Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT806C - Licenza profesional para a pesca de anguía.
Obxecto
Expedición da licenza para a pesca profesional da anguía en augas continentais (licenza clase D).
A quen vai dirixido?
Persoas físicas incluídas nun Plan de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais vixente no momento da solicitude.
Requisitos
Para obter a licenza por primeira vez deberanse cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 18 anos ou menor emancipado e non ser maior de 65 anos.
b) Non ser pensionista de xubilación, invalidez permanente absoluta ou total, nin percibir subsidios a favor de familiares, ou percibir a pensión da renda de integración social en Galicia.
c) Estar de alta nun réxime da seguridade social que permita o exercicio de actividades pesqueiras.
As sucesivas obtencións da licencia requirirán, ademais do anterior:
a) Realizar unha actividade pesqueira suficiente, entendendo por tal a que se realiza durante un mínimo dun 50% dos días de actividade laboral efectiva dentro de os aproveitamentos cubertos pola licenza do ano anterior. A efectos de cálculo da referida porcentaxe, descontarase do período autorizado o tempo de inactividade por causa de forza maior debidamente xustificada.
b) Xustificante de vendas en lonxa ou centro de venda autorizado durante o último ano.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182299
Email: conservacion.co@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294514
Email: conservacion.natureza.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
Rúa do Paseo, 18
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386511
Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805467
Email: caza.pesca.po@xunta.gal
Órgano responsable
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).
Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).
Decreto 179/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o artigo 75 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 147 do 30 de xullo de 2004).
Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 129 do 6 de xullo de 2011).
Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2021).
Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021).
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderanse presentar ao longo de todo o ano.
Información de taxas
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Clase D: licenza profesional para a pesca da anguía, angula, lamprea e especies de esteiro (Código taxa: 30.14.07)
- Recarga para a pesca a flote (Código taxa: 30.14.10)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
Documentación para a presentación
A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é :
a) Xustificante do pago das taxas (código 30.14.07 Clase D: licenza profesional para a pesca de anguía, angula, lamprea e especies de esteiro e código 30.14.10 para a recarga de pesca a flote).
b Acreditación de que a persoa solicitante está de alta nun réxime da seguridade social que permita o exercicio de actividades pesqueiras.
c) Copia do rol da embarcación na que figure como rexistrado, no caso de pescadores que vaian faenar desde embarcacións autorizadas nun plan de aproveitamentos.
d) Xustificante de vendas en lonxa ou centro de venda autorizado durante o último ano, no caso de renovación da licenza.
e) En caso de actuar por medio de representante, acreditación da representación mediante calquera medio válido en Dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
A maiores, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade
b) Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia a data concreta
c) Consulta da vida laboral dos últimos 12 meses.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"