.14.01    Clase A           Españois, estranxeiros residentes e cidadáns U.E. maiores de 18 anos e menores de 65

30.14.02    Clase A.1        Españois, estranxeiros residentes e cidadáns U.E. maiores de 18 anos e menores de 65 (15 días)

30.14.02    Clase A.2        Iguais características que a Clase A, pero cun período de validez de dous anos

30.14.03    Clase B           Estranxeiros non residentes

30.14.04    Clase B.1        Estranxeiros non residentes (15 días)

30.14.07    Clase D           Para pesca de anguía, angula, lamprea e especies de esteiro

30.14.08    Clase E           Para embarcacións e artefactos flotantes

b) No caso de contar cunha resolución de discapacidade por outra Administración, que non sexa a Xunta de Galicia, debe aportarse o Certificado de discapacidade expedido por esa outra Administración.

c) Cando se solicite unha licenza para menores de 18 anos sen DNI ou NIE  hai que achegar a fotografía actualizada do/a menor e a copia do libro de familia.

d) No caso de ser un  representante o que asina a solicitude debe acreditar esta representación por calquera medio válido en dereito. (Non é necesaria esta acreditación  no caso de menores, cando a representación sexa exercida por quen ostente a patria potestade, tutela ou curatela).

-Ademais, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente por parte da Administración os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Para a obtención ou renovación de licenzas  de menores de 18 anos sen DNI ou NIE o DNI/NIE do pai, a nai ou o/a titor/a que figure na solicitude.

b) Para as persoas que conten cunha resolución de discapacidade emitida pola Xunta de Galicia o Certificado de discapacidade expedido pola Administración Autonómica de Galicia.

 

Prazo de resolución:

O prazo de resolución deste procedemento é de 3 meses (contados a partir do día seguinte da entrada da solicitude na unidade correspondente).

Sentido do silencio:

O sentido do silencio é negativo. (No caso de non obter unha resposta neste prazo de 3 meses, enténdese desestimada a solicitude).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106 do 4 de xuño de 1997).

    • Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).

    • Decreto 179/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o artigo 75 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 147 do 30 de xullo de 2004).

    • Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2021).

    • Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021).

    • Resolución do 27 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración entre as administracións das comunidades autónomas de Asturias, Comunidade Valenciana, Aragón, Extremadura, Madrid, Comunidade de Castilla y León e a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais para todos os seus territorios (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2015).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano