Guía de procedementos e servizos

MT807D

Licenza e Rexistro de embarcacións para pesca fluvial.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A presente orde ten por obxecto regular o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial e o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial, en aplicación do establecido nos artigos 18 e 39 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de procedementos previstos na normativa autonómica, así como habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Por outra banda cumpre establecer o seguinte procedemento:

  • Licenza e Rexistro de embarcacións para pesca fluvial (procedemento MT807D).

Toda embarcación ou artefacto boiante que se empregue no exercicio da pesca deberá ter unha licenza de embarcación en vigor e figurar no Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes Autorizados para a Pesca Continental Profesional ou Deportiva. Ambos os trámites realizaranse de forma conxunta, ou ben poderase facer a inscrición no rexistro para embarcacións de forma illada no caso das persoas posuidoras dunha licenza interautonómica de pesca fluvial en vigor, segundo o formulario de solicitude que figura no anexo I desta orde (procedemento MT807D). As solicitudes presentaranse ante os órganos territoriais de dirección competente en materia de conservación da natureza.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

Vicente Ferrer, 2

15071  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981182299

Email: conservacion.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 1º.

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294514/ 982294538

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Rúa do Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386511

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, 43 , 1º-4º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805467

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 25 de decembro de 2018. Presentaranse en calquera momento do ano.

  • Clase E: licenza especial para embarcacións e artefactos boiantes que se empreguen no exercicio da pesca ( 30.14.08)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I, acompañada da seguinte documentación:

    • Documentación acreditativa da autorización para a navegación o flotación expedida polo organismo competente na zona de desembocadura ou masa de auga continental afectada, ou copia da declaración responsable presentada ante dito organismo no seu caso.

    • Documentación técnica da embarcación, na que figure as dimensións, características técnicas e outros fins aos que se destine, de ser o caso.

    • Copia xustificativa do pago da taxa (30.14.08), no caso das solicitudes de licenza de embarcación.

    • Copia da licenza única interautonómica en materia de pesca continental expedida noutras comunidades autónomas, no seu caso.

  • Documentación acreditativa fidedigna por calquera medio valido en dereito, no caso de representación.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

  • NIF da persoa representante.

  • Licenza única interautonómica en materia de pesca continental expedida pola Xunta de Galicia, no seu caso.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Estatal
    • Orden SND/414/2020, de 16 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 2 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad (BOE nº 138 do 16 de maio de 2020)

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto de 1992).

    • Corrección de erros.- Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG 176 do 9 de setembro de 1992).

    • Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).

    • Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).

    • Decreto 179/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o artigo 75 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 147 do 30 de xullo de 2004).

    • Resolución do 27 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración entre as administracións das comunidades autónomas de Asturias, Comunidade Valenciana, Aragón, Extremadura, Madrid, Comunidade de Castilla y León e a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais para todos os seus territorios (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2015).

    • Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e mais os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2018).

    • Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e mais os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (códigos de procedementos MT807B, MT807C, MT823A e MT823B) (DOG nº 4 do 7 de xaneiro de 2019)

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano